I Xornadas de Emprendemento e Orientación
Xornadas de emprendemento e orientación by dveiga on Scribd
Xornadas de emprendemento e orientación by dveiga on Scribd
Actividades de fin de semana en albergues xuvenís,
para a mocidade de 14 a 30 anos.
A Xunta de Galicia pon en marcha o novo programa Outono Xove con actividades formativas e de lecer para a mocidade galega durante as fins de semana entre finais de outubro e comezos de decembro nos albergues xuvenís da Xunta de Galicia.
Os grupos de participación dividiranse en dous tramos de idade: de 14 a 17 anos e de 18 a 30.
Ofértanse 1.100 prazas nos 8 programas que conforman a actividade, cun máximo de 20 prazas en cada unha das opcións e fins de semana.
Atención pais e estudantes 2021-2022 by dveiga on Scribd
Titoría de grupos 2021-2022 by dveiga on Scribd
RECURSOS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2021-2022 |
Blog do Departamento de Orientación
|
Programa Orienta 2021 http://orientaline.es/?yafxb=41564
|
Sobre hábitos e técnicas de estudo Estudar ben https://app.raindrop.io/my/17329771 http://www.pearltrees.com/titoriabarbon/estudar-mellor/id40645347 https://www.edu.xunta.gal/centros/iesgarciabarbon/node/798 Materiais de titoría Outros materiais | |
Facebook do Departamento de Orientación |
Correo electrónico
|
Na Biblioteca do IES García Barbón podemos ler a Revista "Entre Estudiantes"
No número de setembro/outubro informa, entre outras cuestións, sobre dúas titulacións universitarias (Óptica e optometría e Información e documentación), estudos e emprego na Formación Profesional, reportaxes e artes aplicadas.
Presentación Curso 2021 / 2022 terá lugar o vindeiro mércores 15 de setembro, esperarase no espazo cuberto na parte dianteira do centro.
Comezo das clases o 16 de setembro.
23 de setembro presentación da ESA I e ESA II ás 11:20.
Becas para estudantes con discapacidade (Fundación Adecco)
Prazo de solicitude: 30 de setembro de 2021
O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca becas e axudas xerais para estudar Formación Profesional, Bacharelato e outros estudos non universitarios. O prazo para realizar a solicitude remata o día 30 de setembro de 2021.
Tamén se convocaron becas e axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. O prazo para realizar a solicitude remata o día 30 de setembro de 2021.
Para realizar a solicitude hai que darse de alta na sede electrónica e cumprimentar o formulario correspondente vía internet. Toda a información e axuda podes atopala aquí.
No caso de ter dúbidas ou problemas podes consultar nas Unidades de tramitación de becas.