Se muestran los artículos pertenecientes al tema XUVENTUDE.

29/06/2007

29/08/2006

ACTIVIDADES DE INCLUSIÓN SOCIAL E DE FORMACIÓN INFORMÁTICA

20060829115906-image1redco.gif

O Centro de Desenvolvemento Rural "PORTAS ABERTAS " traballa pola inclusión social e planifica a realización dunha actividade formativa para grupos de persoas desfavorecidas da comarca de Verín.

Por outra parte, "RED-CONECTA" xa ten lista a súa oferta de Cursos de Informática .

Outras informacións relacionadas xa publicadas.

MAIS INFORMACIÓN Av. Sousas 39 ( local da Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense) Tlf: 988411390 (preguntar por OLGA)
29/08/2006 11:55 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: XUVENTUDE No hay comentarios. Comentar.

23/08/2006

CONECTA XOVE VOLVE A VERÍN EN SETEMBRO

Na revista dixital Código Cero podemos ler que se prepara unha segunda edición da exitosa experiencia formativa CONECTA XOVE. A principal  finalide da actividade é a alfabetización dixital interxeracional (os adolescentes son os mestres da xente maior que quere aprender cuestións básicas sobre informática e internet).

Noraboa para os organizador@s da segunda edición de CONECTA  XOVE, prevista para o mes de setembro de 2006.

 

Outras informacións relacionadas:

Voluntariado de novas tecnoloxías en Red Conecta Verín 

Entrega de diplomas de CONECTA XOVE (Xullo de 2006) 

23/08/2006 16:59 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: XUVENTUDE No hay comentarios. Comentar.

24/07/2006

O CANTAUTOR EMILIO RÚA PRESENTA UN NOVO TRABALLO

20060724191402-erua.gif

EMILIO RÚA , do que xa falamos noutra ocasión no blog de Orientación, presenta un novo traballo.

 

24/07/2006 19:14 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: XUVENTUDE No hay comentarios. Comentar.

16/02/2006

VOLUNTARIADO DE NOVAS TECNOLOXÍAS EN RED-CONECTA VERÍN

20060216123346-logo-red-conecta.gif

No blog de Redconecta Verín podemos ler distintas informacións sobre as actividades que realiza e os novos proxectos que ten previsto poñer en marcha.

As actividades formativas que ofrece podemos consultalas nos servizos que ofrecen en RED CONECTA.

Para coñecer o novo proxecto Conecta Xoven e as súas metas visitaremos CONECTA XOVEN.

Para rematar e completar a información, podemos ler as características do Curso de Voluntariado en Novas Tecnoloxías .

16/02/2006 12:33 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: XUVENTUDE No hay comentarios. Comentar.

15/02/2006

¡ NORABOA PARA @S GAÑADOR@S !

20060215225527-40curto1.jpg

Os alumn@s deste centro:

BIEITO BARREIRA BARREIRA

JUAN MANUEL TEIXEIRA ZARRAQUIÑOS

NEREA SALGADO JIMÉNEZ

NOELIA SALGUEIRO LÓPEZ

VALENTINA SALGADO RODRÍGUEZ

FORON GAÑADORES DO CERTAME DE CURTOS CINEMATOGRÁFICOS

ESCOLA DE AUDIOVISUAIS DE PONTEVEDRA

TEMOS MÁIS FOTOS

15/02/2006 19:41 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: XUVENTUDE No hay comentarios. Comentar.

09/02/2006

SER ADOLESCENTE HOXE

20060209124644-50pict2281.jpgLuis Barriocanal da conta dunha nova publicación que recolle os traballos presentados no Congreso "Ser adolescente hoy". Podemos consultar o texto das comunicación e ponencias e visualizar algunhas das distintas intervencións.
09/02/2006 12:46 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: XUVENTUDE No hay comentarios. Comentar.

13/12/2005

EMILIO RÚA, CANTAUTOR DA COMARCA , GAÑA NO FESTIVAL DE CANTAUTORES

20051213205122-erua.gif

Emilio Rúa -natural do Concello de Riós- acaba de gañar o Festival de Cantautores de Elxe con "Querida alegría", unha canción interpretada en galego.

 

Visita a súa páxina web e escoita a canción gañadora. 

Unha voz fantástica, cancións cheas de sentimentos, unha capacidade inmensa para a composición e a producción, e un estilo absolutamente persoal e característico son as bazas de Emilio Rúa, un cantautor a ter en conta, un dos maiores expoñentes da canción de autor galega e nacional, ó que só lle falla xirar polo país para demostrar o seu enorme potencial.

Máis información:

Letras e música do seu cd.

 Páxina de cantautores do mundo.

   
13/12/2005 18:11 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: XUVENTUDE No hay comentarios. Comentar.

09/12/2005

BOLSAS, AXUDAS, CONCURSOS E PREMIOS

20051209212530-25pict0579.jpg

Un blog que nos informa -diariamente- dunha manchea de bolsas, axudas, concursos e premios.  Recollemos a proposta na web de AULABLOG21 e, hoxe,  - a dúas semanas das vacacións de Nadal- queremos recomendar unha visita O BLOG das bolsas, axudas, concursos e premios.

Contamos coa posibilidade de buscar por palabras -posúe un buscador interno- e  por categorías (bolsas, axudas, concursos, cursos e premios). Unha interesante fonte informativa.

09/12/2005 21:25 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: XUVENTUDE No hay comentarios. Comentar.

06/10/2005

SEN TABACO [SEN TABACO] SEN TABACO

20051029190622-verin1-jpgFumar non é bo para a nosa saúde. Os adolescentes teñen que saber toda a verdade sobre o tabaco e os seus efectos na saúde, por elo, recomendamos ler a guía sobre o tabaco e a saúde

Hai que procurar deixar de fumar, temos que mentalizarnos e coñecer a nosa motivación para abandonar o tabaco. Podemos comezar por coñecer a nosa motivación para deixar de fumar (test de Richmond)

Para completar a información e coñecer outras fontes documentais na rede, visitaremos os recursos en internet para deixar de fumar.

As novas de actualidade en relación co tabaco – recentes disposicións legais – dispoñen que: sen tabaco no lugar de traballo

Recursos didácticos

A prevención do tabaquismo (materiais didácticos Educación Primaria)
Para saber sobre o tabaco (materiais didácticos Educación Secundaria)

Máis información

Comité Nacional de Prevención do Tabaquismo
06/10/2005 20:23 Enlace permanente. Tema: XUVENTUDE Hay 1 comentario.

16/09/2005

ALIMENTARSE BEN NA ADOLESCENCIA

20051029202728-orde34-gifO incorrecto hábito alimentario na adolescencia é, entre outras, unha das principais causas que xera distintas doenzas (obesidade, anorexia, bulimia, etc). Para informarse sobre algunhas cuestións de saúde e alimentación, podemos ler o artigo sobre alimentación, adolescencia e obesidade.
Complementariamente, podemos consultar unhas recomedacións sobre a anorexia e bulimia e unha proposta de dieta equilibrada que beneficie o noso traballo académico.

Iniciativas e propostas de interese sobre alimentación sana
Sen lambiscadas no Instituto
16/09/2005 20:10 Enlace permanente. Tema: XUVENTUDE No hay comentarios. Comentar.

14/09/2005

EDUCACIÓN SEXUAL NA ADOLESCENCIA

20051029202840-ordenador-gifA revista CONSUMER aporta unha variedade de información de interese e un formato de presentación claro e conciso que, para calquera tema que se trate, axuda a comprender máis e mellor a información. Por elo, a primeira aportación ten relación coa Educación Sexual, un traballo clarificador sobre A necesaria Educación Sexual. Complementariamente, engadimos unha entrevista cunha experta no tema Entrevista cunha psicóloga-sexóloga

Máis recursos e novas de interese

Xuventude e sexualidade: embarazos na adolescencia.

Portal sobre temas de sexualidade na adolescencia moi interesante -en construcción-.
14/09/2005 17:52 Enlace permanente. Tema: XUVENTUDE No hay comentarios. Comentar.

13/09/2005

UN TEMA DE ACTUALIDADE PERMANENTE: AS DROGAS

20051029202540-computer-drinking-md-wht-gif

As novas relacionadas co incremento do consumo de drogas e os seus efectos son, desgraciadamente, informacións que nos chegan constantemente. Cremos que a información pode e debe xogar un papel importante na prevención, por elo, vamos recomendar a lectura de aportacións interesantes para educar e concienciar aos adolescentes.
En primeiro lugar, un artigo do xornal "El País" sobre O incremento do consumo de cocaína nos adolescentes.
En segundo lugar, outro artigo do xornal "La Voz de Galicia" sobre As drogas e os seus efectos.

Outras informacións de interese
Mitos sobre as drogas
Portal de información sobre drogas
Unha proposta informativa suxerente, entre outras cuestións, sobre drogas
A dobre trampa das drogas

WEBQUEST  SOBRE  AS  DROGAS 

 

13/09/2005 09:03 Enlace permanente. Tema: XUVENTUDE No hay comentarios. Comentar.


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]