Blogia
GUÍA DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

UNIVERSIDADES

OFERTA PÚBLICA DE PRAZAS E NOTAS DE CORTE NO ENSINO UNIVERSITARIO

Consejo de Coordinación Universitaria  

Oferta pública de prazas e notas de corte

TITULACIÓNS DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA 2007/2008
centros@mec.es

OFERTA FORMATIVA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

 

O día 1 de marzo tivemos a oportunidade de escoitar -algúns profesores e o alumnado de 2º de Bacharelato- unha charla sobre a OFERTA FORMATIVA DA UNIVERSIDADE

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, impartida polo profesor Felipe Gago.

Outras informacións publicadas con anterioridade.

Formación on line interactiva en tecnoloxías da información .

Plano de Santiago de Compostela.

GUÍA PRÁCTICA DE UNIVERSIDADES

GUÍA  PRÁCTICA   DE  UNIVERSIDADES
A Guía práctica de universidades (Consumer)

Un traballo actualizado e de moita calidade:

1.- A Universidade na actualidade

2.- Todas as titulacións universitarias

3.- Universidades por Comunidades Autónomas

4.- Indicadores de calidade das Universidades

5.- Busca a túa Universidade ideal

CONVOCATORIA DE PRAZAS DE RESIDENCIA UNIVERSITARIA 2006/2007

CONVOCATORIA DE PRAZAS DE RESIDENCIA UNIVERSITARIA 2006/2007

Na Universidade de Vigo, podemos solicitar praza de residencia universitaria ata o día 15 de xullo.

 

A Universidade de A Coruña, facilita o proceso de solicitude de praza de residencia universitaria ata o día 11 de xullo de 2006.

 

A Universidade de Santiago de Compostela , presenta a súa oferta de residencias universitarias. O prazo de solicitude remata o día 21 de xullo de 2006 .

 

Máis información do Blog de Orientación sobre Residencias.

 

 

20 PREGUNTAS SOBRE A REFORMA EUROPEA DOS TÍTULOS UNIVERSITARIOS

20  PREGUNTAS  SOBRE  A REFORMA  EUROPEA  DOS TÍTULOS  UNIVERSITARIOS

O Espazo Europeo de Educación Superior (E.E.E.S) é un tema que xa temos tratado noutras ocasións, utilizando como fontes informativas as páxinas do Ministerio de Educación e Ciencia (MEC), das Universidades Galegas e a de Universia.

A referencia informativa que queremos recomendar: "20 preguntas sobre a reforma europea das titulacións universitarias" explica, dunha maneira sinxela e breve,   a nova estructura da ensinanzas universitarias (o prazo para ter listo o novo catálogo de titulacións remata en outubro de 2007) e as características xerais dos estudos de grao.

EQUIVALENCIAS E VALIDACIÓNS DE ESTUDOS NA E.S.O.

Equivalencias a efectos académicos e validacións da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).

Sistema anterior- Sistema novo- Educación de Adultos
7º de EXB---------------------1º de ESO---------------1º Módulo
8º de EXB---------------------2º de ESO---------------2º Módulo
1º BUP/1º FPI---------------3º de ESO---------------3º Módulo
2º BUP/2º FPI---------------4º de ESO---------------4º Módulo

INFORME SOBRE UNIVERSIDADES DO XORNAL "EL MUNDO"

O xornal "EL Mundo" realiza un estudo sobre as 50 titulacións más demandadas, e, despois da aplicación dunha serie de indicadores, plantexa unha serie de recomendacións en relación coas institucións universitarias máis recomendables. Informe sobre titulacións universitarias de "EL MUNDO"

Para saber máis
Ranking de Universidades

O ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR NO PORTAL "UNIVERSIA"

Dentro das múltiples fontes informativas que existen en internet sobre a Universidade, o portal especializado UNIVERSIA constitúe un referente a ter en conta.
Un dos temas de máis actualidade no ámbito da planificación dos estudos universitarios é, sen lugar a dubidas, a Reforma do Espazo Europeo de Educación Superior.
Para ter unha completa información sobre o que implica a Reforma Universitaria (documentos, disposicións legais, institucións universitarias implicadas, organismos europeos e novas de interese) temos que consultar a web do Espazo Europeo de Educación Superior de UNIVERSIA.

O ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (MINISTERIO DE EDUCACIÓN E CIENCIA)

Unha referencia informativa de obrigada visita -en todo o relacionado coa educación nos seus distintos niveis- é a do Ministerio de Educación e Ciencia (MEC). No caso que nos ocupa -O Espazo Europeo de Educación Superior- a páxina web do MEC permítenos coñecer a orixe, obxectivos e accións desenvoltas nestes útimos anos e as propostas que se van xerando, polo que é recomendable entrar na páxina do Espazo Europeo de Educación Superior do M.E.C.

SERVIZOS DE INTERESE PARA UNIVERSITARIOS/AS

Nesta páxina que recomendamos na parte inferior, podemos informarnos sobre distintas cuestións vinculadas ó mundo dos servizos para universitarios: deportes, servizos internacionais, cultura, vivenda e residencias, bolsas de emprego, inscricións/matrícula, transporte, formación (idiomas e informática), cursos/congresos,etc.
Servizos de interese para os estudantes universitarios

Servizos para o alumnado das distintas universidades galegas

Servizos da Universidade de A Coruña

Servizos da Universidade de Santiago
Futuros estudantes da USC

Servizos da Universidade de Vigo

A UNIVERSIDADE DE VIGO

A UNIVERSIDADE DE VIGO

Para completar o mapa universitario de Galicia, hoxe vamos a mostar tres fontes informativas de interese sobre a UNIVERSIDADE DE VIGO.
En principio, información sobre o acceso premendo aquí.
En segundo lugar, unha perspectiva detallada sobre a oferta formativa.
En terceiro e último lugar, recomendamos ler con atención a Guía das Saídas Profesionais. No Departamento de Orientación dispomos da Guía das Saídas Profesionais da Universidade de Vigo en cd-rom.

Outras informacións que poden interesarche:

O Campus de Vigo convertiráse nun dos centros académicos con maior potencial empresarial.

As clases en mp3  (http://www.uvigo.tv )

A UNIVERSIDADE DE A CORUÑA

A UNIVERSIDADE DE A CORUÑA

O día 17 de marzo de 2005 demos conta da charla sobre a oferta formativa da Universidade de Santiago e de varias fontes informativas na rede. Hoxe, queremos ofrecer canles de documentación sobre a UNIVERSIDADE de A CORUÑA.
Para ter coñecemento da súa oferta formativa, podemos visitar a páxina de ESTUDOS.
Outra web interesante é a do Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante (SAPE).
Por último, podemos completar os datos coa visita á páxina sobre as titulacións e as súas saídas profesionais.

OUTRAS INFORMACIÓNS DE INTERESE:

SERVIZO DE EMPREGO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA 

A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Hoxe, día 17 de marzo de 2005 ás 12.40 horas no salón de actos do Instituto "García Barbón" vai ter lugar unha charla informativa sobre os estudos que se imparten na Universidade de Santiago de Compostela para o alumnado de 2º de Bacharelato. ¡Moitas grazas a Víctor Arce pola súa información!.
Máis información para estudantes de Ensino Medio de centros de Galicia, pode consultarse facendo clic aquí.
A páxina web da Universidade de Santiago que facilita o contacto informativo cos centros de Ensino Medio pode atoparse aquí.
Por último, para saber das titulacións e das súas saídas profesionais non podemos deixar de visitar o libro das titulacións.

Outras informacións que poden interesarche

Axudas da Universidade de Santiago para dotar os seus alumnos/as de ordenadores portátiles.
Titulacións, saídas profesionais e axuda para buscar emprego na Universidade de Santiago.
Límite de prazas na Universidade de Santiago.
A Universidade de Santiago (USC) entre as 500 mellores do mundo.