Blogia
GUÍA DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

ORIENTARSE

O PAPEL DA FAMILIA NA ORIENTACIÓN PROFESIONAL

O  PAPEL  DA  FAMILIA  NA ORIENTACIÓN  PROFESIONAL O papel da familia na orientación profesional é un documento breve e interesante para axudar ás familias nas tarefas de orientación académica e profesional dos seus fillos e fillas (14-18 anos).

Outras aportacións de interese para as familias e os/as adolescentes

Diario de un adolescente -materiais sobre anorexia, bulimia, drogas, cine, libros, etc.-

Adolescencia: etapa desconcertante

APRENDER A TOMAR DECISIÓNS

APRENDER  A  TOMAR  DECISIÓNS Saber tomar decisións sobre o noso futuro académico e profesional -eficazmente- é unha tarefa que require unha aprendizaxe específica que, xeralmente, temos un tanto relegada ou non consideramos importante.
Coa finalidade de axudar a melllorar o noso proceso de toma de decisións queremos recomendar dúas aportacións.
A primeira da web de EDUCAWEB. Podemos ler información sobre a importancia da orientación, os aspectos a ter en conta antes de tomar unha decisión e os elementos que inflúen na toma de decisións.
A segunda, dunha orientadora -María Crespo-, describe, paso a paso, as cuestións que temos que ter en conta antes de tomar unha decisión e facilita cuestionarios que nos axudan nese proceso.

AS TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS MÁIS DEMANDADAS (2)

AS  TITULACIÓNS  UNIVERSITARIAS  MÁIS  DEMANDADAS (2) Un estudo da Fundación Universidade-Empresa revela que os empresarios/as buscan, sobre todo, profesionais cun perfil económico-xurídico e técnico.

O estudo, realizado no ano 2004, sinala que as titulacións máis demandadas son, entre outras, Administración e Dirección de Empresas, Dereito, Economía e as Enxeñerías.

O artigo completo podemos consultalo na versión dixital do NorteCastilla.es

Outra información de interese
Saídas profesionais das titulacións máis demandadas
Infoempleo 2005. Sectores que xeran máis emprego.

PORTAL DE ORIENTACIÓN DO M.E.C.D.

PORTAL   DE   ORIENTACIÓN   DO   M.E.C.D. O Portal de Orientación do M.E.C.D. constitúe unha fonte de recursos informativos sobre estudos, profesións e emprego de elevado interese, moi completo e de coidado deseño.
É unha referencia de obrigada consulta para as persoas que precisen información, entre outras, sobre as seguíntes cuestións:
* Oportunidades de aprendizaxe (Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato, Ciclos Formativos -Grao medio e Superior- Artes Plásticas e Deseño, Estudos de Danza, Estudos Musicais e Ensinanzas Deportivas.
* Información sobre profesións (grupos de ocupacións).
* Oportunidades de emprego.

O ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR NO PORTAL "UNIVERSIA"

Dentro das múltiples fontes informativas que existen en internet sobre a Universidade, o portal especializado UNIVERSIA constitúe un referente a ter en conta.
Un dos temas de máis actualidade no ámbito da planificación dos estudos universitarios é, sen lugar a dubidas, a Reforma do Espazo Europeo de Educación Superior.
Para ter unha completa información sobre o que implica a Reforma Universitaria (documentos, disposicións legais, institucións universitarias implicadas, organismos europeos e novas de interese) temos que consultar a web do Espazo Europeo de Educación Superior de UNIVERSIA.

PREPARAR UNHA OPOSICIÓN

Unha das posibles saídas laborais -moi frecuente na provincia de Ourense- pode ser a de preparar unha oposición. Por elo, antes de tomar a decisión, parece convinte ter en conta as recomendacións que se anotan neste artigo da Revista Consumer.
Recomendacións xerais para preparar unha oposición
Emprego público

Para saber máis.
Información sobre oposicións e emprego da Rede de Información e Documentación Xuvenil da Xunta de Galicia
Páxina de información sobre oposicións Portal do opositor Academia Postal

TITULACIÓNS NON IMPARTIDAS NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA

O blog de Orientación facilita información sobre o conxunto das titulacións oficiais do Sistema Universitario de Galicia, pero non informa das titulacións que non se imparten nas tres Universidades Galegas.
Por elo, consideramos necesario recomendar outras alternativas informativas en internet que den conta do conxunto das titulacións oficiais.

Mapa de universidades
Catálogo de títulos universitarios oficiais (OS QUE SE IMPARTEN E OS QUE NON SE IMPARTEN)

BUSCADOR DE ESTUDOS DO SISTEMA UNIVERSITARIO ESPAÑOL -UNIVERSIA-

TITULACIÓNS NON IMPARTIDAS NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA

O blog de Orientación facilita información sobre o conxunto das titulacións oficiais do Sistema Universitario de Galicia, pero non informa das titulacións que non se imparten nas tres Universidades Galegas.
Por elo, consideramos necesario recomendar outras alternativas informativas en internet que den conta do conxunto das titulacións oficiais.

Mapa de universidades
Catálogo de títulos universitarios oficiais (OS QUE SE IMPARTEN E OS QUE NON SE IMPARTEN)

BUSCADOR DE ESTUDOS DO SISTEMA UNIVERSITARIO ESPAÑOL -UNIVERSIA-

Cuestionarios e tests de orientación académica (1)

Cuestionarios e tests de orientación académica (1)

En internet podemos realizar tests e cuestionarios de orientación profesional. Para mostra visita a páxina. É un test de orientación profesional de 64 preguntas -con catro alternativas de resposta-. Outra posibilidade facilítacha a páxina web seguinte. Outro test de orientación profesional de maior amplitude (156 preguntas) con catro posibles respostas.

Cuestionario de formación profesional .-


 

Vídeos de carreiras universitarias

No Departamento de Orientación contamos con distintos
vídeos sobre carreiras universitarias para uso do
alumnado. Máis información no Departamento de
Orientación e na web de Orientación Visual.

Programa ORIENTA 2005

O alumnado do IES García Barbón que teña interese
no programa informático de orientación -Orienta 2005-
pode solicitar unha copia no Departamento de Orientación.
Para completar a información sobre o programa, podemos
visitar a web do autor.