Blogia
GUÍA DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

ORIENTARSE

TESTS E CUESTIONARIOS DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL

TESTS E CUESTIONARIOS DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL

1.- Test de orientación profesional

2.- Elixe profesión (facilita unha guía de profesións)

3.- Test de Orientación profesional (64 preguntas)

4.- Test de Orientación Profesional

(Inclúe moita información sobre titulacións universitarias pero é preciso darse de alta na páxina)

Máis información sobre tests e cuestionarios aquí.

 

FORUM ORIENTA 2008

FORUM  ORIENTA  2008

Finalidade xeral de Forum Orienta 2008

 Promoción, achegamento e difusión da oferta de ensino superior en Galicia para o alumnado de bacharelato e de formación profesional dos centros de educación secundaria da Comunidade Autónoma de Galicia.
 
Máis información na web de Forum Orienta 2008 

MAIOR ORIENTACIÓN LABORAL PARA OS ESTUDANTES DE BACHARELATO

MAIOR  ORIENTACIÓN  LABORAL  PARA  OS  ESTUDANTES  DE  BACHARELATO

Nove de cada dez alumnos decidiron en só dous días a súa carreira universitaria

Os expertos reclaman unha maior orientación laboral dos estudantes durante o Bacharelato.

A opinión dos pais e compañeiros xoga un papel predominante na elección.

FONTE: La Voz de Galicia. (30/06/2007)

 

FEIRA VIRTUAL DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA (UNIVERSIA)

FEIRA  VIRTUAL  DE  ORIENTACIÓN  UNIVERSITARIA  (UNIVERSIA)

Unha aposta orientadora para os futuros/as universitarios/as creativa e moi entretida a que nos ofrece Universia na súa Feira Virtual de Orientación.

FONTE INFORMATIVA: http://orientacion2007.wordpress.com/2007/06/15/88/  (Begoña Mena Bonilla)

ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

NOVA REVISTA DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL

NOVA REVISTA DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL
Nova revista de orientación profesional.

 

     Unha proposta informativa sobre temas de orientación académica e profesional dirixida aos adolescentes. Trátase dunha publicación en internet que nos facilita EDUCAWEB

SOBRE A NOVA REVISTA DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL

 

FERRAMENTAS DE INTERESE PARA A AUTOORIENTACIÓN ACADÉMICA E LABORAL

FERRAMENTAS DE INTERESE PARA  A  AUTOORIENTACIÓN ACADÉMICA E LABORAL

Un proxecto innovador e cheo de ferramentas para posibilitar a autoorientación académica e laboral .

Guía de perfís profesionais

Ocupacións e sectores de actividade

Cultura laboral

Guía multimedia do emprego

Guía multimedia de orientación laboral

Crea a túa empresa

As novas tecnoloxías no mundo do traballo

GUÍA DE ORIENTACIÓN: UNHA FERRAMENTA DE AXUDA DE MOITA CALIDADE

GUÍA DE ORIENTACIÓN: UNHA FERRAMENTA DE AXUDA DE MOITA CALIDADE
GUÍA DE ORIENTACIÓN
 
UNHA FERRAMENTA DE AXUDA DE MOITA CALIDADE 

ENTRE ESTUDIANTES, UNHA REVISTA INTERESANTE

ENTRE   ESTUDIANTES, UNHA REVISTA INTERESANTE

A revista Entre Estudiantes -fonte de información de moito interese - é un recurso de información académica e profesional do que dispomos -xa fai tempo - de maneira habitual no noso traballo orientador. No Departamento de Orientación temos á disposición do alumnado unha manchea de números da antedita revista.

Hemeroteca de "Entre Estudiantes"

E LOGO, TI ¿QUÉ VAS FACER?

A FORMACIÓN PROFESIONAL PODE SER O TEU CAMIÑO DE FUTURO

APRENDER SOBRE OCUPACIÓNS LABORAIS E HABILIDADES SOCIAIS NA ESCOLA

APRENDER SOBRE OCUPACIÓNS  LABORAIS E HABILIDADES SOCIAIS  NA ESCOLA

AULA DIDÁCTICA DOS OFICIOS E OCUPACIÓNS

O taller de emprego Aula Oupacional do Concello de San Martín (Asturias) creou un equipo de traballo que elaborou 24 contos ilustrados sobre as ocupacións laborais e as habilidades sociais para estudantes de Primaria e primeiro ciclo de Secundaria.

A páxina web da Aula Didáctica dos Oficios e Ocupacións

presenta información sobre a realidade formativa, laboral e empresarial mediante o uso de contos, cómics, animacións e xogos interactivos coa pretensión de informar ó alumnado sobre as ocupacións existentes, a súa importancia e a súa demanda no mercado laboral.


Guía didáctica para o profesorado .

Un traballo moi interesante e necesario.  

PROGRAMA INFORMÁTICO ORIENTA 2006/07

PROGRAMA  INFORMÁTICO  ORIENTA 2006/07

A versión 2006/2007 do programa informático de Orientación Escolar "ORIENTA 2007" de Julián Sádaba, incorpora, por primeira vez, unha versión en galego. Felicitamos o autor pola iniciativa de traducción do Programa Orienta 2007.

O programa informático -que xa é unha ferramenta de uso habitual nos Departamentos de Orientación- presenta a posibilidade de realizar distintos cuestionarios de orientación (para o alumnado de Bacharelato, de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria) e un máis de profesións.

O alumno/a ten a posibilidade de informarse, entre outras cuestións, sobre os estudos de Formación Profesional (Ciclos de grao medio e de grao superior), os estudos universitarios, as dobres titulacións e as universidades.

Unha ferramenta de axuda.

GUÍA DO MUNDO DAS OCUPACIÓNS (GWO) (2ª parte)

GUÍA DO MUNDO DAS OCUPACIÓNS  (GWO)  (2ª parte)
A GUÍA DO MUNDO DAS OCUPACIÓNS (GWO) (2ª parte) 
INFORMACIÓN E ORIENTACIÓN LABORAL 
 
 
Aspectos máis importantes para elixir unha ocupación

Entrar no mercado laboral: solicitar un traballo

Cambiar de emprego: buscar outro traballo relacionado

Crear a túa empresa

Estar parado/a

REDACTAR UN CURRICULUM VITAE
A ENTREVISTA DE TRABALLO
REDACTAR UNHA SOLICITUDE DE EMPREGO

GUÍA DO MUNDO DAS OCUPACIÓNS (GWO) (1ª parte)

GUÍA DO MUNDO DAS OCUPACIÓNS  (GWO)  (1ª  parte)

GUÍA DE OCUPACIÓNS

Guía do Mundo das Ocupacións (GWO)
Unha aplicación moi interesante e completa que nos axuda a orientarnos


Non sei o que quero estudar

Teño ideas pero non estou seguro/a


Sei o que me interesa pero necesito máis información

Teño un problema de saúde

LECTURAS PARA ORIENTARSE NO MUNDO UNIVERSITARIO

LECTURAS  PARA ORIENTARSE NO MUNDO UNIVERSITARIO

Un libro para orientarse no mundo universitario e laboral. Unha experiencia persoal e profesional que nos pode axudar a coñecer mellor o mundo das saídas profesionais das carreiras universitarias -estudos científico/técnicos-.

Autor: Carlos Álvarez Madrigal (2005)

Título: Carreras universitarias: ¿merece la pena el sacrificio?.

Editorial: Nuevos Escritores.

Cidade: Madrid. 

PLAN DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL: RECURSOS

PLAN  DE  ORIENTACIÓN  PROFESIONAL:  RECURSOS Para levar adiante as tarefas do Plan de orientación Profesional é preciso dispoñer de recursos e materiais específicos. Para facilitar a labor informadora e asesora dos Departamentos de Orientación, a Xunta de Galicia proporciona o programa de Orientación Profesional ORIPRO e un vídeo didáctico sobre a entrevista de traballo. Todo elo, podemos consultalo aquí.

GUÍA DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA

GUÍA   DE   ORIENTACIÓN   UNIVERSITARIA

Presentamos unha páxina de información sobre os estudos universitarios, unha Guía de Orientación Universitaria . Consideramos que se trata dunha ferramenta informativa moi completa -consta de 45 cadernos informativos- que facilita información, entre outros moitos aspectos,  sobre as saídas profesionais e laborais das setenta titulacións máis demandadas.

A finalidade é procurar axudar ó alumnado a reflexionar e tomar unha decisión madura e realista sobre o seu futuro.

A CLAVE DO TRABALLO DA/O ORIENTAD@R É A COLABORACIÓN

A  CLAVE DO TRABALLO DA/O ORIENTAD@R É A COLABORACIÓN

A compañeira Ana Torres acaba de publicar no xornal La Voz de Galicia unha interesante aportación sobre o traballo das/os orientadoras/es nos centros educativos.

Na súa aportación sinala, entre outros aspectos, a necesidade de plantexar a tarefa orientadora como un traballo colaborativo co conxunto da comunidade educativa.

UNHA NOVA GUÍA DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL

UNHA  NOVA  GUÍA  DE ORIENTACIÓN  PROFESIONAL A Guía de Orientación Profesional, recurso moi valioso para saber sobre as profesións, [sen discriminacións sexistas] da conta das distintas profesións (descrición de cada unha, saída laboral, estudos necesarios, aptitudes requeridas e referencia a unha muller que destacase na profesión). Inclúe un test.
A información sobre a Guía de Orientación Profesional procede da:
páxina de orientación educativa -Orientasiloe-
e do Blog Carolinaorienta.

O FRACASO NA UNIVERSIDADE E A NECESIDADE DE ORIENTACIÓN, INFORMACIÓN E ASESORAMENTO.

O FRACASO NA UNIVERSIDADE E A NECESIDADE DE ORIENTACIÓN, INFORMACIÓN E ASESORAMENTO. Na Universidade de Cádiz, o profesor Manuel García sinalou que o abandono dos estudos universitarios é do 30 ao 50% no alumnado que se matricula {información que se repite no informe da OCDE para o conxunto do alumnado universitario}, media que chega ao 90% nas carreiras técnicas. Manuel García apunta como unha das causas do fracaso a falla de orientación e de madureza vocacional dos adolescentes {que orixina erros na toma de decisións no 70% dos casos}

Noutro estudo realizado pola Fundación Universidade Empresa, faise fincapé, -diante da falla de orientación dos estudantes para tomar decisións sobre o seu futuro académico e profesional- entre outras interesantes informacións, no elevado interese público da posta en marcha de actuacións de orientación, información e asesoramento académico e profesional.

Informacións da Universidade de Vigo
Só un 8% dos matriculados nos ciclos longos rematan no tempo previsto. No caso dos ciclos curtos, 0 40% dos estudantes pasan nas aulas o doble do tempo preciso