Blogia
GUÍA DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

ESTUDAR BEN

REFLEXIÓNS DO ALUMANDO DE 1º DE BACHARELATO (CURSO 2004/2005).

REFLEXIÓNS  DO  ALUMANDO DE 1º DE BACHARELATO (CURSO 2004/2005). As distintas reflexións seleccionadas sobre a transición que se produce no alumnado de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ó 1º curso de Bacharelato -despois de pasar o primeiro trimestre do curso 2004/2005- poderían servir de guía para os novos/as alumnos/as. Por elo, aquí se facilita unha das reflexións.

CONTIDOS EDUCATIVOS EN INTERNET

A páxina web de Contidos Educativos (Xunta de Galicia), proporciona materiais de potencial interese para os profesionais dos diferentes niveis educativos.
Na Educación Secundaria Obrigatoria (ESO)podemos consultar 28 recursos para a asignatura de Lingua Castelá, 20 para Lingua Galega, 19 na materia de Física e Química, 17 en Inglés, 16 en Bioloxía e Xeoloxía, 11 en Xeografía e Historia e 6 en Ciencias da Natureza.
No Bacharelato (distintas modalidades) temos a nosa disposición, entre outros, 15 recursos para Física, 11 para Debuxo Técnico, 10 en Tecnoloxía Industrial, 10 en Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais, 10 en Matemáticas, 8 en Historia da Arte e 7 en Química.
Para rematar, sinalar que existen recursos específicos para o profesorado, utilidades e ligazóns de interese.

DE 4º DE E.S.O. A 1º DE BACHARELATO (1)

DE 4º DE  E.S.O. A 1º DE BACHARELATO (1) Na transición que se produce entre o remate da Educación Secundaria Obrigatoria e o 1º curso do Bacharelato, existe unha serie de "problemas". O alumnado de 1º de Bacharelato (curso 2003/2004) reflexionou sobre dita transición e chegou a algunhas conclusións. Nesta aportación xeral vamos a recuperar seis reflexións que nos pareceron interesantes.