Blogia
GUÍA DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

AXUDAS E BOLSAS

AXUDAS E BOLSAS DA XUNTA DE GALICIA

AXUDAS E BOLSAS DA XUNTA DE GALICIA

 

Coñecer as distintas convocatorias de axudas e bolsas da Xunta de Galicia é moi importante, xa que nos permite valorar todas as posibilidades que temos e, no seu caso, solicitalas.

Na páxina web de Xuventude da Xunta temos moita información sobre axudas e bolsas.

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

A Xunta de Galicia convoca 3.730 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado no ano 2011.

O PRAZO DE PRESENTACIÓN

REMATA O DÍA 12 DE ABRIL DE 2011 (non incluido)

Mais información:

CARTEL INFORMATIVO

DIARIO OFICIAL DE GALICIA


AXUDAS PARA CURSOS DE LINGUA INGLESA DURANTE O VERÁN

AXUDAS PARA CURSOS DE LINGUA INGLESA DURANTE O VERÁN 2011

PRAZO: DO 1 DE MARZO AO 30 DE MARZO DE 2011

TODA A INFORMACIÓN SOBRE ESTA CONVOCATORIA ESTÁ AQUÍ

---------------------------------------------------------------------------

------------------------------------------------------------------------------

OUTRAS AXUDAS PARA ESTUDAR IDIOMAS

A DEPUTACIÓN DE OURENSE CONVOCA BOLSAS DE PRÁCTICAS EN EUROPA PARA TITULADOS UNIVERSITARIOS

A DEPUTACIÓN DE OURENSE CONVOCA BOLSAS DE PRÁCTICAS EN EUROPA PARA TITULADOS UNIVERSITARIOS

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou as bases reguladoras da primeira convocatoria de Bolsas internacionais 2011 para titulados universitarios, no marco do programa europeo Leonardo da Vinci. Nesta primeira convocatoria serán 37 as bolsas individuais que se concederán para estancias e prácticas laborais en empresas europeas.

Os beneficiarios deberán posuír titulación universitaria ou estar en condición de obter a titulación na data que remate o prazo de presentación de solicitudes. Tamén deberán posuír coñecemento dalgunha das seguintes linguas cun nivel suficiente para desenvolver unha práctica laboral axeitada ao seu grao de formación académica: italiano, francés, portugués, alemán e/ou inglés.

Asimesmo, requírese ter coñecementos de informática a nivel de usuario e non ter sido beneficiario anteriormente dunha bolsa do programa Leonardo da Vinci convocada pola Deputación de Ourense.

O formulario de solicitude de bolsas internacionais poderase obter e cubrir na aplicación informática: http://becasinternacionais.depourense.es. Previamente á validación, deberanse anexar, en formato electrónico, os seguintes documentos: formulario de solicitude; certificado de empadroamento; xustificante acreditativo de ter obtido o título académico no Campus de Ourense (Universidade de Vigo) ou no centro asociado da UNED en Ourense, e, de selo caso, certificado acreditativo da discapacidade do solicitante igual ou superior ao 33%.

BOLSAS E AXUDAS PARA ESTUDAR (O PRAZO REMATA O DÍA 30/9/2010)

BOLSAS E AXUDAS PARA ESTUDAR (O PRAZO REMATA O DÍA 30/9/2010)

 

BOLSAS E AXUDAS PARA ESTUDAR


IMPORTANTE: O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS

REMATA O DÍA 30 DE SETEMBRO DE 2010


WEB PARA REALIZAR A SOLICITUDE (FP E PCPI)


WEB PARA REALIZAR A SOLICITUDE

(BACHARELATO)

 

Concesión de bolsas e axudas de carácter xeral e de mobilidade para estudantes universitarios

Concesión de bolsas e axudas de carácter xeral e de mobilidade para estudantes universitarios


  • Destinatarios:

    Alumnos matriculados nestes niveis do ensino

  • Prazo de presentación

Bolsas e axudas para o alumnado de niveis postobrigatorios non universitarios

Bolsas e axudas para o alumnado  de niveis postobrigatorios non universitarios

  • Desde: 05 de xullo de 2010
  • Ata: 30 de setembro de 2010
  •  
  • Destinatarios:

    Alumnos matriculados nestes niveis do ensino

  • Bacharelato
  • Formación Profesional de Grao Medio e Superior
  • Programas de Cualificación Profesional Inicial
  • Cursos de preparación para as probas de acceso á Formación Profesional impartidos por centros públicos
  • Ensinanzas Artísticas Profesionais
  • Ensinanzas Deportivas
  • Estudos de Idiomas realizados nas escolas oficiais de titularidade das administraciones educativas, incluida a  modalidade a distancia
  • Ensinanzas Artísticas Superiores
  • Estudos Relixiosos e Militares Superiores

MÁIS INFORMACIÓN

A TÚA OPINIÓN CONTA: ORIENTACIÓNS DA EXPERIENCIA

A  TÚA  OPINIÓN  CONTA: ORIENTACIÓNS   DA EXPERIENCIA Queremos pedirche a túa participación, colaboración e opinión na Guía de Información Académica e Profesional. Estamos seguros de que a túa experiencia académica e/ou profesional pode axudar a outras persoas a tomar decisións máis axeitadas sobre os seu futuro.

Os estudantes dos primeiros cursos (universitarios/as e de Ciclos de Grao Superior),os/as titulados/as recentes (universitarios/as e de Ciclos Formativos de Grao Superior),os profesionais dos distintos sectores productivos, as familias, as persoas interesadas poden opinar nos espazos correspondentes das distintas titulacións ou familias profesionais, no apartado que no blog se reserva para COMENTAR.

Nos dous casos –universitarios e alumnado de Ciclos de Grao Superior- tedes que pensar no voso/a receptor: o alumnado de 2º de Bacharelato.

Os vosos consellos e recomendacións poden ter relación con temas académicos (Bacharelato realizado, estudos seleccionados, satisfacción persoal, etc) ou calquera outra cuestión de potencial interese.

1.- Consellos entre alumnos/as: de adolescentes de 2º de Bacharelato para mozos/as de 1º de Bacharelato.

2.- Consellos entre alumnos/as: de adolescentes de 1º de Bacharelato para mozos/as de 4º de ESO.

3.- Consellos entre alumnos/as: de adolescentes de Ciclos Formativos de Grao Medio para mozos/as de 4º de ESO.

4.- Consellos entre alumnos/as: de mozos/as de 4º de ESO para adolescentes de 3º de ESO.

Grazas pola túa colaboración.
Para redactar o teu consello visita o apartado que tes reservado no blog para COMENTAR.

A TÚA OPINIÓN CONTA (ALUMNADO DE 4º DE ESO)

A túa opinión conta: consellos do alumnado de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria

O alumnado de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria pode dar os seus consellos e recomendacións para os adolescentes de 3º de Educación Secundaria Obrigatoria.

Os consellos e recomendacións que se queiran realizar poden ser de tipo escolar (dificultade e/ou facilidade das distintas asignaturas, profesorado, compañeiros/as, hábitos de estudo, etc), relacionados coa orientación académica (plans de futuro, preferencias e intereses profesionais, información sobre estudos e saídas laborais, etc) ou calquera outra aportación que se considere de potencial interese.

Grazas pola túa colaboración.
Para redactar o teu consello visita o apartado que tes reservado no blog para COMENTAR.

A TÚA OPINIÓN CONTA (CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO)

A túa opinión conta: consellos do alumnado de Ciclos Formativos de Grao Medio

O alumnado de Ciclos Formativos de Grao Medio pode dar os seus consellos e recomendacións para os adolescentes de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria.

Os consellos e recomendacións que se queiran realizar poden ser de tipo escolar (escolla do Ciclo Formativo, dificultade dos módulos formativos, hábitos de estudo, etc), relacionados coa orientación académica (razóns que teñen para querer cursar Formación Profesional, plans de futuro, dificultades, etc) ou calquera outra aportación que se considere de potencial interese.

Grazas pola túa colaboración.
Para redactar o teu consello visita o apartado que tes reservado no blog para COMENTAR.

A TÚA OPINIÓN CONTA (1º DE BACHARELATO)

A túa opinión conta: consellos do alumnado de 1º de Bacharelato

O alumnado de 1º de Bacharelato pode dar os seus consellos e recomendacións para os adolescentes de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria.

Os consellos e recomendacións que se queiran realizar poden ser de tipo escolar (escolla da modalidade de Bacharelato, dificultade das asignaturas, hábitos de estudo, etc), relacionados coa orientación académica (razóns que teñen para querer cursar determinados estudos, plans de futuro, dificultades, etc) ou calquera outra aportación que se considere de potencial interese.

Grazas pola túa colaboración.
Para redactar o teu consello visita o apartado que tes reservado no blog para COMENTAR.

A TÚA OPINIÓN CONTA (2º DE BACHARELATO)

A túa opinión conta: consellos do alumnado de 2º de Bacharelato

A experiencia acumulada na súa ampla traxectoria académica posibilita que o alumnado de 2º de Bacharelato poida dar algúns consellos para os adolescentes que comezan 1º de Bacharelato.

Os consellos e recomendacións que se queiran realizar poden ser de tipo escolar (escolla da modalidade de Bacharelato, dificultade das asignaturas, hábitos de estudo, etc), relacionados coa orientación académica (razóns que teñen para querer cursar determinados estudos, plans de futuro, dificultades, etc) ou calquera outra aportación que se considere de potencial interese.

Grazas pola túa colaboración.
Para redactar o teu consello visita o apartado que hai reservado no blog para COMENTAR.