Blogia
GUÍA DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

AXUDAS E BOLSAS

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

BOLSAS E AXUDAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN 2014/2015

No BOE do día 7 de agosto aparece a Resolución pola que se convocan becas de carácter xeral para o curso 2014/2015, para estudantes universitarios e tamén para estudantes non universitarios.

A solicitude de beca debe ser presentada vía internet –é preciso rexistrarse previamente na sede electrónica (1)-

(1) https://sede.educacion.gob.es/tramite/login/plogin.jjsp

O prazo para solicitar a beca remata nas datas que se anotan:

Becas universitarias

15 de outubro de 2014

Becas non universitarias

30 de setembro de 2014

MÁIS INFORMACIÓN:

Rua concello, 11 – 4ª 32003- OURENSE

TFNO.: 988.38.66.51/52 Fax 988.38.66.00

becas.ourense@edu.xunta.es

-Outras provincias: consultar aquí.

CONVOCADAS PRAZAS NOS CENTROS RESIDENCIAS DOCENTES

ORDE do 6 de xuño de 2014 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2014/15.

 Prazo de presentación de solicitudes en período ordinario

1. O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será:

a) Para os solicitantes matriculados en BAC, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 11 de xullo de 2014.

b) Para os solicitantes matriculados en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 18 de xullo de 2014.

Toda a información necesaria podes consultala nesta páxina.


BOLSAS E AXUDAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN 2013/2014

BOLSAS E AXUDAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN 2013/2014

BOLSAS E AXUDAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN 2013/2014

No BOE do día 19 de agosto aparece a Resolución pola que se convocan becas de carácter xeral para o curso 2013/2014, para estudantes universitarios e tamén para estudantes non universitarios.

A solicitude de beca debe ser presentada vía internet –é preciso rexistrarse previamente na sede electrónica (1)-

 

(1)https://sede.educacion.gob.es/tramite/login/plogin.jjsp 

 Os prazos para solicitar a beca son os que se anotan:

Becas universitarias

15 de outubro de 2013

Becas non universitarias

30 de setembro de 2013

 

SERVIZO DE INFORMACIÓN DA PROVINCIA DE OURENSE

DEPARTAMENTO TERRITORIAL DE EDUCACIÓN –SECCIÓN DE BECAS-

RÚA CONCELLO, 11     -----     32003 –OURENSE

TELÉFONO: 988386648

Email: becas.ourense@edu.xunta.es

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2013

CONVOCATORIA DE BECAS E AXUDAS PARA CURSAR BACHARELATO, FORMACIÓN PROFESIONAL, PCPI E OUTROS.

Convocatoria de becas  para cursar, entre outras ensinanzas, 1º e 2º de Bacharelato, Formación Profesional de grao Medio e Superior e axudas para realizar estudos nos Programas de Cualificación Profesional Inicial para o curso 2012/2013.

A solicitude debe cumprimentarse por internet e o prazo de presentación remata, con carácter xeral, o día 1 de outubro de 2012 (inclusive).

Na páxina do Ministerio de Educación debes visitar o apartado de "Trámites y servicios".

Convocatoria das becas e axudas no BOE.

CONVOCATORIA DE BECAS PARA CURSAR ESTUDOS UNIVERSITARIOS

 

CONVOCATORIA DE BECAS PARA CURSAR ESTUDOS UNIVERSITARIOS durante o curso 2012/2013

A solicitude debe realizarse vía internet no enderezo que se facilita aquí premendo na opción "Trámites y servicios"

O prazo para presentar as solicitudes de beca para cursar estudos universitarios remata, con carácter xeral,  o día 15 de outubro de 2012.

Información da convocatoria no BOE.

Síntese da información máis importante sobre a convocatoria.

Servizo en liña para cumprimentar a solicitude

CONVOCATORIA PARA SOLICITAR PRAZAS NOS CENTROS RESIDENCIAS DOCENTES

CONVOCATORIA PARA SOLICITAR PRAZAS NOS CENTROS RESIDENCIAS DOCENTES
Convócanse prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos de ensinanzas postobrigatorias non universitarias no curso académico 2012/2013.

PRAZO: Ata o 11 de xuño do 2012.

SOLICITUDES: Entréganse nos propios Centros Residenciais Docentes

  



Información sobre os Centros Residencias Docentes

COMEZAN A CHEGAR AS NOTIFICACIÓNS DAS BECAS 2011/2012

No día de hoxe temos información sobre as becas solicitadas para o curso 2011/2012.

A notificación da beca aparece nos correos electrónicos que utilizastes para realizar a alta electrónica.

Facilitamos a páxina na que podedes descargar a notificación coa resolución. É necesario ter os vosos datos de usuario/a e clave:

RESOLUCIÓN DE SOLICITUDE DE BECA PARA O CURSO 2011-2012

 

DEPARTAMENTO TERRITORIAL DE EDUCACIÓN - SECCIÓN DE BECAS

RÚA CONCELLO, 11-----------------32003     OURENSE

 
TELÉFONO: 988386648
 

AVISO IMPORTANTE PARA SOLICITANTES DE BECA

AVISO IMPORTANTE PARA SOLICITANTES DE BECA

O Departamento de Orientación do IES García Barbón asesora e axuda ao conxunto do alumnado do centro no procedemento de solicitude de beca -que se realiza só mediante internet-. Para iso, facilita un documento de recollida de datos que pode ser de utilidade para cumprimentar a solicitude.

Para o alumnado que non dispoña de conexión a internet no seu fogar, o Departamento de Orientación -solicitando CITA PREVIA- pode dispoñer os recursos para cumprimentar a beca no propio centro.

Recomendamos que non se espere aos últimos días -o prazo para solicitar beca para estudos non universitarios remata o día 30 de setembro- e que se pida SEMPRE CITA PREVIA, xa que existe moita demanda de asesoramento e axuda para o tema das becas.

INFORMACIÓN NO BLOG DE ORIENTACIÓN

CONVOCADAS AXUDAS E BOLSAS PARA ESTUDOS UNIVERSITARIOS

CONVOCADAS AXUDAS E BOLSAS PARA ESTUDOS UNIVERSITARIOS

-----------------------------------------------------------------------------------------------

NORMATIVA OFICIAL (B.O.E.)

CONVOCADAS AXUDAS E BOLSAS PARA ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS

CONVOCADAS AXUDAS E BOLSAS PARA ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS



Prazo de presentación para estudos non universitarios

 Do 28 de xullo de 2011  ao   30 de setembro de 2011

NORMATIVA OFICIAL (B.O.E)


-----------------------------------------------------

DELEGACIÓN DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN EN OURENSE

Becas: 988 38 66 48

 becas.ourense@edu.xunta.es

BECAS DE COLABORACIÓN 2011/2012

BECAS DE COLABORACIÓN 2011/2012

BECAS DE COLABORACIÓN 2011/2012

 

DESTINATARIOS

Axudas para comezar tarefas de investigación ou prácticas relacionadas cos estudos universitarios cursados.

NÚMERO DE BECAS

3.304

DOTACIÓN

2.700 euros

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Do 7 de xullo de 2011 ao

14 de outubro de 2011

DOCUMENTO DA CONVOCATORIA OFICIAL

PRESENTACIÓN “ON LINE”

MÁIS INFORMACIÓN

UNIVERSIDADE DA CORUÑA: RESIDENCIAS E OUTROS SERVIZOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA: RESIDENCIAS E OUTROS SERVIZOS

SERVIZO DE ASESORAMENTO E PROMOCIÓN DO ESTUDANTE (SAPE)


-----------------SAPE---------------------------------------------


- RESIDENCIAS E COMEDORES

-SOLICITAR BOLETÍN SEMANAL DE NOVIDADES DO SAPE

- BOLSAS E AXUDAS

- SAÍDAS PROFESIONAIS DAS TITULACIÓNS

- LIGAZÓNS DE INTERESE

Curso para 50 alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato coas mellores cualificacións no curso 2010/2011

Nome do Curso

Entrar na Universidade. Encontro co ciencia, a cultura e a educación

Datas

5 e 9 de setembro de 2011

Lugar

IES Universidade Laboral de Ourense

Destinatarios

Alumnado que remata 2º de bacharelato con nota media igual ou superior a 8,5 puntos. Escolleranse os mellores 50 expedientes.

Prazo

Antes do día 30 de xuño de 2011

Financiamento

Tanto a matrícula como a estadía do alumnado é sen coste.

Documentación

Formulario de solicitude, certificado académico e copia validada do documento nacional de identidade.

Instruccións para participar no curso

 Solicitude para participar no curso.

CONVOCATORIA DE PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 2010/2011

No Diario Oficial de Galicia do día 20 de maio de 2011 podemos ler a Orde do 6 de maio de 2011 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2010/2011.

Número de premios

Vinte

Dotación económica

1.000 euros

Nota media

Igual ou superior a 8,75

Prazo de solicitude

Un mes (25 de xuño)

Realización dunha proba

En dúas partes: a primeira parte dura dúas horas e a segunda parte dura unha hora.

Aplicación informática

https://www.edu.xunta.es/premiosbac/

Datas,lugares e tribunal que xulgará os premios extraordinarios de Bacharelato.

CONVOCATORIA DE PRAZAS DE RESIDENCIA NA UNIVERSIDADE DE VIGO

Convocatoria de bolsas 2011/2012

Centros propios:

1. Complexo residencial As Burgas (Ourense)
2. Complexo residencial O Castro (Vigo)

Centros concertados:

3. Residencia concertada A Peregrina (Pontevedra)
4. Complexo residencial concertado Alcai (Allariz)

 Información de contacto

Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes
Edificio Miralles, campus As Lagoas, Marcosende, s/n. 36310 Vigo
Tfno.: 986 813 603 - 986 813 817 - 986 813 626
Enderezo electrónico: xnvicext@uvigo.es
O PRAZO REMATA O DÍA 2 DE XULLO DE 2011

CONVOCATORIA DE PRAZAS DE RESIDENCIA NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CONVOCATORIA DE PRAZAS DE RESIDENCIA NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

INFORMACIÓN SOBRE A CONVOCATORIA DE PRAZAS DE ALOXAMENTO EN RESIDENCIAS DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CONVOCATORIA

pdf Convocatoria de prazas de aloxamento do Servizo Universitario de Residencias da USC para o curso 2011-2012 (rexistro de saida do 12 de maio de 2011 nº2325) [pdf - 116 kb][Actualizado: 12/5/11]

IMPRESOS

pdf Grao 1º e 2º ciclo (Campus de Compostela) [pdf - 86 kb][Actualizado: 12/5/11]

pdf Grao e 1º e 2º ciclo (Campus de Lugo) [pdf - 68 kb][Actualizado: 12/5/11]

 

FOLLETO INFORMATIVO SOBRE RESIDENCIAS

SERVIZO UNIVERSITARIO DE RESIDENCIAS

RESIDENCIAS PRIVADAS

 

O PRAZO DE SOLICITUDE REMATA O DÍA 30 DE XUÑO DE 2011

CONVOCATORIA DE PRAZAS DE RESIDENCIA

CONVOCATORIA DE PRAZAS DE RESIDENCIA

No Diario Oficial de Galicia do día 12 de maio de 2011 podemos ler a Orde do 29 de abril de 2011 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense (TELÉFONO: 988-602165) e Vigo para cursar estudos de ensinanzas postobrigatorias non universitarias no próximo curso académico 2011/2012.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguínte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Correción de erros (DOG, 19 de maio de 2011)

AXUDAS E BOLSAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN (MEPSYD)

Para estar informados das axudas e bolsas que proporciona o Ministerio de Educación (MEPSYD) é necesario visitar a páxina correspondente -que se facilita no documento engadido-.

Como xa é habitual, os trámites para solicitar unha axuda ou bolsa teñen que facerse mediante internet, polo que é necesario rexistrarse previamente -os que xa solicitaron axudas en anos anteriores xa teñen os datos de ususario/a e clave para poder realizar os trámites-.

No documento que se proporciona nesta anotación, explicamos -mediante distintas pantallas- o procedemento para crear alertas -mediante o correo electrónico- que nos permiten estar informados das convocatorias de axudas e bolsas do noso interese de maneira automática.

Aproveitade as vantaxes que nos proporciona o servizo de alertas do MEC.