Blogia

GUÍA DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

ENTREVISTA CO ESCRITOR XOSÉ CARLOS CANEIRO

ENTREVISTA CO ESCRITOR XOSÉ CARLOS CANEIRO

ENTREVISTA CO ESCRITOR XOSÉ CARLOS CANEIRO 

A SÚA ÚLTIMA NOVELA:  Blue Moon

Non é frecuente que nun blog -de Orientación- se faga referencia aos traballos que se realizan noutros centros educativos da comarca, e, en concreto, a experiencias que poñen en valor a iniciativa do alumnado e o traballo colaborativo do profesorado.

No I.E.S. Xesús Taboada Chivite hai un importante grupo de profesores e profesoras que desenvolven un interesante proxecto -coordinados por Javier Rodríguez- de incorporación das novas tecnoloxías ao seu traballo docente con moita ilusión e perseverancia.

Dentro das iniciativas pedagóxicas que incorpora Isabel Cota  no seu blog, hoxe quero destacar a entrevista que varias alumnas realizan ao escritor Xosé Carlos Caneiro e que podemos ler e visualizar en Youtube  (Capítulo 1; Capitulo 2; Capítulo 3; Capítulo 4 e Capítulo 5).

Noraboa polo esforzo, a perseverancia e a ilusión coa que realizades o voso traballo diario.

Blog de Xosé Carlos Caneiro

 

 

 

MAIS INTERNET MÁIS GALEGO MÁIS FUTURO

+internet+galego+futuro

VISITA A PÁXINA DE MÁIS INTERNET MÁIS GALEGO MÁIS FUTURO

PODES  GAÑAR UNHA MEMORIA USB

UNHA CURTA DE RUBÉN RIÓS: ADEUS EDRADA?

UNHA CURTA DE RUBÉN RIÓS: ADEUS EDRADA?

O día 28 de abril estivo no salón de actos do  IES García Barbón o actor RUBÉN RIÓS presentando a súa curta "ADEUS EDRADA?".

 

 

RECURSOS DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

ALGÚNS BLOGS DO PROFESORADO CREADOS EN VERÍN

Blogs feitos en Verín

MANUEL LÓPEZ MÉNDEZ E O SOFTWARE LIBRE

MANUEL LÓPEZ MÉNDEZ E O SOFTWARE LIBRE

 

Grazas mil a Manuel López por estar aquí en Verín falando de software libre na clase de TIC (grupo A e C) do IES García Barbón

http://ticbacharelato.blogspot.com/search/label/software_libre

http://douspuntocero.blogspot.com

http://mecanizadofacil.blogspot.com

GRAZAS POLO AGASALLO: O SELO VIOLETA

GRAZAS POLO AGASALLO: O SELO VIOLETA

Ubaldo Ovidio Vázquez Méndez tivo a ben agasallar ó blog de orientación cun selo violeta. Moitas grazas, Ubaldo.

O Selo Violeta, un agasallo que agradecemos xa que este selo representa, segundo os seus creadores, “as sensações que a cor violeta traz para a nossa mente. Este prêmio é dado aos blogs que têm algumas das sensações da cor violeta. São algumas delas: magia, encantamento, graciosidade, magnetismo... e tudo aquilo que parece mágico"

Agora imos continuar agasallando selos violetas.

As regras son as seguintes:

  • Exhibir o Selo Violeta no seu blog coas regras

  • Indicar cantos blogs consideras que merecen o selo
  • Avisar aos indicados, non te esquezas diso!
  • Escribir dous poderes máxicos que xa imaxinaches ter.

Os blogs violetas elixidos son:

http://ensinargalego.blogia.com

http://vicentesanchez.blogia.com

http://ticaxunqueira.blogspot.com

http://xosevidal.blogia.com

http://ceiparua.blogspot.com

http://bioquimchivite.blogia.com

En canto aos poderes máxicos eu pediría que remate a crise económica e que todos e todas gocemos do día a día con humor e paixón.

 

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO: LUGARES DE REALIZACIÓN DAS PROBAS

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO: LUGARES DE REALIZACIÓN DAS PROBAS

DATA DE REALIZACIÓN DAS PROBAS: 3 DE XUÑO DE 2009

Máis información no portal da Xunta: http://www.edu.xunta.es/fp/probasCM.htm

Localización do CIFP A FARIXA.

HOXE NA TELEVISIÓN GALEGA CINE ESPECIAL MARTES: PRADOLONGO

HOXE NA TELEVISIÓN GALEGA CINE ESPECIAL MARTES: PRADOLONGO

Hoxe, martes, día 31/03/2009 ás 22.10 horas

Pradolongo cun reparto encabezado por Rubén Riós, Tamara Canosa, Roberto Porto, Mela Casal, Gonzalo Rei Chao, Carlos Sante, Antonio Mourelos, Belén Constenla, Cristina Rodríguez e Laura Álvarez, obtivo o "VI Premio Ciudad de San Sebastián Film Commission"; o galardón á Mejor Música en Formato de Larga Duración, no marco do IV Congreso Internacional de Música de Cine de Úbeda, ademais de ser proxectada na sección "Made in Spain" da 56ª edición do festival de Cine de San Sebastián, unha das mellores plataformas de promoción internacional para o audiovisual galego.

A MALA EDUCACIÓN EN VALORES

Fonte da información: http://eduavanzando.blogspot.com/2009/01/una-educacion-en-valores-extrana.html

RECOMENDACIÓNS SOBRE HÁBITOS E TÉCNICAS DE ESTUDO

RECOMENDACIÓNS SOBRE HÁBITOS E TÉCNICAS DE ESTUDO

Lemos en Ticblog -Alberto Armada- unha proposta nova para traballar os hábitos e as técnicas de estudo.

O material ao que se fai referencia  presenta  unha serie de recomendacións sobre os hábitos e as técnicas de estudo e facilita un entorno visual motivador.

 

O BLOG DE ORIENTACIÓN CUMPRE CATRO ANOS

O BLOG DE ORIENTACIÓN CUMPRE CATRO ANOS

ANUALIDADES

VISITAS

MARZO 2005/2006

17.000

MARZO 2006/2007

53.000

MARZO 2007/2008

95.000

MARZO 2008/2009

134.000

MOITAS GRAZAS A TODOS/AS OS QUE VISITADES O BLOG DE ORIENTACIÓN

FONTES DE INFORMACIÓN SOBRE O SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA

FONTES DE INFORMACIÓN SOBRE O SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

UNIVERSIDADE DE VIGO

COMISIÓN INTERUNIVERSITARIA DE GALICIA

NOVA ESTRUTURA DAS TITULACIÓNS

TITULACIÓNS DAS UNIVERSIDADES GALEGAS E AXUDAS AO ESTUDO

GUÍA DO ESTUDANTE 2009. ENSINO SUPERIOR

AXENCIA PARA A CALIDADE DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA

I.E.S. GARCIA BARBÓN DE VERÍN


Make photo slide shows at www.OneTrueMedia.com

PORTAL DE ORIENTACIÓN

PORTAL DE ORIENTACIÓN

Dispomos dun novo portal de Orientación (http://www.kekiero.es/) creado por un equipo de orientadores. A páxina web facilita información para o alumnado e as súas familias e nela podemos dispor dos seguintes apartados:

----- Orientación: apartado relacionado coa toma de decisións a partir de ter cursado 4º de Educación Secundaria Obrigatoria. Facilita tests de orientación profesional e informa sobre o Bacharelato e a selectividade.

----- Universidade: facilita información, entre outras cuestións, sobre o acceso á Universidade, as titulacións actuais e a reforma dos estudos universitarios.

----- Técnicas de Estudo: apartado que inclúe tests sobre técnicas de estudo e recomendacións para organizar o estudo e mellorar o rendemento académico.

Complementariamente, sinalar que incorpora información sobre Psicoloxía e Formación e Orientación Laboral.

Para rematar, anotar que conta con información para as familias do alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria e para as familias do alumnado de Bacharelato.

FAMILIAS PROFESIONAIS ELIXIDAS POLO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO

FAMILIAS PROFESIONAIS ELIXIDAS POLO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO

FAMILIAS PROFESIONAIS ELIXIDAS POLO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO (Curso 2008/2009)

1.- Administración (13 alumnos/as interesados/as)

2.- Comercio e marketing  (12 alumnos/as interesados/as)

3.- Servizos socioculturais e a comunidade (11 alumnos/as interesados/as)

4.- Informática  (10 alumnos/as interesados/as)

5.- Mantemento de vehículos autopropulsados  (9  alumnos/as interesados/as)

6.- Hostalaría e turismo (5 alumnos/as interesados/as)

7.- Imaxe persoal (5 alumnos/as interesados/as)

OFERTA FORMATIVA DE FOMACIÓN PROFESIONAL INICIAL EN GALICIA

A NOVA FORMACIÓN PROFESIONAL

RECURSOS (RSS) DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

Rss

Publish at Scribd or explore others:

TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS PREFERIDAS POLO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO

TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS PREFERIDAS POLO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO

Estudos universitarios preferidos polo alumnado de 2º de Bacharelato (Curso 2008/2009).

1.- Mestre/a de Educación Primaria (9 interesados/as)

2.- Enxeñería Informática ( 9 alumnos/as interesados/as)

3.- Licenciado/a en Administración e Dirección de Empresas (8 interesados/as)

4.- Mestre/a de Educación Infantil (7 alumnos/as interesados/as)

5.- Licenciado/a en Economía (6 alummnos/as interesados/as)

6.- Enxeñería Técnica en Informática de Sistemas (6 alumnos/as interesados/as)

7.- Licenciado/a en Psicoloxía (5 alumnos/as interesados/as)

MAPA DE RECURSOS WEB

 

O MERCADO DEMANDA EMPREGOS QUE NON SE CUBREN

O MERCADO DEMANDA EMPREGOS QUE NON SE CUBREN

O Instituto Nacional de Emprego (INEM) elaborou un catálogo de ocupacións de difícil cobertura no primeiro trimestre de 2009 no que se facilita información por provincias das ocupacións que non atopan profesionais.

Pola súa parte, no xornal EL PAÍS podemos ler un interesante artigo titulado "Aquí sí hay trabajo" no que se recollen distintas aportacións sobre o catálogo de ocupacións de difícil cobertura do INEM. Entre outras aportacións, destacamos que as profesións de difícil cobertura que máis se repiten no conxunto das provincias son as seguíntes:

-Enxeñeiro/a informático     -Médico/a     -Mecánico/a reparador de distintos tipos de maquinaria     -Farmacéutico/a

-Protésico/a dental     -Pastor/a     -Operador/a de máquinas do metal     -Operador/a de planta de auga

-Terapeuta ocupacional     -Técnico/a de mantemento de equipos mecánicos     -Técnico/a de impresión

-Técnico/a en electricidade     -Caldeirería     -Profesións relacionadas co mariña mercante e o mar

- Deportistas e entrenadores profesionais     -Operador/a de gas

Outras Informacións relacionadas: http://www.aprendemas.com/Noticias/DetalleNoticia.asp?Noticia=4562

 

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR


Lunapic Photo Editing