Recursos de orientación educativa en liña 2022-2023
Nova revista en liña sobre a Formación Profesional
Oferta formativa da familia profesional de Sanidade en Galicia 2022-2023.
II Xornadas de emprendemento no IES García Barbón
Programa de orientación escolar actualizado para os estudantes do IES García Barbón
Programa de orientación escolar -en liña- e actualizado para os estudantes do IES García Barbón.
É unha ferramenta (Orientaline) en liña moi útil que axuda no noso autocoñecemento e na busca de información moi completa e actualizada sobre os estudos que nos interesan. Para saber máis, visita a páxina do programa: https://www.elorienta.com/or/caracter.htm
Tamén podes consultar a nosa presentación sobre o Orientaline.
Cursos en liña sen coste da Fundación Telefónica
Recursos web de información académica e profesional 2022-2023
Orientación e titoría 2022-2023 no IES García Barbón
Buscador de centros e de ciclos de Formación Profesional 2022-2023
Axuda para crear unha solicitude de admisión nos estudos de FP
Axuda para crear unha solicitude de admisión nos estudos de Formación Profesional.
Recursos para a autoorientación académica e profesional
Novo blog de Orientación académica e profesional
Xornadas Municipais de Orientación Escolar. Concello de Vigo
Consellos ao teu eu do pasado
Novo ciclo de FP DUAL no IES García Barbón (2022-2023)
Unha mensaxe de sabiduría
Ferramentas recomendadas para a autoorientación
Campaña de verán 2022
CAMPAÑA DE VERÁN 2022
A Xunta de Galicia ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo, formativo, etc. Para iso, cada ano preséntase a Campaña de Verán, unha iniciativa ambiciosa que non só é unha actividade de ocio para os mozos e mozas galegos, senón que tamén é un recurso de conciliación da vida familiar e laboral.
Baixo o lema O verán que queres contar, a Campaña de Verán de 2022 da Xunta de Galicia recupera a normalidade tras a Covid-19 e oferta, durante os meses de xullo, agosto e setembro, as seguintes accións:
- Campamentos en Galicia.
- Campos de voluntariado en Galicia, noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.
- Programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas.
- Minicampamentos “Coñece Galicia”, de 5 días de duración.
- Uso de instalacións xuvenís por parte de entidades.
Serán, en total, 10.827 prazas.
Gravacións das Xornadas de Portas Abertas da Universidade da Coruña
Páxina activa coa información actualizada e gravacións das charlas impartidas.
A páxina web da Universidade da Coruña xa ten activa, e a disposición dos interesados, na ficha de cada grao, a gravación da videoconferencia correspondente, das charlas impartidas nas "Xornadas de Portas Abertas Virtuais" que tiveron lugar os dias 30 e 31 de marzo de 2022.
Nas seguintes ligazóns podes obter información máis detallada de:
Xornadas de Portas Abertas da Universidade de Vigo
Na Universidade de Vigo imos celebrar as Xornadas de Portas Abertas 2022 en modalidade presencial os días 14, 15 e 16 xuño nos Campus de Ourense, Pontevedra e Vigo respectivamente. O obxectivo destas Xornadas de Portas Abertas é dar a coñecer polo miúdo os centros universitarios desta institución así como as titulacións que neles se imparten a través de charlas, obradoiros e visitas a laboratorios, talleres, aulas. etc.
Trátase dunha actividade aberta a todo o alumnado que se presente ás probas ABAU, Bacharelato, ciclos de FP, familias e ANPAS, así como ao profesorado e persoal de orientación dos centros educativos.
Para que coñezades as actividades programadas e teñades información sobre as nosas titulacións xuntamos visita a web de actividades das Xornadas de Portas Abertas en cada Campus.