Blogia

GUÍA DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

Centro Residencial de Ourense

Centro Residencial de Ourense

CRD de Ourense. Próxima apertura prazo de solicitude de praza 2022-23
 
Centro Residencial Docente de Ourense (CRD de Ourense), dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade  ten como destinatario ao alumnado de ensino non universitario postobrigatorio, que non dispoña na súa localidade de residencia de centros educativos para continuar determinadas ensinanzas (Bacharelato, Ciclos Formativos de Formación Profesional, Ensinanzas Artísticas...) e se matricule en Ourense para continuar os seus estudio.

Os estudantes teñen a posibilidade de pedir praza nesta residencia non universitaria onde ademais de manutención e aloxamento, favorecemos as relacións entre alumnos/as de distinta idade e procedencia, así como a adquisición e/ou o reforzo de valores esenciais para a convivencia. Poden consultar a nosa páxina Web: https://crdourense.com/


O centro dispón de diferentes servizos (Biblioteca Escolar, aula de informática, ximnasio, comedor, salas de uso múltiple, sala de Tv, cineforum, actividades complementarias…). O acceso as prazas do centro é mediante convocatoria publicada no DOGA ( soe saír no mes de xuño)  a través dunha orde que fixa os requisitos persoais, económicos e académicos  (se a renda familiar é igual ou inferior ao limiar 2, o/a beneficiario/a terá praza gratuíta). Na páxina Web no apartado SECRETARÍA e dentro deste no caixón PRAZAS RESIDENCIA pódese atopar a información das convocatorias anteriores e os requisitos.

Plataforma de orientación académica MyWayPass

#MyWayPass -> plataforma que axuda aos estudantes  a tomar decisións académicas e profesionais www.mywaypass.com

Para poder usar a plataforma de orientación académica tes que rexistrarte.

Máis información.

Tres fortalezas para a túa saúde emocional

Buscador de notas de corte (FP e Universidade)

Buscador de notas de corte (FP e Universidade)

Buscador de notas de corte (FP e Universidade) (EDUCAWEB)

Feira Virtual das Universidades españolas

Do 26 ao 27 de abril desenvolverase a cuarta edición de UNIferia Graos, a Feira Virtual das Universidades españolas, promovida pola CRUE, que permite o encontro dos Futuros Estudantes cos Graos que se van a impartir o vindeiro curso 2022-23.

Funciona dun xeito similar a unha Feira Universitaria presencial: https://grado.uniferia.org. O alumnado poderá visitar as casetas virtuais das Universidades españolas participantes e facer consultas en directo.

A navegación por UNIFeria é libre, tras rexistrarse (o prerrexistro xa está aberto)

Videotitoriais para solicitar beca para o curso 2022-2023

Plan de formación de Xuventude e Voluntariado

Plan de formación de Xuventude e Voluntariado

A Xunta de Galicia pon en marcha un Plan de formación de Xuventude e Voluntariado que chegará a máis de 2400 persoas de toda a comunidade.
Esta iniciativa inclue un total de 37 cursos presenciais e 20 en liña orientados á formación básica e en ámbitos específicos da acción voluntaria, que permitirán complementar o currículo dos técnicos de xuventude e profesionais do tempo libre, así como ofrecer alternativas formativas á mocidade en xeral desde o eido da educación non formal.

O prazo de inscrición ábrese hoxe, día 11 de abril de 2022, a partir das 10.00 horas e permanecerá aberto ata cubrir as prazas ofertadas en cada un dos cursos.

Máis información.

Encontros virtuais da USC (vídeos sobre ABAU e matrícula na USC)

Encontros virtuais da USC 

 

Buscador e guía de estudos superiores de Galicia

Buscador e guía de estudos superiores de Galicia

Buscador e guía de estudos superiores de Galicia

Encontros virtuais da USC

Os Encontros Virtuais da USC terán lugar do 7 ao 13 de abril, dirixidos moi especialmente ao estudantado de 4º de ESO, Bacharelato e ciclos Formativos de Grao Superior.

Que non poidas visitarnos en persoa, non significa que non poidas coñecer o que a USC ten para ti: graos, laboratorios punteiros, instalacións deportivas, residencias e colexios maiores, cafeterías e comedores, unha ampla programación cultural, programas de voluntariado...

Pero para que poidas mergullarte neste pequeno cosmos universitario, nestas Xornadas poderás preguntar directamente todo o que precises sobre a vida na nosa universidade. 

Esperamos que estas datas permitan que os e as estudantes poidan conectarse con mais facilidade.

 

 A páxina de entrada é, como en anos anterioreshttps://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

 

 

Primavera Xove 2022

Primavera Xove 2022

Primavera Xove 2022

Tres formatos diferentes, dous meses e un só público: os mozos e mozas galegos.

Este 2022, Primavera Xove levarase a cabo entre os meses de abril e maio. Está composto por tres formatos de accións diferentes que buscan dar resposta aos gustos e necesidades dos mozos e mozas, con independencia da súa idade. Por iso, haberá accións concretas tanto para os rapaces máis novos como para o estudantado universitario ou que xa rematara os seus estudos. A programación desta nova iniciativa de educación non formal e entretemento saudable estará composta por: 

» Programa de Semana Santa e de fin de semana (de venres a domingo) en albergues xuvenís para mozos e mozas de 14 a 17 anos. 

» Encontros formativos e de networking nos campus universitarios de Santiago, A Coruña, Ourense e Vigo.

» Feiras Primavera Xove nos 12 espazos xove dependentes da Xunta de Galicia. 

Programa de prácticas da Universidade da Coruña

Programa de prácticas da Universidade da Coruña by Daniel Veiga on Scribd

Programa de prácticas da Universidade da Coruña

Estudantes universitarios, titulados universitarios e titulados de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia

Escolas Arte e Superiores de Deseño by Daniel Veiga on Scribd

Rexistro na sede electrónica (Becas 2022-2023)

O rexistro na sede electrónica é un paso previo imprescindible  para poder realizar a solicitude de beca.

O novo prazo de solicitude de becas é do 30 de marzo ao 12 de maio de 2022 (solicitude vía internet)

A alta na sede electrónica do Ministerio de Educación é un paso previo e imprescindible para poder cumprimentar a túa solicitude.

Web de becas do Ministerio de Educación.

Revista MEIGALLO do IES García Barbón

Revista Meigallo DEFINITIVO... by Carmen

Novas sobre o adianto da solicitude de beca 2022-2023

Novidades sobre a adianto da solicitude de beca 2022-2023 by Daniel Veiga on Scribd

Pantalla completa

Máis información aquí.

- BOE

Solicitude de admisión nos estudos de Bacharelato

Solicitude de admisión nos estudos de Bacharelato

Solicitude de admisión nos estudos de Bacharelato

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Coa finalidade de facilitar a información sobre os estudos de 1º de Bacharelato, ofrecemos detalle sobre as materias troncais, propias de modalidade e optativas. No caso de materias optativas -pola súa especificidade- aportamos documentación de cada unha das que se ofertan.

Visita https://bit.ly/1bacharelato

Máis información aquí.

Avaliación da satisfacción dos estudantes de Formación Profesional

Avaliación da satisfacción dos estudantes de Formación Profesional by Daniel Veiga on Scribd

Resultados acadados en cursos anteriores.

Avaliación da satisfacción dos estudantes de Bacharelato

Avaliación da satisfacción dos estudantes de Bacharelato by Daniel Veiga on Scribd

Resultados acadados en cursos anteriores.

Convocatoria de probas de acceso a ciclos de grao medio

Convocatoria de probas de acceso a ciclos de grao medio

Aberta ata o 16 de marzo de 2022 a inscrición en ciclos de grao medio!
Lembra que para inscribirse é necesario ter 17 anos ou cumprilos no ano 2022