Se muestran los artículos pertenecientes al tema EMPREGO.
22/10/2007
DIRECTO AO EMPREGO CURSANDO FORMACIÓN PROFESIONAL

Un 97% dos titulados en Formación Profesional quedan a traballar en Galiza. O 80% atopa emprego en menos de seis meses.
As maiores taxas de inserción están en Fabricación mecánica; Mantemento de vehículos autopropulsados; Mantemento e servizos á produción; e Madeira e moble, superando en todas elas o 78%.
Case o 45% dos estudantes que acadaron o título no SUG entre 2001 e 2003 tardaron menos de catro meses en atopar traballo
No caso dos alumnos que remataron FP en 2004, o 80% obtiveron emprego antes dos seis meses
Os titulados de FP son os que acadan máis contratos indefinidos
10/08/2007
MOZOS E MOZAS EN IDADE DE TRABALLAR: MILEURISTAS E/OU EMIGRANTES

A XUVENTUDE E O EMPREGO: UNHA REALIDADE PRECARIA
Galicia perdeu nun ano 11.985 mozos en idade de traballar
Canarias, Baleares, o Reino Unido e Portugal son os seus principais destinos
A xuventude utiliza internet como ferramenta para buscar traballo
01/08/2007
RECURSOS PARA BUSCAR EMPREGO
03/05/2007
DIRECTO AO EMPREGO CURSANDO FORMACIÓN PROFESIONAL

Sánchez Piñón salienta que o 80% dos titulados de Formación Profesional en Galicia atopa emprego antes dos seis meses
A conselleira de Educación presentou esta mañá os últimos datos sobre inserción laboral dos titulados universitarios e de FP
Destacou que o 87,6% dos titulados universitarios entre o 2002 e o 2003 que estaban traballando en xuño do 2004 facíano na Comunidade galega
A máxima responsable do departamento educativo autonómico referiuse tamén á inserción laboral por familias profesionais, destacando que son Fabricación mecánica; Mantemento de vehículos autopropulsados; Mantemento de servizos á produción; e Madeira e moble, as que presentan unha maior taxa de ocupación, oscilando entre o 81% e o 78%. Pola contra, Comunicación, Imaxe e Son; Sanidade; Informática; e Actividades físicas e deportivas; son as que teñen unha menor taxa de ocupación, entre o 50,9% e o 54,5%, tal e como sinalou Laura Sánchez Piñón.
Información de Xunta de Galicia .
Información de VIEIROS
Información do xornal El Correo Gallego
(25 de abril de 2007)
29/01/2007
RECURSOS PARA BUSCAR EMPREGO EN INTERNET
25/01/2007
BUSCAR EMPREGO EN INTERNET: UNHA MANCHEA DE RECURSOS

Fontes informativas recopiladas pola Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil.
15/01/2007
BASE DE DATOS DOS INDICADORES DO MERCADO LABORAL GALEGO

Co obxectivo de achegar aos cidadáns de información técnica exhaustiva sobre o mercado laboral, a Consellería de Traballo, a través do Instituto Galego das Cualificados, deseñou unha base de datos pioneira e innovadora que permite facer consultas en tempo real sobre os distintos indicadores do mercado de traballo a través de Internet.
| Traballadores afiliados | |
| Empresas (Contas de cotización) | |
| Paro rexistrado | |
| Ofertas | |
| Contratos | |
| Formación Ocupacional |
23/11/2005
PREPARARSE PARA BUSCAR UN EMPREGO

O portal da Educación Social adica un apartado da súa web ó tema da orientación para o emprego.
Podemos consultar documentos para elaborar unha carta de presentación -con exemplos de cartas de presentación- e un currículum vitae -con exemplo de currículum vitae-.
Complementariamente, ofrece unha guía orientativa sobre a entrevista de traballo -con posibles preguntas nunha entrevista de traballo-.
Por último, facilita unha guía orientativa dun Plan de Empresa.
04/11/2005
TITULACIÓNS MÁIS SOLICITADAS POLAS EMPRESAS

A Fundación Universidade-Empresa acaba de editar a “Guía de las empresas que ofrecen empleo 2005-2006” que pretende ser unha ferramenta eficaz para planificar e xestionar a busca de emprego.
O Informe –no que participaron 431 empresas- sinala que o sector da Informática e das Telecomunicacións son as áreas que máis emprego ofertan.
No que afecta á demada de titulados/as, aínda que os enxeñeiros en Telecomunicacións e Informática son demandados/as pola metade das empresas, a carreira máis solicitada é Administración e Dirección de Empresas –o 62% do sector empresarial require tal especialidade-. Outras titulacións con demanda son: Enxeñería Superior Industrial, Economía, Informática, Dereito, Telecomunicacións e Empresariais.
Os empresarios/as prefiren titulados/as en carreiras técnicas (51.8%), de Ciencias Sociais e Xurídicas (32.9%) e de Ciencias Experimentais e da Saúde (12.1%).
Os titulados de Formación Profesional máis demandados pola empresa traballan nos Departamentos de Administración, Informática, Contabilidade e Finanzas e Atención ao cliente. Os perfís máis solicitados son os de tipo empresarial e técnico.
Máis información:
XORNAL EL PAÍS
XORNAL EL MUNDO
14/10/2005
ECONOMÍA, EDUCACIÓN, OPOSICIÓNS E EMPREGO
A web principal que queremos recomendar hoxe recolle unha manchea de informacións de interese, especialmente no ámbito da Economía. A páxina ECOBACHILLERATO.COM é un exemplo de traballo ben feito que nos facilita moitos e útiles recursos didácticos.Complementariamente, podemos informarnos sobre a oferta de emprego público e oposicións no blog sobre oposicións, sobre novas de Economía e de recursos variados para aprender a crear empresas
19/09/2005
ESTUDO EURYDICE SOBRE A EDUCACIÓN EN EUROPA
08/09/2005
AS TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS MÁIS DEMANDADAS (2)
Un estudo da Fundación Universidade-Empresa revela que os empresarios/as buscan, sobre todo, profesionais cun perfil económico-xurídico e técnico.O estudo, realizado no ano 2004, sinala que as titulacións máis demandadas son, entre outras, Administración e Dirección de Empresas, Dereito, Economía e as Enxeñerías.
O artigo completo podemos consultalo na versión dixital do NorteCastilla.es
Outra información de interese
Saídas profesionais das titulacións máis demandadas
Infoempleo 2005. Sectores que xeran máis emprego.
01/09/2005
AS TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS MÁIS DEMANDADAS (1)
Para saber máis.
Datos das Universidades Galegas
As cifras do paro nos titulados/as universitarios/as
31/08/2005
INFORMACIÓN SOBRE O MERCADO LABORAL
Podemos localizar a situación no mercado laboral das distintas titulacións de Formación Profesional, da totalidade dos títulos universitarios e de outras titulacións.
Datos do Observatorio Ocupacional
25/08/2005
AS NOVAS PROFESIÓNS
Unha parte importante dos adolescentes, independentemente dos estudos que queiran realizar, sempre preguntan sobre as potenciais saídas laborais que ten a formación académica elexida.
Para procurar axudar á mocidade na súa toma de decisións -no cambiante e difícil mundo laboral- recomendamos a lectura deste artigo sobre as novas profesións e as carreiras e profesións con máis futuro.
Para saber máis:
Sobre as novas profesións en EDUCAWEB
Guía de novas profesións de EDUCAWEB
17/06/2005
¿QUÉ PORCENTAXE DE INSERCIÓN LABORAL TEN A FP?
As familias máis demandadas son as industriais, sector primario e sector servizos. As familias profesionais de carácter industrial: Madeira e Moble (97%), Fabricación Mecánica (91%), Mantemento de Vehículos (87%)e Electricidade e Electrónica (86%). Familias profesionais relacionadas co sector primario: Actividades Marítimo-Pesqueiras (94%). Familias profesionais relacionadas co sector servizos: Hostalería e Turismo (86%)e Imaxe Persoal (85%).
Destacan polo seu carácter polivalente a familia de Administración (80% de inserción laboral) e Comercio e marketing (80%).
Máis información que pode interesarche
La Voz de Galicia. Nova do Xornal.com. Datos de Expansión & Empleo.
30/05/2005
EUROPA NECESITARÁ UN MILLÓN DE NOVOS PROFESORES/AS
No segundo Informe anual da Comisión Europea, entre outras cuestións, dase conta da necesidade de incorporar a máis dun millón de profesores/as nunha década, xa que existe unha alta proporción de docentes que se achegan á idade de xubilación.
Maís información desta novidade en Ensenet.
O informe completo pode consultarse aquí.
25/05/2005
O MERCADO LABORAL E AS TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS
Tendo en conta os datos dun estudo realizado polo Círculo de Progreso -do ano 2000 ó 2004-, podemos dicir que só un 20% dos universitarios/as elixen carreiras técnicas que son as que recollen o 62,7% das ofertas, sen embargo, un 50% dos titulados/as elixe estudos de Ciencias Xurídicas e Sociais, que só xeran un 27% dos postos de traballo.As carreiras máis demandadas polos empresarios/as son as seguíntes: Arquitectura Técnica, Administración e Dirección de Empresas, Económicas, Enxeñería Técnica Industrial e Enxeñería Técnica de Obras Públicas.
Podemos ler a información completa en "La Voz de Galicia".
05/04/2005
A DEMANDA DE TITULADOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL
ESTUDOS DE FORMACIÓN PROFESIONALOrde de importancia e familias profesionais máis demandadas
1º Administración
2º Edificación e Obra
3º Fabricación Mecánica
4º Electricidade e Electrónica
5º Metal
6º Hostelaría e Turismo
7º Informática
Ano e peso das titulacións de FP no conxunto das ofertas de emprego
2001 - 25.95%
2002 - 29.22%
2003 - 31.12%
2004 - 33.64%
As expectativas de inserción laboral das titulacións de Formación Profesional son moi boas a longo prazo, podendo chegar ó 40% do total da oferta.
Fonte: Pedro Manuel Boyer. “Ranking de empleo universitario. Primavera del empleo cualificado. En Anuario 2005 Entre Estudiantes. (Páx. 98-105)
O ranking de emprego recolle as 50 titulacións universitarias e de Formación Profesional máis demandadas nos xornais e nos principias portais de emprego de internet durante o ano 2004.
04/04/2005
ANÁLISE DO EMPREGO UNIVERSITARIO 2004 (Continuación)
CARREIRAS DO ÁMBITO DAS CIENCIAS SOCIAISO peso das titulacións do ámbito das ciencias sociais no conxunto do emprego cualificado no ano 2004 foi do 6,28%.
As titulacións máis demandadas foron, por orde de importancia, Dereito, Psicoloxía, Turismo, Xornalismo, Publicidade e Biblioteconomía e Documentación.
As mellores previsións son para a diplomatura de Mestre/a –aumento da natalidade-, e as carreiras que poden telo máis difícil son Xornalismo e Publicidade e Relacións Públicas.
CARREIRAS DO ÁMBITO DA ECONOMÍA E A EMPRESA
O peso das titulacións do ámbito da economía e a empresa no conxunto do emprego cualificado no ano 2004 foi do 15,18%.
As titulacións máis demandadas foron, por orde de importancia, Administración e Dirección de Empresas, Economía, Diplomatura de Empresariais, Relacións Laborais, Ciencias Actuariais e Financeiras e Xestión e Administración Pública.
CARREIRAS DO ÁMBITO DE HUMANIDADES
O peso das titulacións do ámbito de Humanidades no conxunto do emprego cualificado no ano 2004 foi do 1,53%.
As titulacións máis demandadas foron, por orde de importancia, Filoloxía Inglesa, Traducción e Interpretación, Belas Artes, Filoloxía Hispánica, Historia e Xeografía.
As mellores previsións son para Traducción e Interpretación e as Filoloxías Inglesa e Hispánica.
CARREIRAS DO ÁMBITO DA ENXEÑERÍA
O peso das titulacións do ámbito da Enxeñería no conxunto do emprego cualificado no ano 2004 foi do 18,19%.
As titulacións máis demandadas foron, por orde de importancia, Enxeñeiro Técnico Industrial, Enxeñeiro Industrial, Enxeñeiro Técnico Informático, Enxeñeiro Técnico de Telecomunicacións, Enxeñeiro en Informática, Enxeñeiro de Telecomunicacións e Enxeñeiro Químico.
A previsión para os vindeiros meses é unha mellora xeral, que pode superar o 10%
Fonte: Pedro Manuel Boyer. “Ranking de empleo universitario. Primavera del empleo cualificado. En Anuario 2005 Entre Estudiantes. (Páx. 98-105)
O ranking de emprego recolle as 50 titulacións universitarias e de Formación Profesional máis demandadas nos xornais e nos principias portais de emprego de internet durante o ano 2004.
01/04/2005
ANÁLISE DO EMPREGO UNIVERSITARIO 2004
CARREIRAS DO ÁMBITO DA CONSTRUCCIÓNO peso das titulacións do ámbito da construcción no conxunto do emprego cualificado no ano 2004 foi do 14,51%.
As titulacións máis demandadas foron, por orde de importancia, Arquitectura Técnica, Enxeñería Técnica de Obras Públicas, Enxeñería de Camiños, Arquitectura e Enxeñería Técnica Topográfica.
A medio prazo, a previsión é que perdan un 10% do volume actual de ofertas de emprego.
CARREIRAS DO ÁMBITO DAS CIENCIAS EXPERIMENTAIS
O peso das titulacións do ámbito das ciencias experimentais no conxunto do emprego cualificado no ano 2004 foi do 3,99%.
As titulacións máis demandadas foron, por orde de importancia, Química, Bioloxía, Física, Matemáticas, Estatística e Ciencias Ambientais.
As perspectivas son boas –a longo prazo- para as titulacións de Bioloxía, Ciencias Ambientais, Química e Ciencias do Mar, e, no conxunto das ciencias experimentais, a recuperación pode chegar a duplicar as porcentaxes actuais.
CARREIRAS DO ÁMBITO DA SAÚDE
O peso das titulacións do ámbito da saúde no conxunto do emprego cualificado no ano 2004 foi do 6,08%.
As titulacións máis demandadas foron, por orde de importancia, Medicina, Enfermería, Farmacia, Veterinaria, Óptica e optometría e Fisioterapia.
As perspectivas para as carreiras relacionadas directamente coa atención clínica (Medicina, Enfermería –dúas titulacións moi demandadas por diferentes países da Unión Europea-, Podoloxía e Fisioterapia) son boas. A tendencia a curto prazo indica unha interesante melloría relativa no volume de ofertas de emprego, que pode situarse no 10%.
Fonte: Pedro Manuel Boyer. “Ranking de empleo universitario. Primavera del empleo cualificado. En Anuario 2005 Entre Estudiantes. (Páx. 98-105)
O ranking de emprego recolle as 50 titulacións universitarias e de Formación Profesional máis demandadas nos xornais e nos principias portais de emprego de internet durante o ano 2004.
14/03/2005
PRPOFESIÓNS CON EMPREGO
A partir da análise de 143.036 ofertas de emprego publicadas nos xornais e no portal Infoempleo, o INFORME INFOEMPLEO 2004 chega a conclusión de que é o arquitecto/a técnico/a o profesional máis solicitado. Os titulados universitarios máis demandados son: Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas, Enxeñeiros de Camiños, Arquitectos e Enxeñeiros Industriais. En xeral, enxeñeiros e arquitectos acaparan o 62,7% da oferta dirixida ós universitatios.
Na Formación Profesional, as familias profesionais con maior oferta de emprego son:
Comercio e Marketing, Administración, Fabricación Mecánica, Edificación e Obra Civil e Electricidade e Electrónica.
Por último, unha de cada tres ofertas de traballo cualificado valora o coñecemento de linguas estranxeiras (no 65,6% dos casos a lingua preferida é o inglés).
FONTE INFORMATIVA. Revista "Entre Estudiantes", Nº 122 (2005).
Máis información sobre as profesións con emprego aquí.
O emprego e a xuventude galega
Dous de cada tres galegos menores de 35 anos dependen da familia.O 48,5% da xuventude galaica está no paro e case a metade da que
traballa faino de maneira precaria. A información completa pode
consultarse facendo clic aquí.
07/03/2005
Emprego en Galicia
A metade dos parados galegos non cobran nen un eurodo Estado. A metade dos parados galegos, un total
de 99.242 persoas no ano 2004, non cobran nen un euro do Instituto Nacional de Emprego (INEM). Para coñecer a información completa visita "La Voz de Galicia".











