Blogia
GUÍA DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

CICLOS FORMATIVOS

Estudar Formación Profesional no IES García Barbón (1)

No IES García Barbón podes estudar dous ciclos formativos da Familia Profesional de Admistración e Xestion.

Ofertamos o ciclo de grao medio de Xestión Administrativa.

Tamén ofrecemos a posibilidade de estudar o Ciclo de grao Superior de Administración e Finanzas.

Máis información sobre a familia profesional de Administración e Xestión.

As saídas laborais do alumnado de Formación Profesional.

Universitarios que estudan Formación profesional para traballar.

Oferta formativa do IES García Barbón

Futurízate cos estudos de FP

Vídeo realizado por Javier Miragaya Otero

A Formación Profesional futurízate

O valor formativo da orientación entre estudantes

O valor formativo da orientación entre estudantes

Tania e Alex (do 2º curso do Ciclo Superior de Administración e Finanzas) son protagonistas pola charla de orientación académica que impartiron aos estudantes de 2º de Ciclo Medio de Xestión Administrativa (Proxecto ATEI- A Túa Experiencia Interesa). Moitas grazas pola vosa colaboración e polas interesantes aportacións realizadas.
A melllor orientación faise entre estudantes.

Información académica e laboral (FP)

Recursos web de orientación para estudantes de Formación Profesional

Instruccións sobre a admisión a ciclos formativos

Aposta polos estudos de Formación Profesional

Ver en pantalla completa

Datas de admisión e matrícula en Formación Profesional 2017/2018

A Formación Profesional Europea no IES García Barbón

"Formados e profesionais" no IES de Vilamarín (Ourense)

Tiven o placer de compartir o día nas Xornadas sobre "Formados e profesionais" neste centro educativo (IES de Vilamarín) e coñecer de cerca as súas impecables instalacións e o bo facer do seu alumnado e profesorado.

Foi moi interesante escoitar a antigos alumnos/as que nos contaron a súa experiencia laboral e nos animaron a aproveitar moi ben a fase de prácticas.

Unha Xornada -a do día 27 de abril de 2017- no IES de Ies Vilamarin moi completa. Aprendendo moito dos profesionais que estudaron nese centro: a importancia fundamental da formación profesional inicial que se imparte no centro educativo e do papel esencial do docente como promotor do amor pola profesión.

A relevancia das persoas e do traballo en equipo para acadar os logros. A necesidade de esforzarse e de sacar o mellor de cada persoa para ser feliz. 
 

Un centro de luxo, que é referencia principal dos estudos de FP de Hostalería.
 

Noraboa!

Moitas grazas pola atención dispensada e polo voso gran traballo!

Máis información:

 

O IES Vilamarín abre o I Encontro especializado para visibilizar a FP en hostalaría
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, participou nesta primeira Xornada ‘Formados e Profesionais’ que congrega a blogueiros e publicacións sectoriais no eido destas ensinanzas
Esta iniciativa -que se desenvolverá nos oito centros que integran a Rede Galega de FP de Hostalaría- abrangue mesas redondas e encontros, así como unha exposición práctica do traballo dos alumnos con show cooking, coctelería, preparación de aperitivos, elaboración dun xantar ou acomodación de invitados, entre outros

 

 


Recursos web para estudantes de Formación Profesional

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior

 

Información xeral das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior - Convocatoria de 2016

 

Información xeral sobre as probas acceso ao grao medio

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio van dirixidas ás persoas que non cumpran os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.

Acceso á nota informativa

- Acceso a preguntas frecuentes

Información xeral sobre as probas de acceso ao grao superior

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior van dirixidas ás persoas que teñan polo menos dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba e non cumpran os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Novidades da convocatoria de probas de acceso de 2016 

 As persoas que posúan un título de técnico de formación profesional ou o título de bacharelato unificado e polivalente (BUP) cumpren os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior e, xa que logo, non terán que presentarse ás probas para acceder a estes ciclos formativos.

Acceso á nota informativa

 - Acceso a preguntas frecuentes

 

Calendario das probas de acceso

Mercado de traballo e Formación Profesional

Datos oficiais de número de contratos nos ciclos formativos de Formación Profesional - e que se imparten no IES García Barbón- (2014 e 2015).

Moitas razóns para estudar Formación Profesional

Nota de corte de acceso a Ciclos en Galicia

Presentación realizada por Mónica Diz -procede do seu blog de Orientación-

Moitas grazas por compartir unha información de interese para os futuros

estudantes de Formación Profesional.

A semana da saúde 2015 en Facebook

Listaxe provisional de solicitudes para proba de acceso ao Ciclo Medio

Probas de acceso de grao superior. Sedes e instrucións para a súa realización. Convocatoria 2015

Convocadas probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e superior para o ano 2015

PROBAS ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS

CONVOCATORIA 2015

Probas de accesoDatas grao superiorDatas grao medio
Inscrición para a proba23 de febreiro - 6 de marzo7 - 20 de abril
Celebración da proba29 de abril 3 de xuño
Máis informaciónGrao SuperiorGrao Medio

Calendario completo das probas.

FOLLETOS INFORMATIVOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL 2014/2015

Formación profesional inicial no curso 2014-2015, perfís profesionais (competencia xeral, postos de traballo máis relevantes, módulos, título que se obtén), unidades de competencia que se acreditan por módulo ou módulos superados, módulos profesionais que se validan por unidade ou unidades de competencia acreditadas.

 

FAMILIAS PROFESIONAIS QUE SE OFERTAN NO IES GARCÍA BARBÓN