Se muestran los artículos pertenecientes al tema AXUDAS E BOLSAS.
Becas para estudar 2016/2017
CONVOCATORIA DE BECAS PARA ESTUDAR
Estudantes que poden solicitar beca no IES García Barbón.
- 1º e 2º de Bacharelato, ciclos formativos de grao medio e superior, formación profesional básica e Escola Oficial de Idiomas.
O prazo para realizar a solicitude –mediante formulario online- remata o día 3 de outubro de 2016.
Haberá que cumprir requisitos económicos e académicos específicos.
Axuda para cumprimentar a solicitude
Bolsas e axudas para o curso 2015/2016
BOLSAS E AXUDAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN 2014/2015
No BOE do día 7 de agosto aparece a Resolución pola que se convocan becas de carácter xeral para o curso 2014/2015, para estudantes universitarios e tamén para estudantes non universitarios.
A solicitude de beca debe ser presentada vía internet –é preciso rexistrarse previamente na sede electrónica (1)-
(1) https://sede.educacion.gob.es/tramite/login/plogin.jjsp
O prazo para solicitar a beca remata nas datas que se anotan:
Becas universitarias | 15 de outubro de 2014 |
Becas non universitarias | 30 de setembro de 2014 |
MÁIS INFORMACIÓN:
Rua concello, 11 – 4ª 32003- OURENSE
TFNO.: 988.38.66.51/52 Fax 988.38.66.00
becas.ourense@edu.xunta.es
-Outras provincias: consultar aquí.
CONVOCADAS PRAZAS NOS CENTROS RESIDENCIAS DOCENTES
ORDE do 6 de xuño de 2014 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2014/15.
Prazo de presentación de solicitudes en período ordinario
1. O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será:
a) Para os solicitantes matriculados en BAC, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 11 de xullo de 2014.
b) Para os solicitantes matriculados en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 18 de xullo de 2014.
Toda a información necesaria podes consultala nesta páxina.
BOLSAS E AXUDAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN 2013/2014

BOLSAS E AXUDAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN 2013/2014
No BOE do día 19 de agosto aparece a Resolución pola que se convocan becas de carácter xeral para o curso 2013/2014, para estudantes universitarios e tamén para estudantes non universitarios.
A solicitude de beca debe ser presentada vía internet –é preciso rexistrarse previamente na sede electrónica (1)-
Os prazos para solicitar a beca son os que se anotan:
Becas universitarias | 15 de outubro de 2013 |
Becas non universitarias | 30 de setembro de 2013 |
SERVIZO DE INFORMACIÓN DA PROVINCIA DE OURENSE
DEPARTAMENTO TERRITORIAL DE EDUCACIÓN –SECCIÓN DE BECAS-
RÚA CONCELLO, 11 ----- 32003 –OURENSE
TELÉFONO: 988386648
Email: becas.ourense@edu.xunta.es
CONVOCATORIA DE BECAS E AXUDAS PARA CURSAR BACHARELATO, FORMACIÓN PROFESIONAL, PCPI E OUTROS.
Convocatoria de becas para cursar, entre outras ensinanzas, 1º e 2º de Bacharelato, Formación Profesional de grao Medio e Superior e axudas para realizar estudos nos Programas de Cualificación Profesional Inicial para o curso 2012/2013.
A solicitude debe cumprimentarse por internet e o prazo de presentación remata, con carácter xeral, o día 1 de outubro de 2012 (inclusive).
Na páxina do Ministerio de Educación debes visitar o apartado de "Trámites y servicios".
CONVOCATORIA DE BECAS PARA CURSAR ESTUDOS UNIVERSITARIOS
CONVOCATORIA DE BECAS PARA CURSAR ESTUDOS UNIVERSITARIOS durante o curso 2012/2013
A solicitude debe realizarse vía internet no enderezo que se facilita aquí premendo na opción "Trámites y servicios"
O prazo para presentar as solicitudes de beca para cursar estudos universitarios remata, con carácter xeral, o día 15 de outubro de 2012.
Información da convocatoria no BOE.
Síntese da información máis importante sobre a convocatoria.
CONVOCATORIA PARA SOLICITAR PRAZAS NOS CENTROS RESIDENCIAS DOCENTES

COMEZAN A CHEGAR AS NOTIFICACIÓNS DAS BECAS 2011/2012
No día de hoxe temos información sobre as becas solicitadas para o curso 2011/2012.
A notificación da beca aparece nos correos electrónicos que utilizastes para realizar a alta electrónica.
Facilitamos a páxina na que podedes descargar a notificación coa resolución. É necesario ter os vosos datos de usuario/a e clave:
RESOLUCIÓN DE SOLICITUDE DE BECA PARA O CURSO 2011-2012
DEPARTAMENTO TERRITORIAL DE EDUCACIÓN - SECCIÓN DE BECAS RÚA CONCELLO, 11-----------------32003 OURENSE | |
TELÉFONO: 988386648 Email: becas.ourense@edu.xunta.es |
AVISO IMPORTANTE PARA SOLICITANTES DE BECA

O Departamento de Orientación do IES García Barbón asesora e axuda ao conxunto do alumnado do centro no procedemento de solicitude de beca -que se realiza só mediante internet-. Para iso, facilita un documento de recollida de datos que pode ser de utilidade para cumprimentar a solicitude.
Para o alumnado que non dispoña de conexión a internet no seu fogar, o Departamento de Orientación -solicitando CITA PREVIA- pode dispoñer os recursos para cumprimentar a beca no propio centro.
Recomendamos que non se espere aos últimos días -o prazo para solicitar beca para estudos non universitarios remata o día 30 de setembro- e que se pida SEMPRE CITA PREVIA, xa que existe moita demanda de asesoramento e axuda para o tema das becas.
CONVOCADAS AXUDAS E BOLSAS PARA ESTUDOS UNIVERSITARIOS

- Becas para estudos universitarios
- Solicitar beca
- Prazo de presentación:
Do 28 de xullo de 2011 ao 14 de outubro de 2011
-----------------------------------------------------------------------------------------------
CONVOCADAS AXUDAS E BOLSAS PARA ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS

Prazo de presentación para estudos non universitarios
Do 28 de xullo de 2011 ao 30 de setembro de 2011
-----------------------------------------------------
DELEGACIÓN DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN EN OURENSE
Becas: 988 38 66 48
BECAS DE COLABORACIÓN 2011/2012

DESTINATARIOS | Axudas para comezar tarefas de investigación ou prácticas relacionadas cos estudos universitarios cursados. |
NÚMERO DE BECAS | 3.304 |
DOTACIÓN | 2.700 euros |
PRAZO DE PRESENTACIÓN | Do 7 de xullo de 2011 ao 14 de outubro de 2011 |
UNIVERSIDADE DA CORUÑA: RESIDENCIAS E OUTROS SERVIZOS

SERVIZO DE ASESORAMENTO E PROMOCIÓN DO ESTUDANTE (SAPE)
-----------------SAPE---------------------------------------------
-SOLICITAR BOLETÍN SEMANAL DE NOVIDADES DO SAPE
Curso para 50 alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato coas mellores cualificacións no curso 2010/2011
Nome do Curso | Entrar na Universidade. Encontro co ciencia, a cultura e a educación |
Datas | 5 e 9 de setembro de 2011 |
Lugar | IES Universidade Laboral de Ourense |
Destinatarios | Alumnado que remata 2º de bacharelato con nota media igual ou superior a 8,5 puntos. Escolleranse os mellores 50 expedientes. |
Prazo | Antes do día 30 de xuño de 2011 |
Financiamento | Tanto a matrícula como a estadía do alumnado é sen coste. |
Documentación | Formulario de solicitude, certificado académico e copia validada do documento nacional de identidade. Instruccións para participar no curso Solicitude para participar no curso. |
CONVOCATORIA DE PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 2010/2011
No Diario Oficial de Galicia do día 20 de maio de 2011 podemos ler a Orde do 6 de maio de 2011 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2010/2011.
Número de premios | Vinte |
Dotación económica | 1.000 euros |
Nota media | Igual ou superior a 8,75 |
Prazo de solicitude | Un mes (25 de xuño) |
Realización dunha proba | En dúas partes: a primeira parte dura dúas horas e a segunda parte dura unha hora. |
Aplicación informática |
Datas,lugares e tribunal que xulgará os premios extraordinarios de Bacharelato.
CONVOCATORIA DE PRAZAS DE RESIDENCIA NA UNIVERSIDADE DE VIGO
Convocatoria de bolsas 2011/2012
Centros propios:
1. Complexo residencial As Burgas (Ourense)
2. Complexo residencial O Castro (Vigo)
Centros concertados:
3. Residencia concertada A Peregrina (Pontevedra)
4. Complexo residencial concertado Alcai (Allariz)
Información de contacto

CONVOCATORIA DE PRAZAS DE RESIDENCIA NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

INFORMACIÓN SOBRE A CONVOCATORIA DE PRAZAS DE ALOXAMENTO EN RESIDENCIAS DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
CONVOCATORIA
Convocatoria de prazas de aloxamento do Servizo Universitario de Residencias da USC para o curso 2011-2012 (rexistro de saida do 12 de maio de 2011 nº2325) [pdf - 116 kb][Actualizado: 12/5/11]
IMPRESOS
Grao 1º e 2º ciclo (Campus de Compostela) [pdf - 86 kb][Actualizado: 12/5/11]
Grao e 1º e 2º ciclo (Campus de Lugo) [pdf - 68 kb][Actualizado: 12/5/11]
FOLLETO INFORMATIVO SOBRE RESIDENCIAS
SERVIZO UNIVERSITARIO DE RESIDENCIAS
O PRAZO DE SOLICITUDE REMATA O DÍA 30 DE XUÑO DE 2011
CONVOCATORIA DE PRAZAS DE RESIDENCIA

No Diario Oficial de Galicia do día 12 de maio de 2011 podemos ler a Orde do 29 de abril de 2011 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense (TELÉFONO: 988-602165) e Vigo para cursar estudos de ensinanzas postobrigatorias non universitarias no próximo curso académico 2011/2012.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguínte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
Correción de erros (DOG, 19 de maio de 2011)
AXUDAS E BOLSAS DA XUNTA DE GALICIA

Coñecer as distintas convocatorias de axudas e bolsas da Xunta de Galicia é moi importante, xa que nos permite valorar todas as posibilidades que temos e, no seu caso, solicitalas.
Na páxina web de Xuventude da Xunta temos moita información sobre axudas e bolsas.
ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS
A Xunta de Galicia convoca 3.730 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado no ano 2011.
O PRAZO DE PRESENTACIÓN
REMATA O DÍA 12 DE ABRIL DE 2011 (non incluido)
Mais información:
AXUDAS PARA CURSOS DE LINGUA INGLESA DURANTE O VERÁN
AXUDAS PARA CURSOS DE LINGUA INGLESA DURANTE O VERÁN 2011
PRAZO: DO 1 DE MARZO AO 30 DE MARZO DE 2011
TODA A INFORMACIÓN SOBRE ESTA CONVOCATORIA ESTÁ AQUÍ
---------------------------------------------------------------------------
------------------------------------------------------------------------------
A DEPUTACIÓN DE OURENSE CONVOCA BOLSAS DE PRÁCTICAS EN EUROPA PARA TITULADOS UNIVERSITARIOS

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou as bases reguladoras da primeira convocatoria de Bolsas internacionais 2011 para titulados universitarios, no marco do programa europeo Leonardo da Vinci. Nesta primeira convocatoria serán 37 as bolsas individuais que se concederán para estancias e prácticas laborais en empresas europeas.
Os beneficiarios deberán posuír titulación universitaria ou estar en condición de obter a titulación na data que remate o prazo de presentación de solicitudes. Tamén deberán posuír coñecemento dalgunha das seguintes linguas cun nivel suficiente para desenvolver unha práctica laboral axeitada ao seu grao de formación académica: italiano, francés, portugués, alemán e/ou inglés.
Asimesmo, requírese ter coñecementos de informática a nivel de usuario e non ter sido beneficiario anteriormente dunha bolsa do programa Leonardo da Vinci convocada pola Deputación de Ourense.
O formulario de solicitude de bolsas internacionais poderase obter e cubrir na aplicación informática: http://becasinternacionais.depourense.es. Previamente á validación, deberanse anexar, en formato electrónico, os seguintes documentos: formulario de solicitude; certificado de empadroamento; xustificante acreditativo de ter obtido o título académico no Campus de Ourense (Universidade de Vigo) ou no centro asociado da UNED en Ourense, e, de selo caso, certificado acreditativo da discapacidade do solicitante igual ou superior ao 33%.
BOLSAS E AXUDAS PARA ESTUDAR (O PRAZO REMATA O DÍA 30/9/2010)

WEB PARA REALIZAR A SOLICITUDE (FP E PCPI)
WEB PARA REALIZAR A SOLICITUDE
Bolsas e axudas para o alumnado de niveis postobrigatorios non universitarios

- Desde: 05 de xullo de 2010
- Ata: 30 de setembro de 2010
- Destinatarios:
Alumnos matriculados nestes niveis do ensino
- Bacharelato
- Formación Profesional de Grao Medio e Superior
- Programas de Cualificación Profesional Inicial
- Cursos de preparación para as probas de acceso á Formación Profesional impartidos por centros públicos
- Ensinanzas Artísticas Profesionais
- Ensinanzas Deportivas
- Estudos de Idiomas realizados nas escolas oficiais de titularidade das administraciones educativas, incluida a modalidade a distancia
- Ensinanzas Artísticas Superiores
- Estudos Relixiosos e Militares Superiores
Concesión de bolsas e axudas de carácter xeral e de mobilidade para estudantes universitarios

- Destinatarios:
Alumnos matriculados nestes niveis do ensino
- Prazo de presentación
- Desde: 05 de xullo de 2010
- Ata: 15 de outubro de 2010
A TÚA OPINIÓN CONTA: ORIENTACIÓNS DA EXPERIENCIA

Os estudantes dos primeiros cursos (universitarios/as e de Ciclos de Grao Superior),os/as titulados/as recentes (universitarios/as e de Ciclos Formativos de Grao Superior),os profesionais dos distintos sectores productivos, as familias, as persoas interesadas poden opinar nos espazos correspondentes das distintas titulacións ou familias profesionais, no apartado que no blog se reserva para COMENTAR.
Nos dous casos –universitarios e alumnado de Ciclos de Grao Superior- tedes que pensar no voso/a receptor: o alumnado de 2º de Bacharelato.
Os vosos consellos e recomendacións poden ter relación con temas académicos (Bacharelato realizado, estudos seleccionados, satisfacción persoal, etc) ou calquera outra cuestión de potencial interese.
1.- Consellos entre alumnos/as: de adolescentes de 2º de Bacharelato para mozos/as de 1º de Bacharelato.
2.- Consellos entre alumnos/as: de adolescentes de 1º de Bacharelato para mozos/as de 4º de ESO.
3.- Consellos entre alumnos/as: de adolescentes de Ciclos Formativos de Grao Medio para mozos/as de 4º de ESO.
4.- Consellos entre alumnos/as: de mozos/as de 4º de ESO para adolescentes de 3º de ESO.
Grazas pola túa colaboración.
Para redactar o teu consello visita o apartado que tes reservado no blog para COMENTAR.
A TÚA OPINIÓN CONTA (ALUMNADO DE 4º DE ESO)
O alumnado de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria pode dar os seus consellos e recomendacións para os adolescentes de 3º de Educación Secundaria Obrigatoria.
Os consellos e recomendacións que se queiran realizar poden ser de tipo escolar (dificultade e/ou facilidade das distintas asignaturas, profesorado, compañeiros/as, hábitos de estudo, etc), relacionados coa orientación académica (plans de futuro, preferencias e intereses profesionais, información sobre estudos e saídas laborais, etc) ou calquera outra aportación que se considere de potencial interese.
Grazas pola túa colaboración.
Para redactar o teu consello visita o apartado que tes reservado no blog para COMENTAR.
A TÚA OPINIÓN CONTA (CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO)
O alumnado de Ciclos Formativos de Grao Medio pode dar os seus consellos e recomendacións para os adolescentes de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria.
Os consellos e recomendacións que se queiran realizar poden ser de tipo escolar (escolla do Ciclo Formativo, dificultade dos módulos formativos, hábitos de estudo, etc), relacionados coa orientación académica (razóns que teñen para querer cursar Formación Profesional, plans de futuro, dificultades, etc) ou calquera outra aportación que se considere de potencial interese.
Grazas pola túa colaboración.
Para redactar o teu consello visita o apartado que tes reservado no blog para COMENTAR.
A TÚA OPINIÓN CONTA (1º DE BACHARELATO)
O alumnado de 1º de Bacharelato pode dar os seus consellos e recomendacións para os adolescentes de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria.
Os consellos e recomendacións que se queiran realizar poden ser de tipo escolar (escolla da modalidade de Bacharelato, dificultade das asignaturas, hábitos de estudo, etc), relacionados coa orientación académica (razóns que teñen para querer cursar determinados estudos, plans de futuro, dificultades, etc) ou calquera outra aportación que se considere de potencial interese.
Grazas pola túa colaboración.
Para redactar o teu consello visita o apartado que tes reservado no blog para COMENTAR.
A TÚA OPINIÓN CONTA (2º DE BACHARELATO)
A experiencia acumulada na súa ampla traxectoria académica posibilita que o alumnado de 2º de Bacharelato poida dar algúns consellos para os adolescentes que comezan 1º de Bacharelato.
Os consellos e recomendacións que se queiran realizar poden ser de tipo escolar (escolla da modalidade de Bacharelato, dificultade das asignaturas, hábitos de estudo, etc), relacionados coa orientación académica (razóns que teñen para querer cursar determinados estudos, plans de futuro, dificultades, etc) ou calquera outra aportación que se considere de potencial interese.
Grazas pola túa colaboración.
Para redactar o teu consello visita o apartado que hai reservado no blog para COMENTAR.