Información de utilidade para o alumnado de ESA
Hábitos e técnicas de estudo
A semana da saúde 2015 en Facebook
TCAE Redes by dveiga
VÍDEO E PRESENTACIÓN DE 2º DE BACHARELATO 2013-2015
Vídeo realizado por Saúl Otero García e presentación creada por Lucía Rúa Afonso.
ANÍMATE A DOAR SANGUE!
Guía audiovisual de Orientación Académica
GUÍA AUDIOVISUAL DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA |
Workinside é unha plataforma de vídeo –sen coste- que asesora no ámbito académico e laboral, mediante o uso de entrevistas audiovisuais de curta duración. Os seus creadores (Anabel Jiménez, graduada en Xornalismo, Álvaro Checa e Pedro Fernández, os dous Licenciados en Dereito e Administración e Dirección de Empresas da Universidade de Sevilla) facilitan nestas micro-entrevistas, o punto de vista de estudantes universitarios de último curso, opositores e profesionais que están exercendo.

A ferramenta vai dirixida ao alumnado de Bacharelato que quere cursar estudos universitarios e ao estudante universitario que precisa ter máis información das súas posibles saídas académicas e laborais. Unha das finalidades principais da plataforma é a de servir de axuda na toma de decisións para evitar as altas porcentaxes de abandono universitario (actualmente 1 de cada 4 estudantes universitarios abandona ou cambia de grao no primeiro curso.
Fonte da información:
http://www.eldiario.es/juventudytalento/Videos-guian-camino_6_379422062.html
http://www.sevillaactualidad.com/sevilla/32009-la-mejor-guia-audiovisual-de-orientacion-academica
Listaxe provisional de solicitudes para proba de acceso ao Ciclo Medio
Probas de acceso de grao superior. Sedes e instrucións para a súa realización. Convocatoria 2015
ORIENTACIÓN PARA CURSAR ESTUDOS UNIVERSITARIOS
QEDU - Búsqueda de títulos
Información de interese para coñecer a oferta de
estudos universitarios, lugares para formarse,
rendemento estimado e datos do mercado laboral.
Bolsas para estudar inglés en Irlanda
Curso de Operacións Auxiliares de Fabricación Mecánica
Reflexións educativas en clave orientadora
ExamTime: unha axuda para preparar a proba de selectividade
O CAMIÑO DO ÉXITO
Fonte da información: Víctor Cuevas
ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS
Xornadas Escola TIC 2015
Os vindeiros días 17 e 18 de abril terá lugar no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela a segunda edición de escolaTIC, un dos eventos máis importantes sobre as tecnoloxías da información e comunicación (TIC) no eido educativo.
INFORMACIÓN SOBRE OS GRAOS UNIVERSITARIOS EN GALICIA
Dotar ao alumnado da información sobre a oferta de estudos universitarios -neste caso en Galica- constitúe un paso necesario para tomar unha decisión de futuro axeitada.
Cada Universidade proporciona a información sobre as súas titulacións de grao:


Si precisamos ter toda a información xunta, Mónica Diz, elaborou unha anotación moi completa que nos axuda a coñecer toda a oferta de graos en Galicia.
Buscar emprego coa axuda de internet
Asociación Cultural de Música Tradicional de Monterrei
A Asociación Cultural de Música Tradicional de Monterrei, debe a súa recente creación á necesidade de paliar as peticións dun grupo de xóvenes gaiteiros que reclamaban un espazo onde poder desenvolver a súa actividade, algo que levaban tempo pedindo e que finalmente decidiron crear por eles mesmos para poder levar a cabo a súa actividade musical.
A finalidade inicial plantexada foi a creación dunha nova banda de gaitas que explotara os límites do instrumento dentro dun conxunto musical, pero a aceptación pola asociación e as peticións de un bo número de persoas conseguiron cementar a idea da creación dunha futura escola de música tradicional que, de primeiras, contaría coas especialidades de gaita e percusión.
A base musical desta escola centrarase na música galega tradicional, xa que consideramos imprescindible a preservación e fomento da música da nosa terra ante calquera outro estilo de música. Non obstante, outros estilos de música tamén serán abordados porque a idea de formar a calquera alumno implica que este coñeza e consiga interpretar todos os xéneros que posibilite o instrumento e só así se conseguirá unha formación íntegra e de calidade.
O proxecto conta tamén co grupo folk verinense Lapsus Gaita, o cal encadrará a súa actividade dentro do marco desta asociación. O estreno desta aventura comezará con toda probabilidade en Xuño de 2015, data de salida da futura nova banda de gaitas da que terán noticias nun breve periodo de tempo. Os alumnos e integrantes da asociación convídannos a disfrutar e colaborar con esta finalidade que outorgará ao val de Monterrei dunha nova vía musical para o futuro.
Texto elaborado por Daniel García Rodríguez


