Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes al tema AXUDAS E BOLSAS.

Becas para estudar 2016/2017

CONVOCATORIA DE BECAS PARA ESTUDAR

CURSO 2016/2017

 

Estudantes que poden solicitar beca no IES García Barbón.

 

-       1º e 2º  de Bacharelato, ciclos formativos de grao medio e superior, formación profesional básica e Escola Oficial de Idiomas.

 

O prazo para realizar a solicitude –mediante formulario online- remata o día 3 de outubro de 2016.

 

Haberá que cumprir requisitos económicos e académicos específicos.

 

Axuda para cumprimentar a solicitude

 

Teléfonos de información

17/08/2016 21:35 Daniel Veiga #. AXUDAS E BOLSAS No hay comentarios. Comentar.

Bolsas e axudas para o curso 2015/2016


Make your own mind maps with Mindomo.

PANTALLA COMPLETA

 

Titorial para cumprimentar a beca paso a paso

07/08/2015 22:41 Daniel Veiga #. AXUDAS E BOLSAS No hay comentarios. Comentar.

BOLSAS E AXUDAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN 2014/2015

No BOE do día 7 de agosto aparece a Resolución pola que se convocan becas de carácter xeral para o curso 2014/2015, para estudantes universitarios e tamén para estudantes non universitarios.

A solicitude de beca debe ser presentada vía internet –é preciso rexistrarse previamente na sede electrónica (1)-

(1) https://sede.educacion.gob.es/tramite/login/plogin.jjsp

O prazo para solicitar a beca remata nas datas que se anotan:

Becas universitarias

15 de outubro de 2014

Becas non universitarias

30 de setembro de 2014

MÁIS INFORMACIÓN:

Rua concello, 11 – 4ª 32003- OURENSE

TFNO.: 988.38.66.51/52 Fax 988.38.66.00

becas.ourense@edu.xunta.es

-Outras provincias: consultar aquí.

13/08/2014 12:52 Daniel Veiga #. AXUDAS E BOLSAS No hay comentarios. Comentar.

CONVOCADAS PRAZAS NOS CENTROS RESIDENCIAS DOCENTES

ORDE do 6 de xuño de 2014 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2014/15.

 Prazo de presentación de solicitudes en período ordinario

1. O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será:

a) Para os solicitantes matriculados en BAC, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 11 de xullo de 2014.

b) Para os solicitantes matriculados en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 18 de xullo de 2014.

Toda a información necesaria podes consultala nesta páxina.


BOLSAS E AXUDAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN 2013/2014

20130819230029-19-8-2013-22.8.17-1.jpg

BOLSAS E AXUDAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN 2013/2014

No BOE do día 19 de agosto aparece a Resolución pola que se convocan becas de carácter xeral para o curso 2013/2014, para estudantes universitarios e tamén para estudantes non universitarios.

A solicitude de beca debe ser presentada vía internet –é preciso rexistrarse previamente na sede electrónica (1)-

 

(1)https://sede.educacion.gob.es/tramite/login/plogin.jjsp 

 Os prazos para solicitar a beca son os que se anotan:

Becas universitarias

15 de outubro de 2013

Becas non universitarias

30 de setembro de 2013

 

SERVIZO DE INFORMACIÓN DA PROVINCIA DE OURENSE

DEPARTAMENTO TERRITORIAL DE EDUCACIÓN –SECCIÓN DE BECAS-

RÚA CONCELLO, 11     -----     32003 –OURENSE

TELÉFONO: 988386648

Email: becas.ourense@edu.xunta.es

19/08/2013 23:00 Daniel Veiga #. AXUDAS E BOLSAS No hay comentarios. Comentar.

CONVOCATORIA DE BECAS E AXUDAS PARA CURSAR BACHARELATO, FORMACIÓN PROFESIONAL, PCPI E OUTROS.

Convocatoria de becas  para cursar, entre outras ensinanzas, 1º e 2º de Bacharelato, Formación Profesional de grao Medio e Superior e axudas para realizar estudos nos Programas de Cualificación Profesional Inicial para o curso 2012/2013.

A solicitude debe cumprimentarse por internet e o prazo de presentación remata, con carácter xeral, o día 1 de outubro de 2012 (inclusive).

Na páxina do Ministerio de Educación debes visitar o apartado de "Trámites y servicios".

Convocatoria das becas e axudas no BOE.

CONVOCATORIA DE BECAS PARA CURSAR ESTUDOS UNIVERSITARIOS

 

CONVOCATORIA DE BECAS PARA CURSAR ESTUDOS UNIVERSITARIOS durante o curso 2012/2013

A solicitude debe realizarse vía internet no enderezo que se facilita aquí premendo na opción "Trámites y servicios"

O prazo para presentar as solicitudes de beca para cursar estudos universitarios remata, con carácter xeral,  o día 15 de outubro de 2012.

Información da convocatoria no BOE.

Síntese da información máis importante sobre a convocatoria.

Servizo en liña para cumprimentar a solicitude

14/08/2012 12:15 Daniel Veiga #. AXUDAS E BOLSAS No hay comentarios. Comentar.

CONVOCATORIA PARA SOLICITAR PRAZAS NOS CENTROS RESIDENCIAS DOCENTES

20120514115651-credoou.jpg
Convócanse prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos de ensinanzas postobrigatorias non universitarias no curso académico 2012/2013.

PRAZO: Ata o 11 de xuño do 2012.

SOLICITUDES: Entréganse nos propios Centros Residenciais Docentes

  



Información sobre os Centros Residencias Docentes
14/05/2012 11:56 Daniel Veiga #. AXUDAS E BOLSAS No hay comentarios. Comentar.

COMEZAN A CHEGAR AS NOTIFICACIÓNS DAS BECAS 2011/2012

No día de hoxe temos información sobre as becas solicitadas para o curso 2011/2012.

A notificación da beca aparece nos correos electrónicos que utilizastes para realizar a alta electrónica.

Facilitamos a páxina na que podedes descargar a notificación coa resolución. É necesario ter os vosos datos de usuario/a e clave:

RESOLUCIÓN DE SOLICITUDE DE BECA PARA O CURSO 2011-2012

 

DEPARTAMENTO TERRITORIAL DE EDUCACIÓN - SECCIÓN DE BECAS

RÚA CONCELLO, 11-----------------32003     OURENSE

 
TELÉFONO: 988386648
 
16/12/2011 19:39 Daniel Veiga #. AXUDAS E BOLSAS No hay comentarios. Comentar.

AVISO IMPORTANTE PARA SOLICITANTES DE BECA

20110907215717-logoies.jpg

O Departamento de Orientación do IES García Barbón asesora e axuda ao conxunto do alumnado do centro no procedemento de solicitude de beca -que se realiza só mediante internet-. Para iso, facilita un documento de recollida de datos que pode ser de utilidade para cumprimentar a solicitude.

Para o alumnado que non dispoña de conexión a internet no seu fogar, o Departamento de Orientación -solicitando CITA PREVIA- pode dispoñer os recursos para cumprimentar a beca no propio centro.

Recomendamos que non se espere aos últimos días -o prazo para solicitar beca para estudos non universitarios remata o día 30 de setembro- e que se pida SEMPRE CITA PREVIA, xa que existe moita demanda de asesoramento e axuda para o tema das becas.

INFORMACIÓN NO BLOG DE ORIENTACIÓN

07/09/2011 21:57 Daniel Veiga #. AXUDAS E BOLSAS No hay comentarios. Comentar.

CONVOCADAS AXUDAS E BOLSAS PARA ESTUDOS UNIVERSITARIOS

20110727133441-27-7-2011-13.7.54-1.jpg

-----------------------------------------------------------------------------------------------

NORMATIVA OFICIAL (B.O.E.)

27/07/2011 13:34 Daniel Veiga #. AXUDAS E BOLSAS No hay comentarios. Comentar.

CONVOCADAS AXUDAS E BOLSAS PARA ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS

20110727132951-27-7-2011-13.7.54-1.jpg



Prazo de presentación para estudos non universitarios

 Do 28 de xullo de 2011  ao   30 de setembro de 2011

NORMATIVA OFICIAL (B.O.E)


-----------------------------------------------------

DELEGACIÓN DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN EN OURENSE

Becas: 988 38 66 48

 becas.ourense@edu.xunta.es

27/07/2011 13:29 Daniel Veiga #. AXUDAS E BOLSAS No hay comentarios. Comentar.

BECAS DE COLABORACIÓN 2011/2012

20110707104657-7-7-2011-10.7.21-2.jpg

BECAS DE COLABORACIÓN 2011/2012

 

DESTINATARIOS

Axudas para comezar tarefas de investigación ou prácticas relacionadas cos estudos universitarios cursados.

NÚMERO DE BECAS

3.304

DOTACIÓN

2.700 euros

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Do 7 de xullo de 2011 ao

14 de outubro de 2011

DOCUMENTO DA CONVOCATORIA OFICIAL

PRESENTACIÓN “ON LINE”

MÁIS INFORMACIÓN

07/07/2011 10:45 Daniel Veiga #. AXUDAS E BOLSAS No hay comentarios. Comentar.

Curso para 50 alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato coas mellores cualificacións no curso 2010/2011

Nome do Curso

Entrar na Universidade. Encontro co ciencia, a cultura e a educación

Datas

5 e 9 de setembro de 2011

Lugar

IES Universidade Laboral de Ourense

Destinatarios

Alumnado que remata 2º de bacharelato con nota media igual ou superior a 8,5 puntos. Escolleranse os mellores 50 expedientes.

Prazo

Antes do día 30 de xuño de 2011

Financiamento

Tanto a matrícula como a estadía do alumnado é sen coste.

Documentación

Formulario de solicitude, certificado académico e copia validada do documento nacional de identidade.

Instruccións para participar no curso

 Solicitude para participar no curso.

03/06/2011 10:28 Daniel Veiga #. AXUDAS E BOLSAS No hay comentarios. Comentar.

CONVOCATORIA DE PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 2010/2011

No Diario Oficial de Galicia do día 20 de maio de 2011 podemos ler a Orde do 6 de maio de 2011 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2010/2011.

Número de premios

Vinte

Dotación económica

1.000 euros

Nota media

Igual ou superior a 8,75

Prazo de solicitude

Un mes (25 de xuño)

Realización dunha proba

En dúas partes: a primeira parte dura dúas horas e a segunda parte dura unha hora.

Aplicación informática

https://www.edu.xunta.es/premiosbac/

Datas,lugares e tribunal que xulgará os premios extraordinarios de Bacharelato.

20/05/2011 10:14 Daniel Veiga #. AXUDAS E BOLSAS No hay comentarios. Comentar.

CONVOCATORIA DE PRAZAS DE RESIDENCIA NA UNIVERSIDADE DE VIGO

Convocatoria de bolsas 2011/2012

Centros propios:

1. Complexo residencial As Burgas (Ourense)
2. Complexo residencial O Castro (Vigo)

Centros concertados:

3. Residencia concertada A Peregrina (Pontevedra)
4. Complexo residencial concertado Alcai (Allariz)

 Información de contacto

Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes
Edificio Miralles, campus As Lagoas, Marcosende, s/n. 36310 Vigo
Tfno.: 986 813 603 - 986 813 817 - 986 813 626
Enderezo electrónico: xnvicext@uvigo.es
O PRAZO REMATA O DÍA 2 DE XULLO DE 2011
18/05/2011 19:39 Daniel Veiga #. AXUDAS E BOLSAS No hay comentarios. Comentar.

CONVOCATORIA DE PRAZAS DE RESIDENCIA

20110512212839-12-5-2011-21.5.37-2.jpg

No Diario Oficial de Galicia do día 12 de maio de 2011 podemos ler a Orde do 29 de abril de 2011 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense (TELÉFONO: 988-602165) e Vigo para cursar estudos de ensinanzas postobrigatorias non universitarias no próximo curso académico 2011/2012.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguínte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Correción de erros (DOG, 19 de maio de 2011)

12/05/2011 21:22 Daniel Veiga #. AXUDAS E BOLSAS No hay comentarios. Comentar.

AXUDAS E BOLSAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN (MEPSYD)

Para estar informados das axudas e bolsas que proporciona o Ministerio de Educación (MEPSYD) é necesario visitar a páxina correspondente -que se facilita no documento engadido-.

Como xa é habitual, os trámites para solicitar unha axuda ou bolsa teñen que facerse mediante internet, polo que é necesario rexistrarse previamente -os que xa solicitaron axudas en anos anteriores xa teñen os datos de ususario/a e clave para poder realizar os trámites-.

No documento que se proporciona nesta anotación, explicamos -mediante distintas pantallas- o procedemento para crear alertas -mediante o correo electrónico- que nos permiten estar informados das convocatorias de axudas e bolsas do noso interese de maneira automática.

Aproveitade as vantaxes que nos proporciona o servizo de alertas do MEC.

04/05/2011 20:01 Daniel Veiga #. AXUDAS E BOLSAS No hay comentarios. Comentar.

AXUDAS E BOLSAS DA XUNTA DE GALICIA

20110503223126-3-5-2011-22.5.47-2.jpg

 

Coñecer as distintas convocatorias de axudas e bolsas da Xunta de Galicia é moi importante, xa que nos permite valorar todas as posibilidades que temos e, no seu caso, solicitalas.

Na páxina web de Xuventude da Xunta temos moita información sobre axudas e bolsas.

03/05/2011 22:27 Daniel Veiga #. AXUDAS E BOLSAS No hay comentarios. Comentar.

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

20110321221543-21-3-2011-22.3.10-1.jpg

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

A Xunta de Galicia convoca 3.730 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado no ano 2011.

O PRAZO DE PRESENTACIÓN

REMATA O DÍA 12 DE ABRIL DE 2011 (non incluido)

Mais información:

CARTEL INFORMATIVO

DIARIO OFICIAL DE GALICIA


21/03/2011 22:15 Daniel Veiga #. AXUDAS E BOLSAS No hay comentarios. Comentar.

AXUDAS PARA CURSOS DE LINGUA INGLESA DURANTE O VERÁN

AXUDAS PARA CURSOS DE LINGUA INGLESA DURANTE O VERÁN 2011

PRAZO: DO 1 DE MARZO AO 30 DE MARZO DE 2011

TODA A INFORMACIÓN SOBRE ESTA CONVOCATORIA ESTÁ AQUÍ

---------------------------------------------------------------------------

------------------------------------------------------------------------------

OUTRAS AXUDAS PARA ESTUDAR IDIOMAS

28/02/2011 17:08 Daniel Veiga #. AXUDAS E BOLSAS No hay comentarios. Comentar.

A DEPUTACIÓN DE OURENSE CONVOCA BOLSAS DE PRÁCTICAS EN EUROPA PARA TITULADOS UNIVERSITARIOS

20110207205116-7-2-2011-20.2.16-1.jpg

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou as bases reguladoras da primeira convocatoria de Bolsas internacionais 2011 para titulados universitarios, no marco do programa europeo Leonardo da Vinci. Nesta primeira convocatoria serán 37 as bolsas individuais que se concederán para estancias e prácticas laborais en empresas europeas.

Os beneficiarios deberán posuír titulación universitaria ou estar en condición de obter a titulación na data que remate o prazo de presentación de solicitudes. Tamén deberán posuír coñecemento dalgunha das seguintes linguas cun nivel suficiente para desenvolver unha práctica laboral axeitada ao seu grao de formación académica: italiano, francés, portugués, alemán e/ou inglés.

Asimesmo, requírese ter coñecementos de informática a nivel de usuario e non ter sido beneficiario anteriormente dunha bolsa do programa Leonardo da Vinci convocada pola Deputación de Ourense.

O formulario de solicitude de bolsas internacionais poderase obter e cubrir na aplicación informática: http://becasinternacionais.depourense.es. Previamente á validación, deberanse anexar, en formato electrónico, os seguintes documentos: formulario de solicitude; certificado de empadroamento; xustificante acreditativo de ter obtido o título académico no Campus de Ourense (Universidade de Vigo) ou no centro asociado da UNED en Ourense, e, de selo caso, certificado acreditativo da discapacidade do solicitante igual ou superior ao 33%.

07/02/2011 20:51 Daniel Veiga #. AXUDAS E BOLSAS No hay comentarios. Comentar.

Bolsas e axudas para o alumnado de niveis postobrigatorios non universitarios

20100705155209-5-7-2010-15.7.47-1.jpg

  • Desde: 05 de xullo de 2010
  • Ata: 30 de setembro de 2010
  •  
  • Destinatarios:

    Alumnos matriculados nestes niveis do ensino

  • Bacharelato
  • Formación Profesional de Grao Medio e Superior
  • Programas de Cualificación Profesional Inicial
  • Cursos de preparación para as probas de acceso á Formación Profesional impartidos por centros públicos
  • Ensinanzas Artísticas Profesionais
  • Ensinanzas Deportivas
  • Estudos de Idiomas realizados nas escolas oficiais de titularidade das administraciones educativas, incluida a  modalidade a distancia
  • Ensinanzas Artísticas Superiores
  • Estudos Relixiosos e Militares Superiores

MÁIS INFORMACIÓN

05/07/2010 15:52 Daniel Veiga #. AXUDAS E BOLSAS No hay comentarios. Comentar.

Concesión de bolsas e axudas de carácter xeral e de mobilidade para estudantes universitarios

20100705155136-5-7-2010-15.7.47-1.jpg


  • Destinatarios:

    Alumnos matriculados nestes niveis do ensino

  • Prazo de presentación
05/07/2010 15:52 Daniel Veiga #. AXUDAS E BOLSAS No hay comentarios. Comentar.

A TÚA OPINIÓN CONTA: ORIENTACIÓNS DA EXPERIENCIA

20051231122131-75ies.jpgQueremos pedirche a túa participación, colaboración e opinión na Guía de Información Académica e Profesional. Estamos seguros de que a túa experiencia académica e/ou profesional pode axudar a outras persoas a tomar decisións máis axeitadas sobre os seu futuro.

Os estudantes dos primeiros cursos (universitarios/as e de Ciclos de Grao Superior),os/as titulados/as recentes (universitarios/as e de Ciclos Formativos de Grao Superior),os profesionais dos distintos sectores productivos, as familias, as persoas interesadas poden opinar nos espazos correspondentes das distintas titulacións ou familias profesionais, no apartado que no blog se reserva para COMENTAR.

Nos dous casos –universitarios e alumnado de Ciclos de Grao Superior- tedes que pensar no voso/a receptor: o alumnado de 2º de Bacharelato.

Os vosos consellos e recomendacións poden ter relación con temas académicos (Bacharelato realizado, estudos seleccionados, satisfacción persoal, etc) ou calquera outra cuestión de potencial interese.

1.- Consellos entre alumnos/as: de adolescentes de 2º de Bacharelato para mozos/as de 1º de Bacharelato.

2.- Consellos entre alumnos/as: de adolescentes de 1º de Bacharelato para mozos/as de 4º de ESO.

3.- Consellos entre alumnos/as: de adolescentes de Ciclos Formativos de Grao Medio para mozos/as de 4º de ESO.

4.- Consellos entre alumnos/as: de mozos/as de 4º de ESO para adolescentes de 3º de ESO.

Grazas pola túa colaboración.
Para redactar o teu consello visita o apartado que tes reservado no blog para COMENTAR.
31/08/2005 19:11 #. AXUDAS E BOLSAS No hay comentarios. Comentar.

A TÚA OPINIÓN CONTA (ALUMNADO DE 4º DE ESO)

A túa opinión conta: consellos do alumnado de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria

O alumnado de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria pode dar os seus consellos e recomendacións para os adolescentes de 3º de Educación Secundaria Obrigatoria.

Os consellos e recomendacións que se queiran realizar poden ser de tipo escolar (dificultade e/ou facilidade das distintas asignaturas, profesorado, compañeiros/as, hábitos de estudo, etc), relacionados coa orientación académica (plans de futuro, preferencias e intereses profesionais, información sobre estudos e saídas laborais, etc) ou calquera outra aportación que se considere de potencial interese.

Grazas pola túa colaboración.
Para redactar o teu consello visita o apartado que tes reservado no blog para COMENTAR.
31/08/2005 18:43 #. AXUDAS E BOLSAS Hay 1 comentario.

A TÚA OPINIÓN CONTA (CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO)

A túa opinión conta: consellos do alumnado de Ciclos Formativos de Grao Medio

O alumnado de Ciclos Formativos de Grao Medio pode dar os seus consellos e recomendacións para os adolescentes de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria.

Os consellos e recomendacións que se queiran realizar poden ser de tipo escolar (escolla do Ciclo Formativo, dificultade dos módulos formativos, hábitos de estudo, etc), relacionados coa orientación académica (razóns que teñen para querer cursar Formación Profesional, plans de futuro, dificultades, etc) ou calquera outra aportación que se considere de potencial interese.

Grazas pola túa colaboración.
Para redactar o teu consello visita o apartado que tes reservado no blog para COMENTAR.
31/08/2005 18:41 #. AXUDAS E BOLSAS No hay comentarios. Comentar.

A TÚA OPINIÓN CONTA (1º DE BACHARELATO)

A túa opinión conta: consellos do alumnado de 1º de Bacharelato

O alumnado de 1º de Bacharelato pode dar os seus consellos e recomendacións para os adolescentes de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria.

Os consellos e recomendacións que se queiran realizar poden ser de tipo escolar (escolla da modalidade de Bacharelato, dificultade das asignaturas, hábitos de estudo, etc), relacionados coa orientación académica (razóns que teñen para querer cursar determinados estudos, plans de futuro, dificultades, etc) ou calquera outra aportación que se considere de potencial interese.

Grazas pola túa colaboración.
Para redactar o teu consello visita o apartado que tes reservado no blog para COMENTAR.
31/08/2005 18:40 #. AXUDAS E BOLSAS No hay comentarios. Comentar.

A TÚA OPINIÓN CONTA (2º DE BACHARELATO)

A túa opinión conta: consellos do alumnado de 2º de Bacharelato

A experiencia acumulada na súa ampla traxectoria académica posibilita que o alumnado de 2º de Bacharelato poida dar algúns consellos para os adolescentes que comezan 1º de Bacharelato.

Os consellos e recomendacións que se queiran realizar poden ser de tipo escolar (escolla da modalidade de Bacharelato, dificultade das asignaturas, hábitos de estudo, etc), relacionados coa orientación académica (razóns que teñen para querer cursar determinados estudos, plans de futuro, dificultades, etc) ou calquera outra aportación que se considere de potencial interese.

Grazas pola túa colaboración.
Para redactar o teu consello visita o apartado que hai reservado no blog para COMENTAR.
31/08/2005 18:38 #. AXUDAS E BOLSAS No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris