Facebook Twitter Google +1     Admin

O IES García Barbón disporá dun viveiro de empresas

Que son os viveiros de empresas?

Un viveiro de empresas é un local dividido en despachos equipados con moblaxe, sala de reunións, equipamentos informáticos e os servizos precisos para levar as xestións necesarias para a posta en marcha da túa iniciativa emprendedora


Que ofrece un viveiro de empresas?

Asesoramento:
  • Formación e apoio do profesorado que imparte formación relacionada co sector no que se desenvolverá o teu proxecto.
  • Titoría pola coordinadora ou coordinador de emprendemento, responsable do seguimento e da orientación no teu proxecto.
  • Asesoría de persoal técnico especialista do IGAPE.
Instalacións:
  • Locais axeitados para o desenvolvemento de actividades das persoas emprendedoras.
  • Moblaxe básica propia dunha oficina.
Servizos:
  • Servizos asociados ás infraestruturas (seguridade, limpeza, luz, etc.).
  • Servizos auxiliares da actividade empresarial como conexión a internet.
Requisitos de acceso
  • Estar matriculado no derradeiro curso dun ciclo formativo de formación profesional ou telo rematado nos catro últimos anos, e tamén os que estean a estudar bacharelato.
  • Ter un proxecto empresarial a desenvolver na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Presentar un Plan de Empresa que garanta a viabilidade do proxecto. 


A información no xornal Faro de Vigo


Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris