Facebook Twitter Google +1     Admin

PREMIOS PARA O BLOG DE ORIENTACIÓN

Leo nos comentarios do blog que veñen de concederlle ó blog de Orientación un premio. A compañeira Mª Pastora Astray tivo a ben elixir -entre outros- a Guía de Orientación Académica e Profesional.

En primeiro lugar, agradecer moito a mención e as súas amables palabras. MOITAS GRAZAS!

Tamén leo -neste repaso que estou a facer pola información sobre o tema- que Víctor Cuevas agasalla ao Blog de Orientación co Premio Versatile Blog. Moitas grazas!

Moitas grazas para Mónica Diz por concederlle ó Blog de Orientación o Premio Versatile.

Moitas grazas para Natalia Longo por concederlle ó Blog de Orientación o Premio Versatile.

 

En segundo lugar, contestar as preguntas que se propoñen:

     1.-Que opinas do premio.

     Creo que os recoñecementos son necesarios e animan a perseverar.

    2.-Describe o teu blog e cando o creaches e porqué?.

    O blog pretende ser unha guía de información académica e profesional que sexa de utilidade para o conxunto da comunidade educativa. O blog foi creado en febreiro de 2005. A principal motivación inicial para comezar a crear e manter un blog ten estreita relación coa necesidade de realizar mellor o meu traballo diario.

     3.-Que aprendiches a nivel personal ou profesional no último ano?.

    Si digo que aprendo algo cada día pode parecer que esaxero, pero considero que cada día estou aprendendo -cos meus compañeiros, co alumnado, coas familias-.

        4.-Que é o que mais che gusta do noso sistema educativo.

       Dispor dun sistema de ensino público e sen coste.

    5.-E o que menos.

    A falta de consenso xeral ó redor da plena relevancia da escola pública.

    6.-Como o mellorarías.

    Creo que é necesario que o alumnado asuma un papel protagonista e sexa activo no logro das súas aprendizaxes.

    7.-Viviches algún feito importante a través do blog?

    O feito máis importante é -sen dúbida- poder ser un servizo útil á comunidade educativa.

    8.-Cara onde imos nas redes sociais.

    Si non estás nas redes sociais, non estás onde está a xente. O avance das aplicacións en internet é moi rápido, non é sinxelo saber onde imos.

    9.-Cales son as que mais che gustan.

    Utilizo Edmodo, Facebook e Twitter e cada unha ten as súas particularidades.

    10.-Por que estás nesto da educación.

    Creo que lle adico tempo e gústame. Entendo que hai unha relación estreita entre o que me gusta e o tempo que lle adico, pero sen tempo non hai nada.

    11.-Engade o que queiras.

    Menos discursos, menos lexislación e mellores prácticas pedagóxicas.


    AS ONCE PREGUNTAS

    1.- Gústache o premio?

    2.- Consideras que é unha boa iniciativa -o dos premios-

    3.- Os orientadores/as son suficientemente recoñecidos polo seu traballo nos centros?

    4.- Utilizas Facebook? Qué opinión tes sobre o seu uso na educación?

    5.- Utilizas Twitter? Qué opinión tes sobre o seu uso na educación?

    6.- Cambiarías algo do sistema educativo?

    7.- Cambiarías algo dos centros educativos?

    8.- Dúas medidas  para mellorar o sistema educativo galego?

    9.- Cambios que se precisan na formación do profesorado?

    10.- Dúas ideas para mellorar o rendemento académico?

    11.- Engade as observacións que consideres.


    OS MEUS ONCE BLOGS PREMIADOS CO LIEBSTER BLOG AWARDS

    O blog de Mª Pastora Astray creo que debe estar na miña lista de blogs agasallados co "LIEBSTER BLOG AWARDS" polo seu perseverante traballo a prol dunha orientación de calidade para todo o alumnado.
    http://orientacioncpidepanxon.blogspot.com.es

    Un dos blogs que me ten chamado moito a atención e que me ten fascinado pola gran cantidade e calidade dos seus contidos. Estou a falar de Mónica Diz e o seu xenial http://monicadizorienta.blogspot.com.es/

    Natalia Longo é outra das orientadoras que ven realizando unha tarefa moi meritoria nesto do uso do blog como ferramenta útil na orientación educativa.O blog é: http://orientacioncondesa.blogspot.com.es/

    Ubaldo Ovidio Vázquez tamén realiza unha interesante aportación á orientación educativa no seu centro: o CEIP "Otero Pedrayo". A url do seu blog é: http://oteropedrayo.blogspot.com.es/

    Agora quero premiar un blog colectivo do ámbito da orientación académica e profesional con moita e interesante información. Un traballo que podemos apreciar si visitamos: http://orientatexpress.blogspot.com.es/

    Outro dos blogs de interese que quero agasallar polo seu traballo perseverante é: http://orientador123.blogspot.com.es/

    O blog do Departamento de Orientación do IES de Salvaterra de Miño é outro dos blogs que merecen o meu recoñecemento: http://iessalvaterraorientacion.blogia.com/

    A páxina web do Departamento de Orientación do Colexio San Narciso merece un agasallo polo seu excelente traballo: http://www.mipaginapersonal.movistar.es/web3/deorientacion.movistar.es/web3/alumnos/alumnos.html

    O traballo de promoción e uso informado das novas tecnoloxías na Educación Primaria que realiza Alberto Armada é unha tarefa que ben merece un agasallo. A súa interesante actividade podemos vela en: http://ticblog.wordpress.com/

    Outra aportación de moito interese e amplitude na orientación educativa -que non podo deixar de anotar- é a do compañeiro Victor Cuevas. Non deixedes de visitar: http://victorcuevas.es/educadores21/

    Para rematar, quero premiar ao blog de Rocío Méndez: http://doquiroga.blogspot.com.es/

     




02/04/2013 22:12 orientacion #. ORIENTARSE

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.comAutor: Manuel

Felicidades polo traballo ben feito!!!

Fecha: 02/04/2013 23:24.


gravatar.comAutor: Daniel

Moitas grazas, Manuel.

Fecha: 02/04/2013 23:39.


gravatar.comAutor: Mónica Diz Besada

Non sei como agradecerche as palabras que adicas ao meu blog. Igual recoñecendo públicamente, una vez máis, que es ti o responsable de que aprendese e me motivase para iniciar e manter este proxecto.
Grazas por seguir ensinándome.
Unha aperta.

Fecha: 03/04/2013 00:34.


gravatar.comAutor: Pastora

A concesión deste premio supón para mín unha alegría xa que ven das mans do maestro en esto de bloggear para os orientadores galegos.
Unha aperta e grazas.

Fecha: 03/04/2013 20:39.


gravatar.comAutor: Natalia

Non quixera ser reiterativa, así que suscribo totalmente as palabras das compañeiras Pastora e Mónica. Moitísimas grazas é un orgullo recibir das túas mans o premio!. Unha aperta desde Orientacioncondesa!

Fecha: 03/04/2013 22:08.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris