Blogia

GUÍA DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

Proyecto PIPE. Internet para aprender

Proyecto PIPE. Internet para aprender

Os mellores recursos de internet para estudantes.

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19

  • Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.
  • Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.
  • Suspéndense no ámbito educativo todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado.
  • O persoal docente e non docente terá a obriga de acudir ao centro educativo. Para os efectos de favorecer a conciliación do persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, o equipo directivo poderá reorganizar o horario de permanencia no centro educativo de cada docente ou persoal de administración e servizos, cumprindo co cómputo total anual do mesmo e debendo reorganizar as tarefas para adecuar a prestación dos servizos básicos de información, atención e tutorización non presencial da súa comunidade educativa. Todo elo dentro do horario de apertura habitual do centro. Esta medida é de aplicación ao persoal que non presente sintomatoloxía.
  • Como medida extraordinaria para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral de aquel persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, este poderá realizar a súa actividade laboral mediante o sistema de teletraballo nunha porcentaxe non superior ao 50% do seu horario total de permanencia no centro
  • O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios telemáticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.
  • Para o alumnado de 2º de Bacharelato o profesorado adoptará todas  as medidas específicas necesarias (telemáticas) para garantir de forma non presencial a continuidade das actividades lectivas dos contidos curriculares.
  • Suspéndense as prácticas de Formación Profesional (módulo FCT) que se realicen en empresas, incluídas as asociadas a Erasmus +
  • Reprogramarase individualmente para cada alumno ou empresa a actividade formativa nos centros de traballo para as ensinanzas impartidas na modalidade de FPDual.
  • Nos centros de Educación Especial con servizo de residencia NON se suspende a permanencia do alumnado, agás no caso en que presente sintomatoloxía, en cuxo caso, as autoridades sanitarias adoptarán as medidas pertinentes que garantan o non contacto co resto dos usuarios.
  • Suspéndese a permanencia de usuarios nos centros residenciais docentes.
  • Suspéndense todas as actividades de formación do profesorado que teñan carácter presencial.
  • http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

Vídeo explicativo ABAU 2020

Admisión do alumnado de Bacharelato curso 2020-2021

Admisión do alumnado. Curso... by dveiga on Scribd

Probas de acceso a ciclos de grao medio e superior

Probas de acceso a ciclos de grao medio e superior

Probas de acceso a ciclos de grao medio e superior. Orde de convocatoria 2020

Orde do 20 de xaneiro de 2020 pola que se convocan probas de acceso a ciclos formativos

 Prazos de presentación de solicitudes:

 Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 2 e 13 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos

 Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 10 e 19 de febreiro de 2020, ambos os dous incluídos

 Máis información:

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio

 Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior

 Calendario das probas de acceso

Un centro pequeno con grupos reducidos

Un centro pequeno con grupo... by dveiga on Scribd

A lectura como recurso de orientación: recomendamos un libro

A lectura como recurso de orientación: recomendamos un libro

A lectura é unha actividade que ten moitos efectos positivos e que tamén nos pode  axudar a tomar mellores decisións de futuro. 

O libro que se recomenda -un préstamo da Biblioteca de Verín- "El desafío de Florencia- La gran novela sobre la rivalidad entre Leonardo y Miguel Ángel- de Alejandro Corral, posúe mensaxes moi valiosas para todas as persoas que teñen que tomar decisións de futuro. 

Unha aplicación web recolle a microtoponimia de Galicia

Unha aplicación web recolle a microtoponimia de Galicia

A Real Academia Galega estrea unha plataforma que recolle a toponimia e a microtoponimia de Galicia e na que poden colaborar os cidadáns. A ferramenta, dispoñible en Internet, xa ten preto de 480.000 nomes de aldeas, lugares, leiras, fontes ou corredoiras.

Galicia Nomeada é a aplicación creada polo seminario de onomástica da Real Academia Galega para recuperar e protexer o patrimonio toponímico de Galicia.A web, presentada hoxe, recolle ata o de agora 478.000 nomes de lugares e microlugares, e o obxectivo é engadir, coa colaboración dos veciños, todos cantos sexan posibles, xa que, segundo a RAG, pode haber máis de dous millóns.

Vicente Feijoo Ares é o coordinador do equipo técnico de toponimia da RAG e un dos responsables da posta en marcha desta ferramenta dixital na que a Amtega asumiu a parte tecnolóxica e que permite, grazas ao Instituto de Estudos do Territorio, saber como foi cambiando Galicia a través dunha potente base cartográfica (información do xornal La Voz de Galicia)

Noraboa! para o meu veciño e bo amigo Vicente Feijoo Ares.

Mellorando a Biblioteca do IES García Barbón

Mellorando a Biblioteca do ... by dveiga on Scribd

Evento de orientación académica

Evento de orientación académica

 

Evento de orientación académica en internet

os días 10-12 de decembro de 2019.

Sen coste!


Reserva a túa praza

PONENTES 

Ensinanzas especiais e de adultos

Cambios importantes na ABAU 2020

Cambios importantes na ABAU by dveiga on Scribd

Mindfulness no IES García Barbón (2)

Mindfulness no IES García Barbón (3)

Mindfulness no IES García Barbón (1)

Mindfulness no IES García B... by dveiga on Scribd

Mulleres pioneiras na ciencia

Cinco comportamentos para ser máis feliz (Laurie Santos)

Formación Profesional 2019-2020

Folletos informativos sobre os ciclos formativos en Galicia, 

vídeos sobre as familias profesionais e outros recursos.

Información sobre estudos universitarios (IES García Barbón)

Recursos de información aca... by dveiga on Scribd

Vídeos sobre hábitos e técnicas de estudo

Hecho con Padlet