Blogia

GUÍA DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

NOVA REVISTA DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL

NOVA REVISTA DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL

Nova revista de orientación profesional.

 

     Unha proposta informativa sobre temas de orientación académica e profesional dirixida aos adolescentes. Trátase dunha publicación en internet que nos facilita EDUCAWEB

SOBRE A NOVA REVISTA DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL

 

OFERTA FORMATIVA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

 

O día 1 de marzo tivemos a oportunidade de escoitar -algúns profesores e o alumnado de 2º de Bacharelato- unha charla sobre a OFERTA FORMATIVA DA UNIVERSIDADE

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, impartida polo profesor Felipe Gago.

Outras informacións publicadas con anterioridade.

Formación on line interactiva en tecnoloxías da información .

Plano de Santiago de Compostela.

PREMIO EDUBLOGS

PREMIO   EDUBLOGS

 

Premio Edublogs

 

FERRAMENTAS DE INTERESE PARA A AUTOORIENTACIÓN ACADÉMICA E LABORAL

FERRAMENTAS DE INTERESE PARA  A  AUTOORIENTACIÓN ACADÉMICA E LABORAL

Un proxecto innovador e cheo de ferramentas para posibilitar a autoorientación académica e laboral .

Guía de perfís profesionais

Ocupacións e sectores de actividade

Cultura laboral

Guía multimedia do emprego

Guía multimedia de orientación laboral

Crea a túa empresa

As novas tecnoloxías no mundo do traballo

XORNADAS SOBRE O ENSINO SUPERIOR E FEIRA DO ENSINO SUPERIOR

XORNADAS SOBRE O ENSINO SUPERIOR E FEIRA DO ENSINO SUPERIOR

XORNADAS SOBRE "TRÁNSITO DO ENSINO SECUNDARIO AO ENSINO SUPERIOR"

PALACIO DE EXPOSICIÓNS E CONGRESOS DE GALICIA

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 5 DE MARZO DE 2007

CONTIDOS

1.Presentación de materiais didácticos de orientación.
2.Adaptación do ensino superior de Galicia ao espazo europeo de educación superior.
3.Acceso ao ensino superior.
4.Cambios relevantes nos estudios universitarios e de formación profesional.

Para apuntarse -ANTES DO DÍA 20 DE FEBREIRO- hai que visitar a páxina de xestión da formación do profesorado.

FEIRA DO ENSINO SUPERIOR DE GALICIA

PALACIO DE EXPOSICIÓNS E CONGRESOS DE GALICIA

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 24, 25, 26 E 27 DE ABBRIL DE 2007

Máis información aquí

 

COLABORACIÓN DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN EN EDUCAWEB

COLABORACIÓN DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN  EN EDUCAWEB

COLABORACIÓN DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN EN EDUCAWEB


MONOGRÁFICO SOBRE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

"El blog como recurso de información académica: la blogorientación"

RECURSOS PARA BUSCAR EMPREGO EN INTERNET

BUSCAR EMPREGO EN INTERNET: UNHA MANCHEA DE RECURSOS

BUSCAR EMPREGO EN INTERNET: UNHA MANCHEA DE RECURSOS

 

apartado Emprego na Administración Central
  
apartado Outras ofertas de emprego
  
apartado Emprego na Administración Autonómica
  
apartado Emprego na Administración Local
  
apartado Emprego en Entidades Privadas
  
apartado Emprego en Universidades
  
apartado Ofertas Públicas de Emprego
  
apartado Ofertas do Servicio Galego de Colocación
  
ficha Administrativos
  
ficha Oposicións para toda España. Ministerio de Administracións Públicas.
  
ficha Orientación Emprego no INJUVE

 

 

Fontes informativas recopiladas pola Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil.

GUÍA DE ORIENTACIÓN: UNHA FERRAMENTA DE AXUDA DE MOITA CALIDADE

GUÍA DE ORIENTACIÓN: UNHA FERRAMENTA DE AXUDA DE MOITA CALIDADE

GUÍA DE ORIENTACIÓN
 
UNHA FERRAMENTA DE AXUDA DE MOITA CALIDADE 

INFORMARSE DE MANEIRA AUTOMÁTICA

INFORMARSE DE MANEIRA AUTOMÁTICA

Os alumnos e alumnas dos Ciclos Formativos de grao medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría e de xestión Administrativa xa comezaron a coñecer e utilizar BLOGLINES para poder informarse de maneira automática. No 1º curso do Ciclo Superior de Administración e Finanzas xa estamos co mesmo tema e, pouco a pouco, vamos ir engadindo recursos de información que podan ser de interese xeral. 

Unha aportación moi completa sobre o uso de BLOGLINES. 

Tema 3.- Informarse de maneira automática.
 

BASE DE DATOS DOS INDICADORES DO MERCADO LABORAL GALEGO

BASE DE DATOS DOS INDICADORES DO MERCADO LABORAL GALEGO

Co obxectivo de achegar aos cidadáns de información técnica exhaustiva sobre o mercado laboral, a Consellería de Traballo, a través do Instituto Galego das Cualificados, deseñou unha base de datos pioneira e innovadora que permite facer consultas en tempo real sobre os distintos indicadores do mercado de traballo a través de Internet.

Traballadores
afiliados
 
Empresas (Contas
de cotización)
 
Paro rexistrado  
Ofertas  
Contratos  
Formación
Ocupacional

 

ENTRE ESTUDIANTES, UNHA REVISTA INTERESANTE

ENTRE   ESTUDIANTES, UNHA REVISTA INTERESANTE

A revista Entre Estudiantes -fonte de información de moito interese - é un recurso de información académica e profesional do que dispomos -xa fai tempo - de maneira habitual no noso traballo orientador. No Departamento de Orientación temos á disposición do alumnado unha manchea de números da antedita revista.

Hemeroteca de "Entre Estudiantes"

AXUDAS ECONÓMICAS PARA A REALIZACIÓN DA FORMACIÓN EN CENTROS DE TRABALLO (FCT)

AXUDAS ECONÓMICAS PARA A REALIZACIÓN  DA FORMACIÓN EN CENTROS DE TRABALLO (FCT)

Convocatoria de axudas económicas para a realización de formación práctica en centros de traballo destinadas ao alumnado matriculado no último curso de ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional específica, de artes plásticas e deseño, de módulos profesionais experimentais e programas de garantía social.

Orde do 28 de decembro de 2006  (DOG, do 9 de xaneiro de 2007) 

NOVA LEXISLACIÓN SOBRE A FORMACIÓN PROFESIONAL

A nova lexislación sobre os estudos de Formación Profesional recóllese no Real Decreto 1538/2006 de 15 de decembro, polo que se establece a ordenación xeral da Formación Profesional do sistema educativo.

Texto da lei en formato PDF.

Texto da lei en formato html.

Información procedente do blog de Antonio Garrido.

 

UNHA FOTO DA ENTRADA DO I.E.S. "GARCÍA  BARBÓN"

Número 50 de Código Cero (Revista de novas tecnolóxicas de Galicia)

Número 50 de Código Cero (Revista de novas tecnolóxicas de Galicia)

No número 50 da revista Código Cero aparece publicada unha entrevista sobre o traballo realizado no blog de ORIENTACIÓN.
Quero agradecer aos xornalistas de Código Cero a publicación das miñas opinións sobre o traballo que estamos a levar adiante no IES "García Barbón" de VERÍN -Ourense-.
O texto completo da entrevista podemos lelo na páxina 28 do Número 50 de Código Cero en PDF

DE LUNS A VENRES: UN XORNAL EN GALEGO SEN COSTE

DE LUNS A VENRES: UN  XORNAL  EN GALEGO SEN COSTE

Somos o primeiro xornal gratuíto en galego e feito integramente dende Galicia. E pertencemos ó Grupo El Progreso de comunicación.

Principiaremos distribuindo 50.000 exemplares nas sete grandes cidades galegas (Vigo, A Coruña, Santiago, Ourense, Lugo, Ferrol e Pontevedra).

O noso enderezo postal é:


DE LUNS A VENRES
Rúa Salvadas, 27
15705 Santiago de Compostela

AXUDAS PARA O ALUMNADO DE CICLOS FORMATIVOS NON VOCACIONAIS

AXUDAS  PARA O ALUMNADO DE CICLOS FORMATIVOS NON VOCACIONAIS

Con data de 14 de decembro de 2006 publícase no Diario Oficial de Galicia a Orde que regula a concesión de axudas para alumnado de ciclos formativos non vocacionais. No IES "García Barbón", o alumnado que ten dereito a axuda é o que se relaciona no cadro superior.

 

 

E LOGO, TI ¿QUÉ VAS FACER?

A FORMACIÓN PROFESIONAL PODE SER O TEU CAMIÑO DE FUTURO

APRENDER SOBRE OCUPACIÓNS LABORAIS E HABILIDADES SOCIAIS NA ESCOLA

APRENDER SOBRE OCUPACIÓNS  LABORAIS E HABILIDADES SOCIAIS  NA ESCOLA

AULA DIDÁCTICA DOS OFICIOS E OCUPACIÓNS

O taller de emprego Aula Oupacional do Concello de San Martín (Asturias) creou un equipo de traballo que elaborou 24 contos ilustrados sobre as ocupacións laborais e as habilidades sociais para estudantes de Primaria e primeiro ciclo de Secundaria.

A páxina web da Aula Didáctica dos Oficios e Ocupacións

presenta información sobre a realidade formativa, laboral e empresarial mediante o uso de contos, cómics, animacións e xogos interactivos coa pretensión de informar ó alumnado sobre as ocupacións existentes, a súa importancia e a súa demanda no mercado laboral.


Guía didáctica para o profesorado .

Un traballo moi interesante e necesario.  

A MALA IMAXE DA EDUCACIÓN NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

A  MALA  IMAXE  DA EDUCACIÓN  NOS MEDIOS  DE COMUNICACIÓN

Para comezar o mes de decembro e, como posible agasallo de Reis, quero comentar brevemente e recomendar un libro da autoría de Jaume Carbonell e de Antoni Tort que leva por título: "La educación y su representación en los medios".

O libro fai unha análise interesante e amplia das teorías implícitas e representacións sociais que os medios de comunicación realizan sobre a escola e a tarefa docente. Os autores poñen de manifesto a imaxe distorsionada - simplificada e non contextualizada- e catastrofista que se difunde cando se informa sobre educación.

Máis información:

Quaderns Digitals

Cuadernos de Pedagogía