Probas de acceso a grao medio. Sedes e instruccións.

- Instrucións para a realización das probas
- Máis información sobre a convocatoria
Data da proba: 23 de maio de 2013

OFERTA FORMATIVA DO IES GARCÍA BARBÓN 2013/2014
EDUCAR CON SENTIDO COMÚN (Javier Urra)
Fonte da información:http://blog.educastur.es/orientados/2013/04/25/173/
UNHA MANCHEA DE INFORMACIÓN SOBRE ESTUDOS E PROFESIÓNS
Dicionario de profesións
http://www.educaweb.com/profesiones/

Dicionario de estudos
http://www.educaweb.com/estudios/

BUSCADOR DE CENTROS EDUCATIVOS EN GALICIA
SERVIZOS EUROPEOS DE EMPREGO PÚBLICO
O Instituto de Educación Secundaria "García Barbón" de Verín foi invitado a participar o día 16 de abril de 2013 no Encontro ’A Mobilidade de Traballadores entre Galicia e Portugal: oportunidades, obstáculos e desafíos’, organizado por ACISAT e Eurocidade Chaves-Verín, coa colaboración do EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.
WEB DA EUROCIDADE CHAVES-VERÍN
No Encontro informouse das distintas opcións informativas das que dispoñemos para promover o emprego e a mobilidade de traballadores entre Galicia e Portugal.
Eures Transfronterizo Galicia - Norte Portugal
EURES (Servizos de Emprego Europeos) é unha rede de cooperación entre a Comisión Europea e os servizos públicos de emprego dos Estados membro que ten a función de facilitar información sobre oportunidades de emprego e condicións de vida e traballo no Espazo Económico Europeo.
Ofertas de Emprego
O Servizo EURES Transfronteirizo Galicia-Norte Portugal, facilita a consulta das ofertas de emprego tramitadas polos servizos públicos de emprego de Galicia e Portugal.
Servizo Público de Emprego de Portugal
Servizo Público de Emprego de Galicia
Servizo Público de Emprego de España
Buscador de ofertas de emprego da Confederación de Empresarios
----------------------------------------
UNHA MANCHEA DE INFORMACIÓN PARA ORIENTARSE
UNHA MANCHEA DE INFORMACIÓN PARA ORIENTARSE
- CUESTIÓNS A CONSIDERAR ANTES DE TOMAR DECISIÓNS.
- BACHARELATO, FORMACIÓN PROFESIONAL
- ENSINANZAS ARTÍSTICAS, ENSINANZAS DEPORTIVAS
- SELECTIVIDADE
- ESTUDOS UNIVERSITARIOS
- FORMACIÓN ON-LINE
TÉCNICAS DE ESTUDO
- ESTUDAR NO ESTRANXEIRO
- APRENDER IDIOMAS
OFERTA FORMATIVA DO IES GARCÍA BARBÓN 2013/2014
MODALIDADES DE BACHARELATO
• HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS
• CIENCIAS E TECNOLOXÍA
ADMISIÓN E MATRÍCULA
Prazo de presentación de solicitudes :
•
5-17 de abril 2013
IMPRESOS NA OFICINA DO CENTRO
PREMIOS PARA O BLOG DE ORIENTACIÓN
Leo nos comentarios do blog que veñen de concederlle ó blog de Orientación un premio. A compañeira Mª Pastora Astray tivo a ben elixir -entre outros- a Guía de Orientación Académica e Profesional.

En primeiro lugar, agradecer moito a mención e as súas amables palabras. MOITAS GRAZAS!
Tamén leo -neste repaso que estou a facer pola información sobre o tema- que Víctor Cuevas agasalla ao Blog de Orientación co Premio Versatile Blog. Moitas grazas!
Moitas grazas para Mónica Diz por concederlle ó Blog de Orientación o Premio Versatile.
Moitas grazas para Natalia Longo por concederlle ó Blog de Orientación o Premio Versatile.

En segundo lugar, contestar as preguntas que se propoñen:
1.-Que opinas do premio.
Creo que os recoñecementos son necesarios e animan a perseverar.
2.-Describe o teu blog e cando o creaches e porqué?.
O blog pretende ser unha guía de información académica e profesional que sexa de utilidade para o conxunto da comunidade educativa. O blog foi creado en febreiro de 2005. A principal motivación inicial para comezar a crear e manter un blog ten estreita relación coa necesidade de realizar mellor o meu traballo diario.
3.-Que aprendiches a nivel personal ou profesional no último ano?.
Si digo que aprendo algo cada día pode parecer que esaxero, pero considero que cada día estou aprendendo -cos meus compañeiros, co alumnado, coas familias-.
4.-Que é o que mais che gusta do noso sistema educativo.
Dispor dun sistema de ensino público e sen coste.
5.-E o que menos.
A falta de consenso xeral ó redor da plena relevancia da escola pública.
6.-Como o mellorarías.
Creo que é necesario que o alumnado asuma un papel protagonista e sexa activo no logro das súas aprendizaxes.
7.-Viviches algún feito importante a través do blog?
O feito máis importante é -sen dúbida- poder ser un servizo útil á comunidade educativa.
8.-Cara onde imos nas redes sociais.
Si non estás nas redes sociais, non estás onde está a xente. O avance das aplicacións en internet é moi rápido, non é sinxelo saber onde imos.
9.-Cales son as que mais che gustan.
Utilizo Edmodo, Facebook e Twitter e cada unha ten as súas particularidades.
10.-Por que estás nesto da educación.
Creo que lle adico tempo e gústame. Entendo que hai unha relación estreita entre o que me gusta e o tempo que lle adico, pero sen tempo non hai nada.
11.-Engade o que queiras.
Menos discursos, menos lexislación e mellores prácticas pedagóxicas.
AS ONCE PREGUNTAS
1.- Gústache o premio?
2.- Consideras que é unha boa iniciativa -o dos premios-
3.- Os orientadores/as son suficientemente recoñecidos polo seu traballo nos centros?
4.- Utilizas Facebook? Qué opinión tes sobre o seu uso na educación?
5.- Utilizas Twitter? Qué opinión tes sobre o seu uso na educación?
6.- Cambiarías algo do sistema educativo?
7.- Cambiarías algo dos centros educativos?
8.- Dúas medidas para mellorar o sistema educativo galego?
9.- Cambios que se precisan na formación do profesorado?
10.- Dúas ideas para mellorar o rendemento académico?
11.- Engade as observacións que consideres.
OS MEUS ONCE BLOGS PREMIADOS CO LIEBSTER BLOG AWARDS
O blog de Mª Pastora Astray creo que debe estar na miña lista de blogs agasallados co "LIEBSTER BLOG AWARDS" polo seu perseverante traballo a prol dunha orientación de calidade para todo o alumnado.
http://orientacioncpidepanxon.blogspot.com.es
Un dos blogs que me ten chamado moito a atención e que me ten fascinado pola gran cantidade e calidade dos seus contidos. Estou a falar de Mónica Diz e o seu xenial http://monicadizorienta.blogspot.com.es/
Natalia Longo é outra das orientadoras que ven realizando unha tarefa moi meritoria nesto do uso do blog como ferramenta útil na orientación educativa.O blog é: http://orientacioncondesa.blogspot.com.es/
Ubaldo Ovidio Vázquez tamén realiza unha interesante aportación á orientación educativa no seu centro: o CEIP "Otero Pedrayo". A url do seu blog é: http://oteropedrayo.blogspot.com.es/
Agora quero premiar un blog colectivo do ámbito da orientación académica e profesional con moita e interesante información. Un traballo que podemos apreciar si visitamos: http://orientatexpress.blogspot.com.es/
Outro dos blogs de interese que quero agasallar polo seu traballo perseverante é: http://orientador123.blogspot.com.es/
O blog do Departamento de Orientación do IES de Salvaterra de Miño é outro dos blogs que merecen o meu recoñecemento: http://iessalvaterraorientacion.blogia.com/
A páxina web do Departamento de Orientación do Colexio San Narciso merece un agasallo polo seu excelente traballo: http://www.mipaginapersonal.movistar.es/web3/deorientacion.movistar.es/web3/alumnos/alumnos.html
O traballo de promoción e uso informado das novas tecnoloxías na Educación Primaria que realiza Alberto Armada é unha tarefa que ben merece un agasallo. A súa interesante actividade podemos vela en: http://ticblog.wordpress.com/
Outra aportación de moito interese e amplitude na orientación educativa -que non podo deixar de anotar- é a do compañeiro Victor Cuevas. Non deixedes de visitar: http://victorcuevas.es/educadores21/
Para rematar, quero premiar ao blog de Rocío Méndez: http://doquiroga.blogspot.com.es/
AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2013
OFERTA FORMATIVA DO IES GARCÍA BARBÓN 2013/2014
DATAS DE EXAMES E AVALIACIÓNS - TERCEIRO TRIMESTRE
SEMINARIOS GRUNDTVIG 2012-2013

A finalidade do programa é a de permitir ás persoas adultas participar en actividades de formación noutros países, compartindo experiencias de aprendizaxe innovadoras e relevantes para o seu desenvolvemento persoal.
Os seminarios abordan múltiples temas de intererese e procuran a potenciación da aprendizaxe de linguas, a cidadanía europea e o diálogo intercultural.
Máis información na páxina do Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos.
Catálogo de actividadades 2012/2013
(Na páxina sete tedes o indice de actividades por países e na páxina 366 o índice de actividades por orde cronolóxica)