Se muestran los artículos pertenecientes al tema SELECTIVIDADE.

RECURSOS DIDÁCTICOS PARA PREPARAR A SELECTIVIDADE

20051029190344-7-jpgEn primeiro lugar, queremos recomendar unha serie de ligazóns sobre a selectividade que poden ser de utilidade.
En segundo lugare último lugar, temos que visitar unha web na que, entre outras informacións de interese, nos facilitan exames resoltos e un buscador de exercicios resoltos [de distintas convocatorias da selectividade].


Máis información
Comisión Interuniversitaria de Galicia
Ligazóns do Ministerio de Educación e Ciencia
16/09/2005 20:23 Enlace permanente. Tema: SELECTIVIDADE Hay 4 comentarios.

BUSCADOR DE NOTAS DE CORTE

Unha vez que xa tes superada a selectividade e decidiches o que queres estudar, é posible que teñas preocupación por saber si a titulación que queres cursar non precisa dunha nota de corte alta ou moi alta. No sistema universitario de Galicia, a páxina de referencia imprescincible é a da Comisión InterUniversitaria de Galicia (CIUG)

Si a túa meta é estudar fóra de Galicia, podes coñecer as distintas notas de corte -incluidas as de Galicia- no buscador de notas de corte
30/08/2005 18:23 Enlace permanente. Tema: SELECTIVIDADE No hay comentarios. Comentar.

100% DE APROBADOS NA SELECTIVIDADE NO IES "GARCÍA BARBÓN"

45PICT1568.jpgTodos os alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato do curso 2004/2005 aprobaron as Probas de Acceso á Universidade (selectividade) na convocatoria de Xuño.
As notas obtidas son moi altas.
Noraboa.
Máis información sobre os resultados da selectividade no xornal "La Voz de Galicia".
29/06/2005 11:42 Enlace permanente. Tema: SELECTIVIDADE No hay comentarios. Comentar.

PREPARARSE PARA A SELECTIVIDADE

20051127230816-caminopict0317.jpg

Hai que poñerse a traballar pensando na selectividade. Para axudar ó alumnado, propoñemos unha variedade de recursos pedagóxicos que podemos consultar en internet.

En primeiro lugar,  visitar a páxina con variadas ligazóns sobre a selectividade.

En segundo e último lugar, temos a posibilidade de coñecer recomendacións xerais para prepararse para unha proba, ou ben, para aprender a redactar.

23/05/2005 16:36 Enlace permanente. Tema: SELECTIVIDADE No hay comentarios. Comentar.

RECURSOS EN INTERNET SOBRE A SELECTIVIDADE

selec.jpgExisten moitas paxinas web sobre a selectividade, polo que resulta moi difícil dar conta detallada de moitas referencias. Por elo, sempre que falemos dalgunha páxina web, tentaremos realizar un comentario sobre os contidos que ofrece.
Hoxe, queremos facer referencia ó MONOGRÁFICO de EDUCAWEB, páxina pioneira en temas de orientación académica e profesional que podemos consultar aquí.
O monográfico de EDUCAWEB trata sobre a SELECTIVIDADE 2005. Podemos ler, entre outras informacións, consellos prácticos, exemplos de exames e universidades.
20/05/2005 23:18 Enlace permanente. Tema: SELECTIVIDADE No hay comentarios. Comentar.

SABER MÁIS SOBRE A SELECTIVIDADE

A páxina web que queremos recomendar, ofrece moita e interesante información sobre a selectividade. Xa dixemos noutra aportación que, no contexto galego, a web de obrigada visita para informarse sobre o acceso ó sistema universitario galego e a selectividade é a da Comisión Interuniversitaria de Galicia.
A web que recomedamos pode visitarse aquí e nela podemos atopar: 1)exames completos resoltos, 2)buscador de exercicios resoltos (9000), 3)información sobre o acceso á Universidade, 4)datos sobre a selectividade, 5) pautas -moi interesantes- sobre o comentario de texto, 6) estratexias e modelos de exames de Matemáticas, 7) definicións e conceptos de Xeografía e problemas de Economía (2º de Bacharelato).
18/05/2005 10:59 Enlace permanente. Tema: SELECTIVIDADE No hay comentarios. Comentar.

DO USO DA CALCULADORA NA SELECTIVIDADE

selectivo.jpgA calculadora estará permitida nas probas de acceso á universidade. Os alumnos/as de Matemáticas II poderán levar calculadora ás probas de acceso á universidade.
A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) anuncia o seu rexeitamento a tal medida.
A información facilitada pode lerse en Xornal.com
01/04/2005 18:48 Enlace permanente. Tema: SELECTIVIDADE Hay 1 comentario.