Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes al tema ORIENTARSE.

RECURSOS DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

RECURSOS DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

FONTES DE INFORMACIÓN EN INTERNET

ESPECIAL REFERENCIA AOS ESTUDOS UNIVERSITARIOS

06/05/2011 10:45 orientacion Enlace permanente. ORIENTARSE No hay comentarios. Comentar.
orientacion

50 PROFESIÓNS CON POUCAS MULLERES

50 PROFESIÓNS CON POUCAS MULLERES

Relación das 51 categorías profesionais

• Analistas de aplicacións e programadores/as informáticos/as de nivel medio
• Axentes de manobras ferroviarias
• Axustadores/as de máquinas de labrar madeira
• Bañista-socorrista
• Compositores/as, músicos/as e cantantes
• Condutores/as de autobuses
• Controladores/as de tráfico aéreo
• Detectives privados
• Dirección de departamento de operacións en empresas de comercio
• Dirección de organizacións empresariais, de sindicatos de traballadores/as e outras organizacións de interese socioeconómico
• Dirección doutros departamentos especializados
• Empregados/as de pompas fúnebres e embalsamadores/as
• Encargados/as en instalacións de procesamento de metais
• Encargado/a de operadores/as de maquinaria de movemento de terras e de materiais
• Encargado/a de operadores/as de máquinas para elaborar produtos alimenticios, bebidas e tabaco
• Encargo/a de operadores de máquinas para fabricar produtos químicos
• Ensambladores/as de produtos metálicos, de caucho e de plástico
• Físicos/as e astrónomos/as
• Mariñeiros/as de cuberta de barco e asimilados/as
• Mecánicos/as e axustadores/as de motores de avión
• Mergulladores/as
• Montadores/as de quipos electrónicos
• Montadores/as e empalmadores/as de cables
• Mozos/as de equipaxe e asimlados/as
• Músicos/as, cantantes e bailaríns/as de espectáculos en cabarés e similares
• Oficiais/oficialas maquinistas
• Operadores/as de equipos de filtración e separación de substancias químicas
• Operadores/as de maquinaria agrícola móbil
• Operadores/as de máquinas para elaborar té, café e cacao
• Operadores/as de máquinas para fabricar municións e explosivos
• Operadores/as de máquinas -ferramenta
• Operadores/as de máquinas para fabricar produtos farmacéuticos e cosméticos
• Operadores/as de máquinas para moer cereais e especias
• Operadores/as en instalacións de incineración, de tratamento de augas e outros operadores/as en plantas similares
• Operadores/as en instalacións de tratamento químico-térmico
• Operadores/as en instalacións de tratamento térmico de metais
• Outros diversos traballadores/as dos servizos de protección e seguridade
• Outros/as enxeñeiros/as superiores (excepto agropecuarios/as)
• Outros/as montadores/as e ensambladores/as
• Outros/as profesionais de nivel superior de informática
• Outros/as traballadores/as das obras estruturais de construción
• Outros/as traballadores/as diversos/as de acabado de construcións
• Pegadores/as
• Peóns/peoas de pesca
• Peóns/peoas de obras públicas e mantemento de estradas, presas e construcións similares
• Peóns/peoas forestais
• Peóns/peoas gandeiros/as
• Recolledores/as de lixo
• Traballadores/as cualificados/as por conta allea en actividades agropecuarias
• Taxadores/as e poxadores/as
• Xefes/as de equipo en instalacións de tratamento químico

15/12/2010 20:48 orientacion Enlace permanente. ORIENTARSE No hay comentarios. Comentar.

CONSELLOS DE ESTUDANTES UNIVERSITARIOS

ESQUEMA DA ACTIVIDADE FORMATIVA

Un grupo de alumnos e alumnas da Facultade de Educación da Universidade da Coruña procurará escribir algúns consellos para o alumnado máis novo, que cursa estudos de Bacharelato, Ciclos Formativos ou outras ensinanzas non universitarias.

Os consellos entre estudantes poden relacionarse con cuestións académicas (hábitos e técnicas de estudo), temas de orientación profesional (variables a ter en conta para tomar decisións de futuro eficaces) ou calquera tema que se considere interesante.

BLOG da actividade formativa: http://orientaconblog.blogspot.com

NOTA INFORMATIVA FINAL:

Por favor, cumprimentade o Cuestionario FINAL.

 

 

MOITAS GRAZAS A NEVES ARZA, PROFESORA QUE ORGANIZA A ACTIVIDADE E A TODOS OS MOZOS E MOZAS QUE FACEDES POSIBLE COA VOSA OPINIÓN ESTE PROCESO DE ORIENTACIÓN VIRTUAL.

11/11/2010 07:15 orientacion Enlace permanente. ORIENTARSE No hay comentarios. Comentar.

PROGRAMA INFORMÁTICO DE ORIENTACIÓN 2010/2011

20101030190537-img038.jpg

PROGRAMA INFORMÁTICO DE ORIENTACIÓN 2010/2011

O alumnado do I.E.S García Barbón de Verín -Ourense- poden descargar o programa

premendo nesta ligazón.

30/10/2010 19:05 orientacion Enlace permanente. ORIENTARSE No hay comentarios. Comentar.

TEST DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA DE EDUCAWEB

20100417204734-test1.jpg

Lemos no blog do Departamento de Orientación do IES Esteban Manuel de Villegas Nájera ( A Rioxa) unha interesante información sobre unha ferramenta que nos pode ser de moita utilidade no proceso de toma de decisións e orientación académica e profesional.

O test -que consta de 83 preguntas- de autoaplicación para a Orientación Académica e Profesional de EDUCAWEB, destinado a persoas maiores de 16 anos, pretende identificar os gustos, as preferencias e ios ntereses do adolescente e provocar a reflexión -organizar ideas- e a planificación do seu futuro.

AXUDA PARA A TOMA DE DECISIÓNS ACADÉMICAS

20100414131628-orion.jpg

AXUDA PARA A TOMA DE DECISIÓNS ACADÉMICAS

 

O Proxecto Orión pretende ser unha feramenta para axudar na toma de decisións académicas e profesionais dos adolescentes.

O primeiro paso no proceso de axuda é o rexistro na páxina web do Proxecto Orión.

14/04/2010 13:16 orientacion Enlace permanente. ORIENTARSE No hay comentarios. Comentar.

GUÍA DICES DE CARREIRAS E ESTUDOS SUPERIORES

20100219184347-dices.jpg

GUÍA DICES DE CARREIRAS E ESTUDOS SUPERIORES

2009/2010

Información sobre a Guía DICES

Máis información sobre DICES e outras publicacións de Infoempleo.

19/02/2010 18:44 orientacion Enlace permanente. ORIENTARSE No hay comentarios. Comentar.

RECURSOS PARA ORIENTARSE


Lunapic Photo Editing

RECURSOS PARA ORIENTARSE

 

I.E.S.  GARCÍA BARBÓN

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

http://orientacion.blogia.com

 

 

CUESTIONARIOS E TESTS DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL

 

 

PROGRAMA INFORMÁTICO ORIENTA 2010

 

 

BOLSAS E AXUDAS DO M.E.P.S.Y.D.

 

 

REVISTAS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA

 

1.- TOMA NOTA

 

2.- QESTUDIO.COM

 

 

INFORMACIÓN SOBRE CICLOS FORMATIVOS 2009/2010

 

 

NOTAS DE CORTE

 

 

TITULACIÓNS DAS UNIVERSIDADES GALEGAS

 

 

LIGAZÓNS DE INTERESE

 

AS WEBS RECOMENDADAS

 

 

 

12/12/2009 13:33 orientacion Enlace permanente. ORIENTARSE No hay comentarios. Comentar.

REVISTA TOMA NOTA

20091207193941-revistatn.jpg

Revista Toma Nota - Infoempleo.com

O portal infoempleo.com edita de maneira bimensual unha publicación xuvenil sen coste que podemos consultar en internet.

A finalidade principal é ofrecer asesoramento e orientación á xuventude sobre o seu futuro académico e profesional.

Revista Toma Nota - Infoempleo.com

07/12/2009 19:39 orientacion Enlace permanente. ORIENTARSE No hay comentarios. Comentar.

PROGRAMA INFORMÁTICO DE ORIENTACIÓN ESCOLAR 2010

20091101192923-orienta2010.jpg

PROGRAMA INFORMÁTICO DE ORIENTACIÓN ESCOLAR 2010

PARA O ALUMNADO DO IES GARCÍA BARBÓN

Etiquetas:

01/11/2009 19:32 orientacion Enlace permanente. ORIENTARSE No hay comentarios. Comentar.

A TÚA INFORMACIÓN ACADÉMICA EN MISTER-WONG

20090610212616-lunapic-124465689931610.gif

 

A TÚA INFORMACIÓN ACADÉMICA EN MISTER-WONG

 

Navegar por internet e saber manexarse entre a grande cantidade e diversa calidade dos recursos que nos proporciona, require da posta en marcha de estratexias para almacenar, organizar e compartir a información que consideramos útil, fiable e interesante. Por iso, insisto de novo na utilidade e interese de saber usar mister-wong.

Na parte dereita da páxina de MISTER-WONG.ES/USER/DVEIGATIC aparecen as etiquetas -tags- que se utilizaron para clasificar as ligazóns almacenadas. Por exemplo, si premedes no termo “selectividade” a aplicación mostra todos os recursos que se consideraron interesantes para informar sobre o tema da selectividade.

Animo ao alumnado a crear a súa conta en mister-wong e a almacenar, clasificar e compartir as súas ligazóns como xa fixo Eric Macia.

 

11/06/2009 07:41 orientacion Enlace permanente. ORIENTARSE No hay comentarios. Comentar.

INFORMACIÓN ACADEMICA A TÚA MEDIDA


Lunapic Photo Editing

Internet é unha ferramenta que temos que saber utilizar para o noso traballo habitual actual e -de maneira máis especializada- no futuro. Como aprendices permanentes que somos todos e todas imos procurar sacarlle partido a algunha das aplicacións que nos facilta o que se ten dado en chamar a WEB 2.0.

En concreto, o recurso que presento é un grupo de webs  -que proceden de  distintas fontes informativas e que se actualizan habitualmente- relacionadas coa información académica e profesional  e organizadadas  mediante o uso de etiquetas-. A aplicación é un marcador social que se chama MISTER-WONG.ES.

http://mister-wong.es/user/dveigatic

 

28/05/2009 21:15 orientacion Enlace permanente. ORIENTARSE No hay comentarios. Comentar.

PORTAL DE ORIENTACIÓN

20090216132219-16-2-2009-12.2.19-1.jpg

Dispomos dun novo portal de Orientación (http://www.kekiero.es/) creado por un equipo de orientadores. A páxina web facilita información para o alumnado e as súas familias e nela podemos dispor dos seguintes apartados:

----- Orientación: apartado relacionado coa toma de decisións a partir de ter cursado 4º de Educación Secundaria Obrigatoria. Facilita tests de orientación profesional e informa sobre o Bacharelato e a selectividade.

----- Universidade: facilita información, entre outras cuestións, sobre o acceso á Universidade, as titulacións actuais e a reforma dos estudos universitarios.

----- Técnicas de Estudo: apartado que inclúe tests sobre técnicas de estudo e recomendacións para organizar o estudo e mellorar o rendemento académico.

Complementariamente, sinalar que incorpora información sobre Psicoloxía e Formación e Orientación Laboral.

Para rematar, anotar que conta con información para as familias do alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria e para as familias do alumnado de Bacharelato.

TESTS E CUESTIONARIOS DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL

20081023110032-23-10-2008-11.10.52-1.jpg

1.- Test de orientación profesional

2.- Elixe profesión (facilita unha guía de profesións)

3.- Test de Orientación profesional (64 preguntas)

4.- Test de Orientación Profesional

(Inclúe moita información sobre titulacións universitarias pero é preciso darse de alta na páxina)

Máis información sobre tests e cuestionarios aquí.

 

23/10/2008 11:00 orientacion Enlace permanente. ORIENTARSE No hay comentarios. Comentar.

FORUM ORIENTA 2008

20080310132939-xunta.jpg

Finalidade xeral de Forum Orienta 2008

 Promoción, achegamento e difusión da oferta de ensino superior en Galicia para o alumnado de bacharelato e de formación profesional dos centros de educación secundaria da Comunidade Autónoma de Galicia.
 
Máis información na web de Forum Orienta 2008 

MAIOR ORIENTACIÓN LABORAL PARA OS ESTUDANTES DE BACHARELATO

20071016095938-lvg.jpg

Nove de cada dez alumnos decidiron en só dous días a súa carreira universitaria

Os expertos reclaman unha maior orientación laboral dos estudantes durante o Bacharelato.

A opinión dos pais e compañeiros xoga un papel predominante na elección.

FONTE: La Voz de Galicia. (30/06/2007)

 

FEIRA VIRTUAL DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA (UNIVERSIA)

20070618202734-universian.jpg

Unha aposta orientadora para os futuros/as universitarios/as creativa e moi entretida a que nos ofrece Universia na súa Feira Virtual de Orientación.

FONTE INFORMATIVA: http://orientacion2007.wordpress.com/2007/06/15/88/  (Begoña Mena Bonilla)

18/06/2007 20:27 orientacion Enlace permanente. ORIENTARSE No hay comentarios. Comentar.

NOVA REVISTA DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL

20070306185344-questudio.gif

 

     Unha proposta informativa sobre temas de orientación académica e profesional dirixida aos adolescentes. Trátase dunha publicación en internet que nos facilita EDUCAWEB

SOBRE A NOVA REVISTA DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL

 

07/03/2007 13:16 orientacion Enlace permanente. ORIENTARSE No hay comentarios. Comentar.

GUÍA DE ORIENTACIÓN: UNHA FERRAMENTA DE AXUDA DE MOITA CALIDADE

20070114193203-n14-1-2007-19.1.23-1.jpg
 
UNHA FERRAMENTA DE AXUDA DE MOITA CALIDADE 
23/01/2007 20:47 orientacion Enlace permanente. ORIENTARSE No hay comentarios. Comentar.

ENTRE ESTUDIANTES, UNHA REVISTA INTERESANTE

20070112204147-cabecera-entreestudiantes.jpg

A revista Entre Estudiantes -fonte de información de moito interese - é un recurso de información académica e profesional do que dispomos -xa fai tempo - de maneira habitual no noso traballo orientador. No Departamento de Orientación temos á disposición do alumnado unha manchea de números da antedita revista.

Hemeroteca de "Entre Estudiantes"

12/01/2007 20:39 orientacion Enlace permanente. ORIENTARSE No hay comentarios. Comentar.

APRENDER SOBRE OCUPACIÓNS LABORAIS E HABILIDADES SOCIAIS NA ESCOLA

20061211133348-1aula.jpg

AULA DIDÁCTICA DOS OFICIOS E OCUPACIÓNS

O taller de emprego Aula Oupacional do Concello de San Martín (Asturias) creou un equipo de traballo que elaborou 24 contos ilustrados sobre as ocupacións laborais e as habilidades sociais para estudantes de Primaria e primeiro ciclo de Secundaria.

A páxina web da Aula Didáctica dos Oficios e Ocupacións

presenta información sobre a realidade formativa, laboral e empresarial mediante o uso de contos, cómics, animacións e xogos interactivos coa pretensión de informar ó alumnado sobre as ocupacións existentes, a súa importancia e a súa demanda no mercado laboral.


Guía didáctica para o profesorado .

Un traballo moi interesante e necesario.  

11/12/2006 13:33 orientacion Enlace permanente. ORIENTARSE No hay comentarios. Comentar.

PROGRAMA INFORMÁTICO ORIENTA 2006/07

20061113190200-orienta2007a.jpg

A versión 2006/2007 do programa informático de Orientación Escolar "ORIENTA 2007" de Julián Sádaba, incorpora, por primeira vez, unha versión en galego. Felicitamos o autor pola iniciativa de traducción do Programa Orienta 2007.

O programa informático -que xa é unha ferramenta de uso habitual nos Departamentos de Orientación- presenta a posibilidade de realizar distintos cuestionarios de orientación (para o alumnado de Bacharelato, de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria) e un máis de profesións.

O alumno/a ten a posibilidade de informarse, entre outras cuestións, sobre os estudos de Formación Profesional (Ciclos de grao medio e de grao superior), os estudos universitarios, as dobres titulacións e as universidades.

Unha ferramenta de axuda.

LECTURAS PARA ORIENTARSE NO MUNDO UNIVERSITARIO

20060804182003-libro-002.jpg

Un libro para orientarse no mundo universitario e laboral. Unha experiencia persoal e profesional que nos pode axudar a coñecer mellor o mundo das saídas profesionais das carreiras universitarias -estudos científico/técnicos-.

Autor: Carlos Álvarez Madrigal (2005)

Título: Carreras universitarias: ¿merece la pena el sacrificio?.

Editorial: Nuevos Escritores.

Cidade: Madrid. 

04/08/2006 18:20 orientacion Enlace permanente. ORIENTARSE No hay comentarios. Comentar.

PLAN DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL: RECURSOS

20060508135821-oripro.pngPara levar adiante as tarefas do Plan de orientación Profesional é preciso dispoñer de recursos e materiais específicos. Para facilitar a labor informadora e asesora dos Departamentos de Orientación, a Xunta de Galicia proporciona o programa de Orientación Profesional ORIPRO e un vídeo didáctico sobre a entrevista de traballo. Todo elo, podemos consultalo aquí.
08/05/2006 13:54 orientacion Enlace permanente. ORIENTARSE No hay comentarios. Comentar.

GUÍA DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA

20060328201607-ori89.jpg

Presentamos unha páxina de información sobre os estudos universitarios, unha Guía de Orientación Universitaria . Consideramos que se trata dunha ferramenta informativa moi completa -consta de 45 cadernos informativos- que facilita información, entre outros moitos aspectos,  sobre as saídas profesionais e laborais das setenta titulacións máis demandadas.

A finalidade é procurar axudar ó alumnado a reflexionar e tomar unha decisión madura e realista sobre o seu futuro.

28/03/2006 20:14 orientacion Enlace permanente. ORIENTARSE No hay comentarios. Comentar.

A CLAVE DO TRABALLO DA/O ORIENTAD@R É A COLABORACIÓN

20060119190305-ana.gif

A compañeira Ana Torres acaba de publicar no xornal La Voz de Galicia unha interesante aportación sobre o traballo das/os orientadoras/es nos centros educativos.

Na súa aportación sinala, entre outros aspectos, a necesidade de plantexar a tarefa orientadora como un traballo colaborativo co conxunto da comunidade educativa.

19/01/2006 18:59 orientacion Enlace permanente. ORIENTARSE No hay comentarios. Comentar.

UNHA NOVA GUÍA DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL

20051127182544-marpaisapict0335.jpgA Guía de Orientación Profesional, recurso moi valioso para saber sobre as profesións, [sen discriminacións sexistas] da conta das distintas profesións (descrición de cada unha, saída laboral, estudos necesarios, aptitudes requeridas e referencia a unha muller que destacase na profesión). Inclúe un test.
A información sobre a Guía de Orientación Profesional procede da:
páxina de orientación educativa -Orientasiloe-
e do Blog Carolinaorienta.
18/10/2005 18:52 Enlace permanente. ORIENTARSE No hay comentarios. Comentar.

O FRACASO NA UNIVERSIDADE E A NECESIDADE DE ORIENTACIÓN, INFORMACIÓN E ASESORAMENTO.

20051029185736-images6-jpgNa Universidade de Cádiz, o profesor Manuel García sinalou que o abandono dos estudos universitarios é do 30 ao 50% no alumnado que se matricula {información que se repite no informe da OCDE para o conxunto do alumnado universitario}, media que chega ao 90% nas carreiras técnicas. Manuel García apunta como unha das causas do fracaso a falla de orientación e de madureza vocacional dos adolescentes {que orixina erros na toma de decisións no 70% dos casos}

Noutro estudo realizado pola Fundación Universidade Empresa, faise fincapé, -diante da falla de orientación dos estudantes para tomar decisións sobre o seu futuro académico e profesional- entre outras interesantes informacións, no elevado interese público da posta en marcha de actuacións de orientación, información e asesoramento académico e profesional.

Informacións da Universidade de Vigo
Só un 8% dos matriculados nos ciclos longos rematan no tempo previsto. No caso dos ciclos curtos, 0 40% dos estudantes pasan nas aulas o doble do tempo preciso
27/09/2005 16:24 Enlace permanente. ORIENTARSE No hay comentarios. Comentar.

O PAPEL DA FAMILIA NA ORIENTACIÓN PROFESIONAL

20051029191358-images-jpgO papel da familia na orientación profesional é un documento breve e interesante para axudar ás familias nas tarefas de orientación académica e profesional dos seus fillos e fillas (14-18 anos).

Outras aportacións de interese para as familias e os/as adolescentes

Diario de un adolescente -materiais sobre anorexia, bulimia, drogas, cine, libros, etc.-

Adolescencia: etapa desconcertante
13/09/2005 10:51 Enlace permanente. ORIENTARSE No hay comentarios. Comentar.

APRENDER A TOMAR DECISIÓNS

20051129204407-30pict0474.jpgSaber tomar decisións sobre o noso futuro académico e profesional -eficazmente- é unha tarefa que require unha aprendizaxe específica que, xeralmente, temos un tanto relegada ou non consideramos importante.
Coa finalidade de axudar a melllorar o noso proceso de toma de decisións queremos recomendar dúas aportacións.
A primeira da web de EDUCAWEB. Podemos ler información sobre a importancia da orientación, os aspectos a ter en conta antes de tomar unha decisión e os elementos que inflúen na toma de decisións.
A segunda, dunha orientadora -María Crespo-, describe, paso a paso, as cuestións que temos que ter en conta antes de tomar unha decisión e facilita cuestionarios que nos axudan nese proceso.
08/09/2005 12:58 Enlace permanente. ORIENTARSE No hay comentarios. Comentar.

EDUCACIÓN, FORMACIÓN E TRABALLO

educaweb.gifA páxina web pioneira e con máis amplitude de contidos de información académica e profesional é, sen dúbida, EDUCAWEB.
É complexo explicar en poucas liñas a variedade e calidade da información que se pode consultar nesta web. Toda a información sobre os estudos e a formación en España, servizos de orientación académica e profesional, monográficos e publicacións periódicas, etc.
Nesta nosa pequena aportación queremos recomendar a información que se proporciona sobre os estudos universitarios e de Formación Profesional.
07/09/2005 19:52 Enlace permanente. ORIENTARSE No hay comentarios. Comentar.

GUÍA DE ORIENTACIÓN DO ESTUDANTE

supe.gifA Guía de Orientación do estudante é unha páxina web que se dirixe ó alumnado de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e 2º de Bacharelato, cunha oferta informativa sobre os estudos regrados.
A Guía de Orientación presenta un deseño atractivo e colorista no que se ofrece unha ampla información sobre:
* Formación Superior. Másters e Cursos.
* Estudos Universitarios.
* Artes Plásticas e Deseño.
* Ensinanzas de Réxime Especial.
* Formación Profesional.
07/09/2005 11:10 Enlace permanente. ORIENTARSE No hay comentarios. Comentar.

PORTAL DE ORIENTACIÓN DO M.E.C.D.

index_03.gif O Portal de Orientación do M.E.C.D. constitúe unha fonte de recursos informativos sobre estudos, profesións e emprego de elevado interese, moi completo e de coidado deseño.
É unha referencia de obrigada consulta para as persoas que precisen información, entre outras, sobre as seguíntes cuestións:
* Oportunidades de aprendizaxe (Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato, Ciclos Formativos -Grao medio e Superior- Artes Plásticas e Deseño, Estudos de Danza, Estudos Musicais e Ensinanzas Deportivas.
* Información sobre profesións (grupos de ocupacións).
* Oportunidades de emprego.
07/09/2005 20:40 Enlace permanente. ORIENTARSE No hay comentarios. Comentar.

SERVIZO DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA

Unha das moitas páxinas que podemos consultar en internet para informarnos sobre os estudos universitarios é a de EDUCARED.
Na páxina antedita podemos ver exames de selectividade resoltos de distintas asignaturas: Matemáticas, Física, Debuxo Técnico, Filosofia, etc.
Proporciona elementos de reflexión para coñecerse mellor , entre outros, sobre as nosas actitudes, personalidade, gustos,intereses e capacidades.
Facilita información institucional sobre o sistema universitario español, as titulacións, os centros universitarios, notas de corte e becas.
Para rematar, podemos visitar o apartado de información universitaria con datos, entre outros, sobre os plans de estudo e centros, residencias universitarias e colexios maiores.
16/05/2005 17:14 Enlace permanente. ORIENTARSE No hay comentarios. Comentar.

GUÍA DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA

orienton.gifA Guía de Orientación Universitaria (G.O.U.) é unha iniciativa da Universidade Autónoma e da Universidade Politécnica de Madrid. Podemos ler información sobre distintas carreiras e ESCOITAR a opinión de alumnos/as, profesores/as e investigadores/as.
No ámbito das Ciencias Experiemntais informa sobre: Bioloxía, Ciencias Ambientais, Física, Medicina, Matemáticas, Psicoloxía e Química.
Nas Ensinanzas Técnicas podemos documentarnos sobre: Arquitectura, Enxeñerías (Aeronáutica, Agrónoma, Camiños, Minas, Montes, Telecomunicacións, Industrial, Informática e Naval e Oceánica).
No ámbito das Ciencias Sociais e Xurídicas temos datos de: Administración e Dirección de Empresas, Ciencias da Información, dereito e Economía).
Para rematar, en Humanidades facilita información sobre: Filoloxía (Árabe e Islam, Clásica, Francesa, Hispánica e Inglesa), Filosofía, Xeografía, Historia e Historia da Arte.
Non deixes de visitar a web da Guía de Orientación Universitaria.
12/04/2005 20:41 Enlace permanente. ORIENTARSE No hay comentarios. Comentar.

Orientación profesional no Bacharelato

faro3t.gifA utilización de internet como ferramenta para as tarefas de información académica e profesional fixo posible a selección de distintas páxinas web que consideramos de interese.
Neste caso, facilítase información sobre distintos perfís profesionais. Entre outros datos, podemos ler información sobre as características da titulación, o perfil do estudante e as saídas profesionais.
RAMA TÉCNICA.
HUMANIDADES.
CIENCIAS SOCIAIS E XURÍDICAS.
CIENCIAS EXPERIMENTAIS E DA SAÚDE.
DANZA, MÚSICA, DESEÑO E ARTE DRAMÁTICO.
15/03/2005 17:14 Enlace permanente. ORIENTARSE No hay comentarios. Comentar.

REVISTA "ENTRE ESTUDIANTES"

20PICT0955.jpgA revista ENTRE ESTUDIANTES é un dos recursos de información académica e profesional que nos aporta datos de interese para poder tomar decisións máis documentadas. Facilita información sobre carreiras universitarias -coa opinión de profesorado e alumnado-, ciclos formativos e outros estudos.
A páxina web da revista pode consultarse aquí.
14/03/2005 19:27 Enlace permanente. ORIENTARSE No hay comentarios. Comentar.

Cuestionarios e tests de orientación académica (1)

ordenador1.gif

En internet podemos realizar tests e cuestionarios de orientación profesional. Para mostra visita a páxina. É un test de orientación profesional de 64 preguntas -con catro alternativas de resposta-. Outra posibilidade facilítacha a páxina web seguinte. Outro test de orientación profesional de maior amplitude (156 preguntas) con catro posibles respostas.

Cuestionario de formación profesional .-


 

Etiquetas:

A NOSA INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

images6.jpgA finais de 2003 -no mes de outubro- presentamos un traballo sobre internet e a orientación: selección de webs de información académica e profesional na Educación Secundaria. Tal artigo pode consultarse na páxina web do Congreso Iberoamericano de Comunicación e Educación "Luces en el laberinto audiovisual"
Posteriormente, presentamos dous traballos máis: no ano 2004 no Congreso Internacional Virtual de Educación CIVE 2004, sobre a información académica e profesional no Bacharelato, e no ano 2005 no Congreso Internacional Virtual de Educación 2005, CIVE 2005, sobre a información académica e profesional nos ciclos formativos de Formación Profesional.
24/02/2005 23:20 Enlace permanente. ORIENTARSE No hay comentarios. Comentar.

A oferta de formación profesional en DVD

Para o alumnado interesado en cursar a Formación
Profesional Específica -de grao medio ou superior-,
contamos coa información audiovisual que nos
facilitan dous DVD. Para maior información consultar
no Departamento de Orientación ou visitar a web
de Orientación Visual.
22/02/2005 19:03 Enlace permanente. ORIENTARSE No hay comentarios. Comentar.

Vídeos de carreiras universitarias

No Departamento de Orientación contamos con distintos
vídeos sobre carreiras universitarias para uso do
alumnado. Máis información no Departamento de
Orientación e na web de Orientación Visual.
22/02/2005 17:55 Enlace permanente. ORIENTARSE No hay comentarios. Comentar.

Programa ORIENTA 2005

O alumnado do IES García Barbón que teña interese
no programa informático de orientación -Orienta 2005-
pode solicitar unha copia no Departamento de Orientación.
Para completar a información sobre o programa, podemos
visitar a web do autor.

Un cd-rom de orientación: ORIENTARSE

Elaboramos un cd-rom de Recursos de Información Académica e Profesional que bautizamos co nome de "ORIENTARSE", del falamos no Congreso Internacional Virtual de Educación 2003 -CIVE 2003-.Do conxunto do traballo realizado entre o ano 2000 e o 2003 demos conta no Congreso Virtual Educa 2003. Para coñecer o contido de tal comunicación consultar na páxina de Virtual Educa.
21/02/2005 23:16 Enlace permanente. ORIENTARSE No hay comentarios. Comentar.

Facendo algo de historia.....

deorien.jpgA partir do mes de setembro de 1999, momento no que se constitúe o Departamento de Orientación do IES García Barbón de Verín -OURENSE-, unhas das teimas do noso quefacer pedagóxico vai ser a de potenciar o uso de internet como recurso de información académica e profesional. Froito deste traballo, demos a coñecer a experiencia educativa no Congreso de Educared 2003.
21/02/2005 17:19 Enlace permanente. ORIENTARSE No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris