Se muestran los artículos pertenecientes al tema ORIENTARSE.
10/03/2008
FORUM ORIENTA 2008


Finalidade xeral de Forum Orienta 2008
Promoción, achegamento e difusión da oferta de ensino superior en Galicia para o alumnado de bacharelato e de formación profesional dos centros de educación secundaria da Comunidade Autónoma de Galicia.16/10/2007
MAIOR ORIENTACIÓN LABORAL PARA OS ESTUDANTES DE BACHARELATO

Nove de cada dez alumnos decidiron en só dous días a súa carreira universitaria
Os expertos reclaman unha maior orientación laboral dos estudantes durante o Bacharelato.A opinión dos pais e compañeiros xoga un papel predominante na elección.
FONTE: La Voz de Galicia. (30/06/2007)
18/06/2007
FEIRA VIRTUAL DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA (UNIVERSIA)

Unha aposta orientadora para os futuros/as universitarios/as creativa e moi entretida a que nos ofrece Universia na súa Feira Virtual de Orientación.
FONTE INFORMATIVA: http://orientacion2007.wordpress.com/2007/06/15/88/ (Begoña Mena Bonilla)
12/04/2007
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL
07/03/2007
NOVA REVISTA DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL

Unha proposta informativa sobre temas de orientación académica e profesional dirixida aos adolescentes. Trátase dunha publicación en internet que nos facilita EDUCAWEB.
SOBRE A NOVA REVISTA DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL
23/02/2007
FERRAMENTAS DE INTERESE PARA A AUTOORIENTACIÓN ACADÉMICA E LABORAL

Un proxecto innovador e cheo de ferramentas para posibilitar a autoorientación académica e laboral .
Ocupacións e sectores de actividade
23/01/2007
GUÍA DE ORIENTACIÓN: UNHA FERRAMENTA DE AXUDA DE MOITA CALIDADE
12/01/2007
ENTRE ESTUDIANTES, UNHA REVISTA INTERESANTE

A revista Entre Estudiantes -fonte de información de moito interese - é un recurso de información académica e profesional do que dispomos -xa fai tempo - de maneira habitual no noso traballo orientador. No Departamento de Orientación temos á disposición do alumnado unha manchea de números da antedita revista.
13/12/2006
E LOGO, TI ¿QUÉ VAS FACER?
11/12/2006
APRENDER SOBRE OCUPACIÓNS LABORAIS E HABILIDADES SOCIAIS NA ESCOLA

AULA DIDÁCTICA DOS OFICIOS E OCUPACIÓNS
O taller de emprego Aula Oupacional do Concello de San Martín (Asturias) creou un equipo de traballo que elaborou 24 contos ilustrados sobre as ocupacións laborais e as habilidades sociais para estudantes de Primaria e primeiro ciclo de Secundaria.
A páxina web da Aula Didáctica dos Oficios e Ocupacións
presenta información sobre a realidade formativa, laboral e empresarial mediante o uso de contos, cómics, animacións e xogos interactivos coa pretensión de informar ó alumnado sobre as ocupacións existentes, a súa importancia e a súa demanda no mercado laboral.
Guía didáctica para o profesorado .
Un traballo moi interesante e necesario.
13/11/2006
PROGRAMA INFORMÁTICO ORIENTA 2006/07

A versión 2006/2007 do programa informático de Orientación Escolar "ORIENTA 2007" de Julián Sádaba, incorpora, por primeira vez, unha versión en galego. Felicitamos o autor pola iniciativa de traducción do Programa Orienta 2007.
O programa informático -que xa é unha ferramenta de uso habitual nos Departamentos de Orientación- presenta a posibilidade de realizar distintos cuestionarios de orientación (para o alumnado de Bacharelato, de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria) e un máis de profesións.
O alumno/a ten a posibilidade de informarse, entre outras cuestións, sobre os estudos de Formación Profesional (Ciclos de grao medio e de grao superior), os estudos universitarios, as dobres titulacións e as universidades.
Unha ferramenta de axuda.
16/10/2006
GUÍA DO MUNDO DAS OCUPACIÓNS (GWO) (2ª parte)

13/10/2006
GUÍA DO MUNDO DAS OCUPACIÓNS (GWO) (1ª parte)

04/08/2006
LECTURAS PARA ORIENTARSE NO MUNDO UNIVERSITARIO

Un libro para orientarse no mundo universitario e laboral. Unha experiencia persoal e profesional que nos pode axudar a coñecer mellor o mundo das saídas profesionais das carreiras universitarias -estudos científico/técnicos-.
Autor: Carlos Álvarez Madrigal (2005)
Título: Carreras universitarias: ¿merece la pena el sacrificio?.
Editorial: Nuevos Escritores.
Cidade: Madrid.
08/05/2006
PLAN DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL: RECURSOS
Para levar adiante as tarefas do Plan de orientación Profesional é preciso dispoñer de recursos e materiais específicos. Para facilitar a labor informadora e asesora dos Departamentos de Orientación, a Xunta de Galicia proporciona o programa de Orientación Profesional ORIPRO e un vídeo didáctico sobre a entrevista de traballo. Todo elo, podemos consultalo aquí.28/03/2006
GUÍA DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA

Presentamos unha páxina de información sobre os estudos universitarios, unha Guía de Orientación Universitaria . Consideramos que se trata dunha ferramenta informativa moi completa -consta de 45 cadernos informativos- que facilita información, entre outros moitos aspectos, sobre as saídas profesionais e laborais das setenta titulacións máis demandadas.
A finalidade é procurar axudar ó alumnado a reflexionar e tomar unha decisión madura e realista sobre o seu futuro.
19/01/2006
A CLAVE DO TRABALLO DA/O ORIENTAD@R É A COLABORACIÓN

A compañeira Ana Torres acaba de publicar no xornal La Voz de Galicia unha interesante aportación sobre o traballo das/os orientadoras/es nos centros educativos.
Na súa aportación sinala, entre outros aspectos, a necesidade de plantexar a tarefa orientadora como un traballo colaborativo co conxunto da comunidade educativa.
18/10/2005
UNHA NOVA GUÍA DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL
A Guía de Orientación Profesional, recurso moi valioso para saber sobre as profesións, [sen discriminacións sexistas] da conta das distintas profesións (descrición de cada unha, saída laboral, estudos necesarios, aptitudes requeridas e referencia a unha muller que destacase na profesión). Inclúe un test.A información sobre a Guía de Orientación Profesional procede da:
páxina de orientación educativa -Orientasiloe-
e do Blog Carolinaorienta.
27/09/2005
O FRACASO NA UNIVERSIDADE E A NECESIDADE DE ORIENTACIÓN, INFORMACIÓN E ASESORAMENTO.
Noutro estudo realizado pola Fundación Universidade Empresa, faise fincapé, -diante da falla de orientación dos estudantes para tomar decisións sobre o seu futuro académico e profesional- entre outras interesantes informacións, no elevado interese público da posta en marcha de actuacións de orientación, información e asesoramento académico e profesional.
Informacións da Universidade de Vigo
Só un 8% dos matriculados nos ciclos longos rematan no tempo previsto. No caso dos ciclos curtos, 0 40% dos estudantes pasan nas aulas o doble do tempo preciso
13/09/2005
O PAPEL DA FAMILIA NA ORIENTACIÓN PROFESIONAL
Outras aportacións de interese para as familias e os/as adolescentes
Diario de un adolescente -materiais sobre anorexia, bulimia, drogas, cine, libros, etc.-
Adolescencia: etapa desconcertante
08/09/2005
APRENDER A TOMAR DECISIÓNS
Saber tomar decisións sobre o noso futuro académico e profesional -eficazmente- é unha tarefa que require unha aprendizaxe específica que, xeralmente, temos un tanto relegada ou non consideramos importante. Coa finalidade de axudar a melllorar o noso proceso de toma de decisións queremos recomendar dúas aportacións.
A primeira da web de EDUCAWEB. Podemos ler información sobre a importancia da orientación, os aspectos a ter en conta antes de tomar unha decisión e os elementos que inflúen na toma de decisións.
A segunda, dunha orientadora -María Crespo-, describe, paso a paso, as cuestións que temos que ter en conta antes de tomar unha decisión e facilita cuestionarios que nos axudan nese proceso.
07/09/2005
EDUCACIÓN, FORMACIÓN E TRABALLO
A páxina web pioneira e con máis amplitude de contidos de información académica e profesional é, sen dúbida, EDUCAWEB.É complexo explicar en poucas liñas a variedade e calidade da información que se pode consultar nesta web. Toda a información sobre os estudos e a formación en España, servizos de orientación académica e profesional, monográficos e publicacións periódicas, etc.
Nesta nosa pequena aportación queremos recomendar a información que se proporciona sobre os estudos universitarios e de Formación Profesional.
GUÍA DE ORIENTACIÓN DO ESTUDANTE
A Guía de Orientación do estudante é unha páxina web que se dirixe ó alumnado de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e 2º de Bacharelato, cunha oferta informativa sobre os estudos regrados.A Guía de Orientación presenta un deseño atractivo e colorista no que se ofrece unha ampla información sobre:
* Formación Superior. Másters e Cursos.
* Estudos Universitarios.
* Artes Plásticas e Deseño.
* Ensinanzas de Réxime Especial.
* Formación Profesional.
PORTAL DE ORIENTACIÓN DO M.E.C.D.
O Portal de Orientación do M.E.C.D. constitúe unha fonte de recursos informativos sobre estudos, profesións e emprego de elevado interese, moi completo e de coidado deseño.É unha referencia de obrigada consulta para as persoas que precisen información, entre outras, sobre as seguíntes cuestións:
* Oportunidades de aprendizaxe (Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato, Ciclos Formativos -Grao medio e Superior- Artes Plásticas e Deseño, Estudos de Danza, Estudos Musicais e Ensinanzas Deportivas.
* Información sobre profesións (grupos de ocupacións).
* Oportunidades de emprego.
16/05/2005
SERVIZO DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA
Na páxina antedita podemos ver exames de selectividade resoltos de distintas asignaturas: Matemáticas, Física, Debuxo Técnico, Filosofia, etc.
Proporciona elementos de reflexión para coñecerse mellor , entre outros, sobre as nosas actitudes, personalidade, gustos,intereses e capacidades.
Facilita información institucional sobre o sistema universitario español, as titulacións, os centros universitarios, notas de corte e becas.
Para rematar, podemos visitar o apartado de información universitaria con datos, entre outros, sobre os plans de estudo e centros, residencias universitarias e colexios maiores.
12/04/2005
GUÍA DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA
A Guía de Orientación Universitaria (G.O.U.) é unha iniciativa da Universidade Autónoma e da Universidade Politécnica de Madrid. Podemos ler información sobre distintas carreiras e ESCOITAR a opinión de alumnos/as, profesores/as e investigadores/as. No ámbito das Ciencias Experiemntais informa sobre: Bioloxía, Ciencias Ambientais, Física, Medicina, Matemáticas, Psicoloxía e Química.
Nas Ensinanzas Técnicas podemos documentarnos sobre: Arquitectura, Enxeñerías (Aeronáutica, Agrónoma, Camiños, Minas, Montes, Telecomunicacións, Industrial, Informática e Naval e Oceánica).
No ámbito das Ciencias Sociais e Xurídicas temos datos de: Administración e Dirección de Empresas, Ciencias da Información, dereito e Economía).
Para rematar, en Humanidades facilita información sobre: Filoloxía (Árabe e Islam, Clásica, Francesa, Hispánica e Inglesa), Filosofía, Xeografía, Historia e Historia da Arte.
Non deixes de visitar a web da Guía de Orientación Universitaria.
15/03/2005
Orientación profesional no Bacharelato
A utilización de internet como ferramenta para as tarefas de información académica e profesional fixo posible a selección de distintas páxinas web que consideramos de interese.Neste caso, facilítase información sobre distintos perfís profesionais. Entre outros datos, podemos ler información sobre as características da titulación, o perfil do estudante e as saídas profesionais.
RAMA TÉCNICA.
HUMANIDADES.
CIENCIAS SOCIAIS E XURÍDICAS.
CIENCIAS EXPERIMENTAIS E DA SAÚDE.
DANZA, MÚSICA, DESEÑO E ARTE DRAMÁTICO.
14/03/2005
REVISTA "ENTRE ESTUDIANTES"
A revista ENTRE ESTUDIANTES é un dos recursos de información académica e profesional que nos aporta datos de interese para poder tomar decisións máis documentadas. Facilita información sobre carreiras universitarias -coa opinión de profesorado e alumnado-, ciclos formativos e outros estudos.A páxina web da revista pode consultarse aquí.
03/03/2005
Cuestionarios e tests de orientación académica (1)

En internet podemos realizar tests e cuestionarios de orientación profesional. Para mostra visita a páxina. É un test de orientación profesional de 64 preguntas -con catro alternativas de resposta-. Outra posibilidade facilítacha a páxina web seguinte. Outro test de orientación profesional de maior amplitude (156 preguntas) con catro posibles respostas.
Cuestionario de formación profesional .-
24/02/2005
A NOSA INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL
A finais de 2003 -no mes de outubro- presentamos un traballo sobre internet e a orientación: selección de webs de información académica e profesional na Educación Secundaria. Tal artigo pode consultarse na páxina web do Congreso Iberoamericano de Comunicación e Educación "Luces en el laberinto audiovisual"Posteriormente, presentamos dous traballos máis: no ano 2004 no Congreso Internacional Virtual de Educación CIVE 2004, sobre a información académica e profesional no Bacharelato, e no ano 2005 no Congreso Internacional Virtual de Educación 2005, CIVE 2005, sobre a información académica e profesional nos ciclos formativos de Formación Profesional.
22/02/2005
A oferta de formación profesional en DVD
Profesional Específica -de grao medio ou superior-,
contamos coa información audiovisual que nos
facilitan dous DVD. Para maior información consultar
no Departamento de Orientación ou visitar a web
de Orientación Visual.
Vídeos de carreiras universitarias
vídeos sobre carreiras universitarias para uso do
alumnado. Máis información no Departamento de
Orientación e na web de Orientación Visual.
Programa ORIENTA 2005
no programa informático de orientación -Orienta 2005-
pode solicitar unha copia no Departamento de Orientación.
Para completar a información sobre o programa, podemos
visitar a web do autor.
21/02/2005
Un cd-rom de orientación: ORIENTARSE
Facendo algo de historia.....
A partir do mes de setembro de 1999, momento no que se constitúe o Departamento de Orientación do IES García Barbón de Verín -OURENSE-, unhas das teimas do noso quefacer pedagóxico vai ser a de potenciar o uso de internet como recurso de información académica e profesional. Froito deste traballo, demos a coñecer a experiencia educativa no Congreso de Educared 2003.










