Se muestran los artículos pertenecientes al tema NOVIDADES.

INFORMACIÓN SOBRE AS AXUDAS DO MEPSYD

20091125122055-25-11-2009-11.11.28-1.jpg

Na páxina web do MEPSYD podemos consultar o estado de tramitación da nosa axuda.

Para realizar a consulta completa -si a beca está tramitada- precisamos o número de conta bancaria.

CONSULTA O ESTADO DE TRAMITACIÓN DA TÚA AXUDA

INFORMACIÓN SOBRE BOLSAS

Teléfono de información (Ourense)

988386648

Correo electrónico (Ourense)

becas.ourense@edu.xunta.es

Teléfono de información (Madrid)

902111225

Correo electrónico (Madrid)

becas.sg@educacion.es

 

 

Etiquetas: ,

25/11/2009 12:32 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

APOIAMOS ProLingua

20091006215603-6-10-2009-21.10.11-1.jpg

APOIAMOS   ProLingua

Manifesto

INTRODUCIÓN

A Lingua Galega é o máis prezado patrimonio inmaterial do pobo galego. É o que nos identifica coma o que somos, galegas e galegos, e o que nos dá un lugar propio no mundo.

 

06/10/2009 21:56 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

INFORMACIÓNS DE UTILIDADE PARA O NOVO CURSO 2009/2010


Lunapic Photo Editing

COLECTIVOS INTERESADOS

INFORMACIÓNS

Formación Profesional, Bacharelato e Programa de Capacitación Profesional Inicial (PCPI)

Bolsas e axudas do MEPSYD.

O prazo remata o día 30/09/2009

Solicitudes por internet

Educación de Adultos

Matrícula e proba de nivel 2009/2010

Formación Profesional

Oferta formativa  e matrícula 2009/2010

Programa de Capacitación Profesional Inicial (PCPI)

Oferta formativa e matrícula 2009/2010

Universitarios/as

Bolsas e axudas do MEPSYD.

O prazo remata o día 30/09/2009

Solicitudes por internet

Universitarios/as

-         Matrícula nas universidades  galegas.

-         Residencias universitarias.

-         Titulacións de grao.

Comunidade educativa en xeral

GRIPE A (H1N1)

Para saber máis

Lunapic Photo Editing

01/09/2009 09:33 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

Bolsas de carácter xeral e de mobilidade para estudos universitarios

20090715121132-15-7-2009-11.7.19-1.jpg

Bolsas de carácter xeral e de mobilidade para estudos universitarios

Prazo de presentación de solicitudes vía internet: do 16 de xullo 2009 ao 30 de setembro de 2009

PÁXINA PRINCIPAL DE BOLSAS E AXUDAS

- Acceso ao servizo en liña

- Información xeral sobre a convocatoria.

- Normas para cumprimentar a solicitude en liña

- Convocatoria de bolsas no BOE

15/07/2009 12:11 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

ENTREVISTA CO ESCRITOR XOSÉ CARLOS CANEIRO

20090514111306-14-5-2009-10.5.33-1.jpg

ENTREVISTA CO ESCRITOR XOSÉ CARLOS CANEIRO 

A SÚA ÚLTIMA NOVELA:  Blue Moon

Non é frecuente que nun blog -de Orientación- se faga referencia aos traballos que se realizan noutros centros educativos da comarca, e, en concreto, a experiencias que poñen en valor a iniciativa do alumnado e o traballo colaborativo do profesorado.

No I.E.S. Xesús Taboada Chivite hai un importante grupo de profesores e profesoras que desenvolven un interesante proxecto -coordinados por Javier Rodríguez- de incorporación das novas tecnoloxías ao seu traballo docente con moita ilusión e perseverancia.

Dentro das iniciativas pedagóxicas que incorpora Isabel Cota  no seu blog, hoxe quero destacar a entrevista que varias alumnas realizan ao escritor Xosé Carlos Caneiro e que podemos ler e visualizar en Youtube  (Capítulo 1; Capitulo 2; Capítulo 3; Capítulo 4 e Capítulo 5).

Noraboa polo esforzo, a perseverancia e a ilusión coa que realizades o voso traballo diario.

Blog de Xosé Carlos Caneiro

 

 

 

14/05/2009 11:12 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

UNHA CURTA DE RUBÉN RIÓS: ADEUS EDRADA?

20090430095913-30-4-2009-9.4.32-1.jpg

O día 28 de abril estivo no salón de actos do  IES García Barbón o actor RUBÉN RIÓS presentando a súa curta "ADEUS EDRADA?".

 

 

30/04/2009 09:37 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

GRAZAS POLO AGASALLO: O SELO VIOLETA

20090407185247-selo-violeta.png

Ubaldo Ovidio Vázquez Méndez tivo a ben agasallar ó blog de orientación cun selo violeta. Moitas grazas, Ubaldo.

O Selo Violeta, un agasallo que agradecemos xa que este selo representa, segundo os seus creadores, “as sensações que a cor violeta traz para a nossa mente. Este prêmio é dado aos blogs que têm algumas das sensações da cor violeta. São algumas delas: magia, encantamento, graciosidade, magnetismo... e tudo aquilo que parece mágico"

Agora imos continuar agasallando selos violetas.

As regras son as seguintes:

  • Exhibir o Selo Violeta no seu blog coas regras

  • Indicar cantos blogs consideras que merecen o selo
  • Avisar aos indicados, non te esquezas diso!
  • Escribir dous poderes máxicos que xa imaxinaches ter.

Os blogs violetas elixidos son:

http://ensinargalego.blogia.com

http://vicentesanchez.blogia.com

http://ticaxunqueira.blogspot.com

http://xosevidal.blogia.com

http://ceiparua.blogspot.com

http://bioquimchivite.blogia.com

En canto aos poderes máxicos eu pediría que remate a crise económica e que todos e todas gocemos do día a día con humor e paixón.

 

07/04/2009 19:34 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

HOXE NA TELEVISIÓN GALEGA CINE ESPECIAL MARTES: PRADOLONGO

20090331095409-31-3-2009-9.3.6-2.jpg

Hoxe, martes, día 31/03/2009 ás 22.10 horas

Pradolongo cun reparto encabezado por Rubén Riós, Tamara Canosa, Roberto Porto, Mela Casal, Gonzalo Rei Chao, Carlos Sante, Antonio Mourelos, Belén Constenla, Cristina Rodríguez e Laura Álvarez, obtivo o "VI Premio Ciudad de San Sebastián Film Commission"; o galardón á Mejor Música en Formato de Larga Duración, no marco do IV Congreso Internacional de Música de Cine de Úbeda, ademais de ser proxectada na sección "Made in Spain" da 56ª edición do festival de Cine de San Sebastián, unha das mellores plataformas de promoción internacional para o audiovisual galego.

31/03/2009 09:54 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

O BLOG DE ORIENTACIÓN CUMPRE CATRO ANOS

20090306092334-img-logo.gif

ANUALIDADES

VISITAS

MARZO 2005/2006

17.000

MARZO 2006/2007

53.000

MARZO 2007/2008

95.000

MARZO 2008/2009

134.000

MOITAS GRAZAS A TODOS/AS OS QUE VISITADES O BLOG DE ORIENTACIÓN

06/03/2009 09:23 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES Hay 13 comentarios.

III CONGRESO INTERNACIONAL DE SOFTWARE LIBRE E WEB 2.0

20081110210736-10-11-2008-20.11.29-1.jpg

O III Congreso Internacional de Software Libre e Web 2.0 - Prácticas educativas en entornos Web 2.0- vai ter lugar durante os días 19 e 21 de novembro de 2008 no campus de Leioa.

PROGRAMA 2008

COMUNICACIÓNS

10/11/2008 20:58 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES Hay 2 comentarios.

ESTIVEMOS EN BRAGA NO ENCONTRO WEB 2.0

20081015221127-encobraga.jpg

Manuel López e máis eu estivemos en Braga presentando a nosa experiencia sobre a formación do profesorado e aprendendo de moitas aportacións interesantes no Encontro sobre WEB 2.0

FOTOS DO ENCONTRO

15/10/2008 22:11 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

ENCONTRO SOBRE WEB 2.0 (BRAGA - PORTUGAL)

20080911040018-10-9-2008-20.9.48-1.jpg

O día 10 de outubro de 2008 vai ter lugar o "Encontro sobre web 2.0" en Braga (PORTUGAL)

Entre unha manchea de traballos interesantes, aparece a nosa aportación desde Galicia.

A Web 2.0 e o profesorado: unha proposta de formación
Daniel Veiga Martínez e Manuel López Méndez

Máis información na páxina web do Encontro sobre web 2.0.

11/09/2008 04:00 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES Hay 1 comentario.

VIAXE VIRTUAL POLOS LÍMITES ADMINISTRATIVOS DE GALICIA

20080903103037-3-9-2008-10.9.48-1.jpg

A riqueza das nosas fronteiras no mapa interactivo.

Ver o mapa máis grande.

Fonte informativa: Culturagalega.org

03/09/2008 10:35 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

BOAS NOVAS DA AULA RED CONECTA

11/08/2008 12:32 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

CONGRESO NACIONAL INTERNET NA AULA

20080628191157-cina1.jpg

 

UNHA MANCHEA DE INTERESANTES APORTACIÓNS

CONGRESO NACIONAL INTERNET NA AULA

A IMPORTANCIA DAS TIC NA AULA

INFORMACIÓN SOBRE O CONGRESO PRESENCIAL

INFORMACIÓN SOBRE O CONGRESO VIRTUAL

28/06/2008 19:14 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

BOLSAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO QUE CURSE ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS NON UNIVERSITARIOS

20080620173105-bolsas.jpg

ALUMNADO DE BACHARELATO, CICLOS FORMATIVOS, ENSINANZAS ARTÍSTICAS, ENSINANZAS DEPORTIVAS, ESTUDOS OFICIAIS DE IDIOMAS E PROGRAMAS DE CUALIFICACIÓN PROFESIONAL INICIAL (PCPI) -ANTIGOS PGS-

20/06/2008 17:33 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES Hay 2 comentarios.

BOLSAS E AXUDAS DO MEC PARA CURSAR ESTUDOS UNIVERSITARIOS

Convocatoria de bolsas para comezar estudos universitarios no curso académico 2008/09

Convocatoria:

  • Data da Resolución: 6 de maio de 2008
  • Data de publicación: 13 de maio de 2008
  • Prazo de presentación: 13 de xuño de 2008

Documentos:

Consulta de bolsas:

15/05/2008 00:42 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

PRADOLONGO: UNHA HISTORIA DE AMOR EN VALDEORRAS

20080326203025-prado.jpg
Pradolongo - Quen puidera namorala from pradolongo on Vimeo.

O dia 26 de marzo de 2008, ás 16.30 horas tivo lugar no Salón de Actos do IES García Barbón -fotos- a presentación do trailer -fotos- da película "PRADOLONGO"


-NOTA IMPORTANTE-
O dia 30 de Marzo ás 16 horas -domingo- temos a posibilidade de viaxar gratis a Ourense para ver a película (os autocares sairán da Avenida de Portugal -diante do IES Xesús Taboada Chivite)
(Información no teléfono: 618512434 -Mónica-)

26/03/2008 23:43 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES Hay 1 comentario.

RESULTADOS ELECTORAIS 2008

FONTE INFORMATIVA: Blog de Vicente Sánchez .

09/03/2008 14:32 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 


PAPAS Y MAMAS - DADDIES & MUMMIES - Click here for this week’s top video clips

 

Un vídeo para reflexionar e actuar de maneira comprometida cada día, o conxunto dos días do ano.

Complementariamente, achego unha interesante aportación que publica Miguel Ángel Santos Guerra no seu blog co título :"Pola igualdade ".

08/03/2008 19:11 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

NORABOA PARA VIEIROS POLOS DOCE ANOS PUBLICANDO EN GALEGO

20080224194017-vieiros.jpg

NORABOA  PARA  VIEIROS  POLOS DOCE ANOS PUBLICANDO EN GALEGO 

Vieiros, doce anos tecendo o día a día

Un 24 de febreiro de 1996 principiabamos a nosa andaina na rede.

Este domingo cúmprense doce anos do nacemento de Vieiros . Un 24 de febreiro de 1996 botaba a andar un pequeno buscador de webs galegas que, en pouco tempo, comezou a achegar novas a través da rede.
 
Ao longo destes doce anos, coa colaboración dos internautas, Vieiros foise consolidando como unha referencia indispensábel do xornalismo dixital en Galiza.
 
 
24/02/2008 19:40 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

O CIGARRÓN DO I.E.S. GARCÍA BARBÓN

 

Xa temos un cigarrón na entrada do IES García Barbón . Os alumnos do Programa de Garantía Social de "Construccións metálicas en aluminio", coordinados polo seu titor, Luís Hospido -do departamento de Mantemento Industrial - traballaron para planificar, crear e facer realidade a máxima figura do entroido de Verín : O CIGARRÓN. Noraboa para todos eles!

31/01/2008 21:49 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

CONVOCADAS AXUDAS PARA REALIZAR ACTIVIDADES DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA

20080117124126-inmersion1.jpg

No Diario Oficial de Galicia do día 17 de xaneiro de 2008 (DOG nº 12) podemos ler a Orde do 10 de xaneiro de 2008 pola que se convocan axudas en réxime de concorrencia competitiva dirixidas ao alumnado de centros sostidos con fondos públicos para realizar actividades de inmersión lingüística no verán de 2008.

INFORMACIÓN RESUMIDA FACILITADA POLA XUNTA

Páxina web para realizar on line a presentación da documentación.

PRAZO ABERTO ATA O 18 DE FEBREIRO 

 


17/01/2008 12:28 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

PREMIO DE BLOGS ESCOLARES BARBÓN BLOG

20080111204712-iesbn.jpg


http://premioblogs.blogia.com

 

premioblogs@gmail.com

Premio

de

Blogs Escolares

 

BARBÓN BLOG

 

Xaneiro 2008

Escuchar noticia
11/01/2008 20:47 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

Mil blogs na Blogoteca

Noraboa para a BLOGOTECA !


Despois dun ano e medio de funcionamento, a Blogoteca, sistema de creación de blogs galegos e na nosa lingua, xa superou as mil bitácoras e as 10.000 fotografías. Segundo datos da empresa carballesa Abertal Networks, que puxo en marcha o servizo, créanse unha media de 65 blogs cada mes dentro do sistema, e a práctica totalidade deles están en galego.

A Blogoteca foi o primeiro servizo de xestión de blogs no país, e recibe cada día máis de 10.000 visitantes, que consultan unha media de 47.000 páxinas no mesmo período. Hai aloxadas de balde todo tipo de bitácoras, entre as que se inclúen as de personaxes como Séchu Sende, Vicente Montoto ou Benedicto de Voces Ceibes. Pero, de todos eles, o máis activo é Malmequer, con 746 artigos publicados até o momento.

 

FONTE INFORMATIVA: VIEIROS

05/01/2008 20:33 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES Hay 3 comentarios.

NORABOA POLO PREMIO Edublog Awards 2007 PARA EL TINGLADO

20071209202129-premio.jpg
El Tinglado, blog de aula
A nosa noraboa para EL TINGLADO polo premio “Best Educational Tech Support Blog” no Edublog Awards 2007 .
Unha manchea de parabéns para o profesorado que o fixo posible:
FONTE INFORMATIVA: VIDA DIGITAL.NET
10/12/2007 09:10 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

CENTENARIO DO XORNAL A NOSA TERRA

20071207184309-1antdiario.jpg

PORTADA

GALIZA

DEPORTES

SOCIEDADE

CULTURA

ECONOMÍA

TECNOLOXÍA

SAÚDE

EDUCACIÓN

ESPAÑA

MUNDO





Noraboa para os traballadores de A NOSA TERRA polos cen anos de xornalismo EN GALEGO e por sacar adiante unha versión dixital diaria EN GALEGO.

A versión dixital diaria de A NOSA TERRA facilita canle RSS do conxunto da información e canles RSS de cada un dos temas que se anotan no comezo.

 

Digital Cameras Tools

Created with dumpr.net - fun with your photos
07/12/2007 18:41 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

XORNADAS INFORENSINO 2007

20070914190301-inforensino.jpg

Os días 14, 15 e 16 de setembro van ter lugar as VIII Xornadas de Inforensino 2007 no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

Un programas de actividades moi completo e interesante.

Fonte informativa: Carlos Santos

14/09/2007 19:03 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

INNOVAR COA WEB 2.0

20070827124023-santander.jpg

INNOVAR COA WEB 2.0

3 e 4 de setembro de 2007

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

EQUIPO DOCENTE

Lourdes Domenech
José Dulac Ibergallartu
Ismael Nafría Mitjans
Charo Fernández Aguirre
Francisco Muñoz de la Peña Castrillo
Jesús Carilla Lacoma
Carlos Santos Mato
Lourdes Barroso
Artur Tallada Cervera
Beatriz Marín Peralta
Luis Barriocanal
Elena Talavera García
Luis Rojo Mardones
Juan Miguel Muñoz
Isidro Vidal

27/08/2007 12:38 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

AS PORTADAS DOS PRINCIPAIS XORNAIS

20070821121156-portadas.jpg

Xa hai días que lemos no Blog de Aníbal de la Torre unha información sobre KIOSKO.

Temos a posibilidade de ler as portadas dos principais xornais.

Un recurso interesante.

MOITAS FONTES DE INFORMACIÓN DE INTERESE

 

21/08/2007 12:21 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

PLAN DE FORMACIÓN DO PROFESORADO. CURSO 2007-2008

20070806114640-fprof.jpg
  • Consulta pública do plan de formación (consultas anónimas das actividades ofertadas no Plan Anual de Formación)
  •  
  • Entrada no sistema/autentificación (acceso privado para acceder a inscrición nas actividades do Plan Anual de Formación, consultar a situación da persoa nas actividades nas que está inscrito, e outras tarefas de xestión)

  • 06/08/2007 11:44 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

    COMPETENCIA DIXITAL E FERRAMENTAS TIC

    REVISTA GALEGA DE EDUCACIÓN (nº 38 ) -con cd-rom-

    COMPETENCIA DIXITAL E FERRAMENTAS TIC

    30/07/2007 20:28 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

    TODAS AS FESTAS NUN WEB

    20070727190520-turismo.jpg

    Turismo publica un buscador en liña para non se perder ningunha das festas do verán. É sabido que no verán Galicia está chea de festas. Para poder organizar o calendario e asistir ás máis posibles, a Dirección Xeral de Turismo acaba de facer público no seu web "Verán de lecer" .

    Esta iniciativa consiste nun buscador que permite localizar celebracións de todo tipo repartidas por todo o país, desde festas tradicionais e feiras gastronómicas a concertos e outros eventos culturais.

    27/07/2007 19:05 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES Hay 1 comentario.

    INFORMACIÓN SOBRE A TÚA SOLICITUDE DE BOLSA E AXUDA AO ESTUDO

    20070621133046-bolsa.jpgPara coñecer toda a información relacionada coa solicitude de axudas e bolsas de estudo do Ministerio de Educación e Cultura, podes consultar a páxina aquí.
    21/06/2007 13:30 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

    PRAZAS DE RESIDENCIA -SEN COSTE- NO CENTRO RESIDENCIAL DE OURENSE

    PANTALLA COMPLETA

     

    DOG nº 95 de 18 de maio de 2007.

    22/05/2007 10:59 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

    BOLSAS PARA COMEZAR ESTUDOS UNIVERSITARIOS 2007/2008

    20070521135136-mec.jpg

    Bolsas para comezar estudos universitarios 

    Convocatoria:

    • Data de publicación: 21 de maio de 2007
    • Prazo de presentación: 13 de xuño de 2007

    Documentos:

    21/05/2007 13:51 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

    FORUM ORIENTA 2007

    20070420122327-forumorienta1.jpg

     

    FORUM ORIENTA 2007

    • Ofrecerlles aos visitantes toda a información sobre a oferta formativa do ensino superior (universidades, FP e ensinanzas artísticas) na Comunidade Autónoma de Galicia

    • Informar e orientar sobre as liñas de bolsas, axudas e premios para o alumnado que accede á universidade, á FP e ás ensinanzas artísticas

    • Informar sobre o Espazo Europeo de Educación Superior

    • Achegar información sobre as PAAU (probas de acceso á universidade) e o sistema de acceso á universidade

    • Achegar información sobre o sistema de acceso a ciclos formativos, ben de xeito directo ou ben mediante proba

    • Divulgar o papel das universidades na promoción científica e tecnolóxica de Galicia

    • Dar a coñecer o protagonismo e as oportunidades dos titulados de FP no mundo laboral, como emprendedores ou como traballadores, que dan resposta ás novas demandas de profesionais.

    • Salientar a orientación da FP de cara á relación co mundo empresarial e coa universidade

    • Informar sobre a vida nos sete campus universitarios de Galicia (cultura, deportes, residencias, comedores, transporte, etc.).
    20/04/2007 12:23 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

    SALÓN MONOGRÁFICO DA EDUCACIÓN , A FORMACIÓN E O EMPREGO (VIGO)

    SALÓN MONOGRÁFICO DA EDUCACIÓN , A FORMACIÓN E O EMPREGO (VIGO)
    12, 13 e 14 de abril de 2007

    IFEVI. Instituto Ferial de Vigo. Avda do aeroporto, 772.

    Cotogrande. 36318      VIGO

    Teléfono 986 486144 Fax 986 486071

    ww.ifevi.com

    info@ifevi.com

    11/04/2007 13:37 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

    PREMIO EDUBLOGS

    28/02/2007 23:29 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

    XORNADAS SOBRE O ENSINO SUPERIOR E FEIRA DO ENSINO SUPERIOR

    20070216192727-logoeduc.gif

    XORNADAS SOBRE "TRÁNSITO DO ENSINO SECUNDARIO AO ENSINO SUPERIOR"

    PALACIO DE EXPOSICIÓNS E CONGRESOS DE GALICIA

    SANTIAGO DE COMPOSTELA, 5 DE MARZO DE 2007

    CONTIDOS

    1.Presentación de materiais didácticos de orientación.
    2.Adaptación do ensino superior de Galicia ao espazo europeo de educación superior.
    3.Acceso ao ensino superior.
    4.Cambios relevantes nos estudios universitarios e de formación profesional.

    Para apuntarse -ANTES DO DÍA 20 DE FEBREIRO- hai que visitar a páxina de xestión da formación do profesorado.

    FEIRA DO ENSINO SUPERIOR DE GALICIA

    PALACIO DE EXPOSICIÓNS E CONGRESOS DE GALICIA

    SANTIAGO DE COMPOSTELA, 24, 25, 26 E 27 DE ABBRIL DE 2007

    Máis información aquí

     

    16/02/2007 19:27 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES Hay 1 comentario.

    Número 50 de Código Cero (Revista de novas tecnolóxicas de Galicia)

    20061228190041-codigoceropapel50.jpg
    No número 50 da revista Código Cero aparece publicada unha entrevista sobre o traballo realizado no blog de ORIENTACIÓN.
    Quero agradecer aos xornalistas de Código Cero a publicación das miñas opinións sobre o traballo que estamos a levar adiante no IES "García Barbón" de VERÍN -Ourense-.
    O texto completo da entrevista podemos lelo na páxina 28 do Número 50 de Código Cero en PDF
    28/12/2006 19:39 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

    DE LUNS A VENRES: UN XORNAL EN GALEGO SEN COSTE

    20061222110832-lv.gifSomos o primeiro xornal gratuíto en galego e feito integramente dende Galicia. E pertencemos ó Grupo El Progreso de comunicación.

    Principiaremos distribuindo 50.000 exemplares nas sete grandes cidades galegas (Vigo, A Coruña, Santiago, Ourense, Lugo, Ferrol e Pontevedra).

    O noso enderezo postal é:


    DE LUNS A VENRES
    Rúa Salvadas, 27
    15705 Santiago de Compostela
    22/12/2006 11:08 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES Hay 1 comentario.

    A MALA IMAXE DA EDUCACIÓN NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

    20061203131718-medios1.jpg

    Para comezar o mes de decembro e, como posible agasallo de Reis, quero comentar brevemente e recomendar un libro da autoría de Jaume Carbonell e de Antoni Tort que leva por título: "La educación y su representación en los medios".

    O libro fai unha análise interesante e amplia das teorías implícitas e representacións sociais que os medios de comunicación realizan sobre a escola e a tarefa docente. Os autores poñen de manifesto a imaxe distorsionada - simplificada e non contextualizada- e catastrofista que se difunde cando se informa sobre educación.

    Máis información:

    Quaderns Digitals

    Cuadernos de Pedagogía

    04/12/2006 10:39 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

    Congreso Internacional, Software libre e Web 2.0 Educación e Formación

    20061130085604-profile.jpg

    Interesante Congreso o que se está a celebrar (do 29 ao 1 de decembro de 2006) na Escola Universitaria de Relacións Laborais do campus de Leioa (Bizkaia) da Universidade do País Vasco.

    Estaremos moi atentos e tomaremos boa nota da súas aportacións.

    Comunicacións aceptadas

    30/11/2006 08:56 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

    O MAPA DOS BLOGS GALEGOS

    20061124131724-mapa.jpg

    Na experiencia educativa que estamos realizando, a creación, planificación e mantemento de blogs ten un papel fundamental.

    Na blogosfera galega existen 2000 blogs . Algúns dos blogs galegos podemos localizalos na xeografía de Galicia.


    MAPA DE BLOGS GALEGOS

     

     www.lantania.com

    24/11/2006 13:17 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

    BOLSAS E AXUDAS DO MINISTERIO PARA O CURSO 2006/2007

    20060926132220-cabtransversal.gif

    As bolsas e axudas de carácter xeral do Ministerio de Educación e Ciencia para o curso 2006/2007 poden solicitarse ata o día 31 de outubro de 2006.

    Destinatarios: Alumnado de niveis postobrigatorios non universitarios e universitarios que cursen estudos na súa Comunidade.

    Modelo de solicitude.

    Texto íntegro da Convocatoria

    26/09/2006 13:03 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

    GALICIA XA NON ARDE. GUERRA DE CIFRAS E ACTUACIÓNS PRIORITARIAS.

    No xornal "El País" dan conta do número de hectáreas queimadas. Concretamente, falan de 77.000 hectáreas (datos da Xunta de Galicia) ou de 86.232 (datos da Unión Europea).

    Pola súa banda, o xornal "La Voz de Galicia" sinala, entre outras informacións, que a Xunta de Galicia da por rematada a crise dos incendios e que, polo de agora, non hai contaminación nos ríos.

    Consellos para recuperar a terra queimada. 

    Comunicado da Plataforma "NUNCA MÁIS".

    Artigo de opinión: Galicia negra de Juan Varela .

    17/08/2006 12:01 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

    ARDE GALICIA. A LOITA CONTRA OS INCENDIOS (II)

    CONTRA A BARBARIE DESTRUTORA E CRIMINAL DO LUME

    No xornal dixital Código Cero dan conta de moitas das informacións que se elaboran sobre os incendios en Galicia.

    No día de hoxe, podemos ler unha manchea de aportacións e propostas.

    136 incendios en Galicia (No Xornal "La Voz de Galicia")

    Reactívase a plataforma "Nunca Máis" (En Vieiros.com)

    11/08/2006 18:55 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES Hay 2 comentarios.

    GUÍA ABERTA Á LINGUA GALEGA

    20060727230712-loia.gif

    Os contidos de LOIA estrutúranse en catro áreas: unha información lingüística e gramatical básica, un breve repaso pola historia social da lingua galega (cunha ollada rápida á súa importante literatura), unha serie de datos en táboas e mapas, brevemente explicados, que dan unha idea da situación sociolingüística de Galicia, e unha sintética listaxe de institucións, colectivos e recursos en rede que serven como referencia para o estudo, a defensa ou o cultivo do idioma galego.

    LOIA é unha iniciativa da Sección de Lingua e o Centro de Documentación Sociolingüística do Consello da Cultura Galega. Esta é unha institución propia da Comunidade autónoma de Galicia, con carácter oficial pero non gubernamental, que ten como obxectivo a defensa e promoción dos valores culturais e o patrimonio de Galicia. A dirección do proxecto correu a cargo de Henrique Monteagudo, do equipo redactor forman parte Håkan Casares Berg (coordinador), Susana Mayo Redondo e Rosario Pérez Magdalena, da edición é responsable Manuel Gago, as imaxes foron dixitalizadas por Teresa Pérez. A empresa Imaxin realizou o desenvolvemento web. Xulio Sousa (ILG) participou na elaboración de mapas. Agradecemos a Xerais a autorización para utilizarmos textos que aparecen n'As etapas da Historia.

    LOIA

     

    27/07/2006 23:16 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

    1º ENCONTRO DE EDUBLOGS

    20060705192901-edublogs.png
    1º ENCONTRO DE EDUBLOGS
    Roa de Duero, 6 e 7 de xullo de 2006
    Os días 6 e 7 de xullo de 2006 vai ter lugar o 1º Encontro de Edublogs .
    Felicidades ós organizadores pola iniciativa.
    Estarei atento virtualmente as vosas aportacións. 
    05/07/2006 19:35 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

    POR UN DOMINIO GALEGO

    Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

    O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO IES GARCÍA BARBÓN SÚMASE Á INICIATIVA E APOIA UN DOMINIO GALEGO EN INTERNET.

    29/06/2006 11:35 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

    A Consellería de Educación convoca probas para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria para maiores de 18 anos

    Sete centros docentes acollerán estas probas que se celebrarán o 15 de xuño e o 12 de setembro.

    A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de convocar, a través dunha resolución publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG de 3 de maio de 2006 ), as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria para maiores de 18 anos nas convocatorias de xuño e de setembro de 2006.

    Poderanse inscribir para a realización destas probas aquelas persoas que teñan cumpridos os 18 anos con anterioridade ao 31 de decembro do ano 2005. Os alumnos matriculados de forma oficial nas ensinanzas de adultos de nivel III, nas modalidades presencial ou a distancia, para facer a inscrición nas probas libres deberán presentar ante a dirección do centro a renuncia ao dereito a ser avaliado pola matrícula oficial.

    O prazo de matrícula para a proba de xuño é do 18 ao 26 de maio; e do 1 ao 4 de setembro para a proba de setembro. As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 15 de xuño e 12 de setembro para as respectivas convocatorias

    04/05/2006 21:19 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

    BOLSAS PARA CURSAR ESTUDOS UNIVERSITARIOS (2006/2007)

    20060425220414-escudo-mec1.gif

    MINISTERIO DE EDUCACIÓN E CIENCIA

     

    Convocatoria

    Solicitude

     
     
    PRAZO DE SOLICITUDE: ATA O DÍA 31 DE MAIO DE 2006


    25/04/2006 21:59 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

    TRADUTOR DE XORNAIS AO GALEGO

    20060421223852-xeg.png

    O portal Vieiros e a empresa Dimensiona fan posible que podamos ler moitos xornais en galego. O tradutor de xornais ao galego funciona, polo de agora, nas publicacións seguíntes:

    La Voz de Galicia
    El Faro de Vigo El Mundo
    El País
    La Región
    La Razón
    La Vanguardia
    Libertad Digital Cinco Días

    21/04/2006 22:38 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

    BLOGS EN GALEGO CON BLOGOTECA.COM

    20060421194441-blogoteca.gif

    O primeiro sistema de blogs feito en Galicia, en galego e para galegos de todo o mundo.

    Blogoteca.com quere encher un valeiro na rede e darche a posibilidade de que uses o galego ou o castelán para xestionar e visualizar o teu blog. A nosa idea é buscar ideas orixinais de xente que teña algo interesante que contar, e estamo seguros de que ti es unha desas persoas, anímate e date de alta para compartir cunha marea de xente os teus pensamentos, as túas ideas e todo o que se che ocurra. Anímate e enche un estante da nosa BLOGOTECA.

    O noso blog na Blogoteca.

    21/04/2006 19:44 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

    ENCONTRO DE BLOGS DE GALICIA E PORTUGAL

    20060421184516-ban-enblogs.gif

    O día 19 de abril de 2006 tivo lugar en Santiago de Compostela o ENCONTRO DE BLOGS DE GALICIA E PORTUGAL. No programa do Encontro, organizado polo Consello da Cultura Galega, participaron diversos especialistas que falaron sobre a situación actual e perspectivas dos blogs en Galicia e Portugal.

    Os traballos presentados podemos consultalos na páxina web de ENBLOGS 06 .

    21/04/2006 18:53 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

    TRABALLANDO PARA APRENDER SOBRE BLOGS NA EDUCACIÓN

    ImgDump.net

    Estamos realizando un Seminario Permanente para aprender sobre novas tecnoloxías na educación e, especialmente, sobre os blogs como ferramentas de aprendizaxe.

    O Seminario Permanente leva por título: "Internet como recurso didáctico: creación de páxinas web (bitácoras ou blogs)". 

    24/03/2006 13:55 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES Hay 2 comentarios.

    PRIMEIRO CUMPREANOS DO BLOG DE ORIENTACIÓN

    20060305194658-blogori.gif

    A Guía de Información Académica e Profesional é un Blog de Orientación en construcción permanente que pretende ofrecer, a medio prazo, un servizo de información académica e profesional relativamente completo, actualizado e participativo.

    6 de marzo de 2005 - 6 de marzo de 2006

    Moitas grazas a tod@s.
    06/03/2006 10:32 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES Hay 4 comentarios.

    ¡ NORABOA A VIEIROS POLO SEU DÉCIMO ANIVERSARIO !

    20060224203438-vieiros2.gif

     ¡ NORABOA A VIEIROS POLO SEU DÉCIMO ANIVERSARIO!

    Vieiros

    1996-2006. 10 anos nos teus ollos

    Dez anos nos teus ollos
    O 24 de febreiro de 1996 a primeira páxina de Vieiros vía a luz en Ferrol. Agora soa tópico dicir que non contabamos con botar dez anos e con converternos no medio en galego máis lido. Pero foi así. Durante o 2006 argallaremos distintos actos de celebración para agradecervos o voso apoio como lectores e lectoras, as informacións que nos enviastes, as vosas críticas. Grazas por deixarnos chegar ata aquí. Debémosvos unha.

    Vieiros Décimo Aniversario

    24/02/2006 20:34 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

    APLICACIÓNS E PROGRAMAS INFORMÁTICOS SEN COSTE

    20060222170826-aulablog.gif

    Existe unha importante e numerosa oferta de aplicacións e programas informáticos que podemos utilizar sen coste. Por elo, é necesario coñecer algúnha das páxinas web nas que se informa sobre tal tipo de aplicacións.

    En primeiro lugar, unha interesante proposta que se recolle en AULA21 e que levan a cabo en León.

    En segundo lugar, a novidosa aportación que representa a WEB 2.0.

    En terceiro lugar, unha páxina que nos facilita a posibilidade de baixar un cd con aplicacións sen coste.

    22/02/2006 16:56 Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

    SOBRE OS CONTIDOS DO TEMA "BLOGS DE ALUMN@S"

    20060131185716-blogia.gifO tema "Blogs de alumn@s" é unha novidade que, polo de agora, está en fase de preparación. Estamos traballando co alumnado na creación, planificación e mantemento do seu propio blog. Queremos que o blog se convirta -pouco a pouco- nunha ferramenta de traballo para aprender, de maneira principal, sobre temas de información académica e profesional.
    BYellow LRadio City GSecret
    31/01/2006 18:57 Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

    SOBRE OS CONTIDOS DO TEMA "XUVENTUDE"

    O tema "Xuventude " agrupa distintos contidos de posible interese informativo para os adolescentes. Aportamos información, entre outras cuestións, sobre temas de educación sexual, drogas, problemas de alimentación (anorexia, bulimia), tabaquismo, música, etc.


    oneletter VEDetail I 015aBlue N
    30/01/2006 19:34 Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

    LIBROS INTERACTIVOS MULTIMEDIA

    20060128202331-lim.gif

    No Blog de Ensino en Galego dan conta dunha novidade interesante, o libro interactivo multimedia.

    O recurso tecnolóxico presenta múltiples posibilidades no eido educativo (actividades de resposta múltiple, quebracabezas, sopa de letras, etc). Facilita un editor (Edilim) e o resultado está en formato flash.

    26/01/2006 19:15 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

    PROMESAS PARA COMEZAR 2006

    20060103185515-xuntasi.gif

    A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Xunta de Galiza) quere que tódalas aulas dos centros docentes teñan acceso a internet.

    Para coñecer máis información sobre as medidas anunciadas podemos visitar Código Cero.

    03/01/2006 18:45 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

    A GRAN SORPRESA DO DÍA DE REIS

    20051220175419-30pict0584.jpg

    No Blog de José Luis Orihuela podemos ver un vídeo para felicitar as festas de nadal que pode que nos sorprenda.

    Vídeo felicitación de Nadal.

    20/12/2005 09:27 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

    DEZ MIL VISITAS EN 9 MESES

    20051203234430-75diapositiva1si.jpg

    O día 6 de Marzo de 2005 instalamos no blog de Orientación un contador de visitas. Hoxe, nove meses despois, xa superamos as 10.000 visitas.  Aproveitando a ocasión, queremos agradecer a todos/as o seu interese e opinión. MOITAS GRAZAS.

    03/12/2005 22:50 Enlace permanente. Tema: NOVIDADES Hay 4 comentarios.

    II CONGRESO NACIONAL DE ORIENTACIÓN

    20051202195635-faro3t.gif

    Congreso Nacional de Orientación

    Os cambios que veñen no campo educativo, xunto coas novas demandas da sociedade, obrigan a unha revisión e actualización da orientación para encontrar respostas eficaces no ámbito persoal, educativo e profesional. Este obxectivo é o que mobilizará a centos de profesionais que se darán cita no segundo Congreso Nacional de Orientación, no palacio de congresos de Mérida, os días 2, 3 e 4 de decembro.

    Promovido pola COPOE (Confederación de Organizacións de Psicopedagoxía e Orientación de España) e organizado por APOEX (Asociación Profesional de Orientadores en Estremadura) o evento supón dotar de continuidade ao movemento asociativo que xerminou no primeiro encontro nacional celebrado en Toledo no 2003. (Información do xornal "La Voz de Galicia")

    Web oficial do evento: http://www.apoex.net/encuentro/index.htm.

    Entrevista con Juan A. Planas  -Coordinador  da Confederación de Organizacións de Psicopedagoxía e Orientación de España- (COPOE).

    DOSSIER INFORMATIVO E CONCLUSIÓNS   do II Congreso Nacional de Orientación

    02/12/2005 19:54 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

    APLICACIÓN INFORMÁTICA PARA CREAR ACTIVIDADES ESCOLARES

    20051129195558-50recneve50.jpg
    Ardora é unha aplicación informática que permite, a todas e todos os docentes, crear as súas propias actividades, en formato html, para os seus alumnos e alumnas dun xeito moi sinxelo.
    Con Ardora pódense crear máis de 20 tipos distintos de actividades. O profesor ou profesora só debe centrar o seu esforzo nos elementos da actividade non no seu tratamento informático.
      
    Máis información na páxina de "Ensino en Galego".
    29/11/2005 13:33 Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

    DÍA DE INTERNET

    20051031173920-diapositiva1orilogo-jpgO día de internet -25 de outubro- ten unha páxina de seu. As actividades que se realizan para celebrar a data poden consultarse na web Dia de Internet . Os xornais adican espazo e informacións diversas. EL PAÍS                 

     

    O día de internet en Galicia

    As estatísticas da fenda dixital galega

    Información de Vieiros

    Observatorio das Tecnoloxías da Información e da Comunicación en Galicia

    Estatísticas de uso de novas tecnoloxías na empresas galegas

    25/10/2005 18:32 Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

    OFERTA FORMATIVA DO IES

    20051127225741-marce25.jpgCICLO FORMATIVO DE GRAO SUPERIOR
    Ciclo Superior de Administración e Finanzas.
    BACHARELATOS
    Bacharelato de Humanidades, Ciencias Sociais e Tecnoloxía.
    CICLOS DE GRAO MEDIO
    Ciclo Medio de Xestión Administrativa.
    Ciclo Medio de Enfermería
    Ciclo Medio de Mantemento
    Ciclo Medio de Automoción

    PROGRAMAS DE GARANTÍA SOCIAL
    Moda
    Automoción
    Metal
    Educación de Adultos

    ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS
    1º, 2º e 3º curso de Inglés.

    FOTO DO CARTEL DA OFERTA FORMATIVA 2005/2006
    12/09/2005 17:55 Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

    TRES MESES DO BLOG DE ORIENTACIÓN: TRES MIL VISITAS

    060605.jpgO día seis de marzo de 2005 inauguramos o contador de visitas no Blog de Orientación. Tres meses despois (6 de xuño de 2005), xa rexistra 3.104 visitas..
    O BLOG DE ORIENTACIÓN facilita información sobre temas de orientación académica (24 informacións), universidades e titulacións (22 informacións, oferta formativa e outras novas do centro (14 informacións), estudos de Formación Pofesional (9 informacións), nova tecnoloxía e internet (7 informacións), selectividade (7 informacións) e mercado laboral (7 informacións). En total 90 entradas de información, 270 hipervínculos e 42 fotos e gifs.
    06/06/2005 09:34 Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

    L. O. E. (Anteproxecto de reforma educativa)

    O anteproxecto de reforma educativa ( Lei Orgánica de Educación -L.O.E.-) xera moitas e diversas opinións. Posiblemente, como xa ten pasado noutras ocasións, primeiro dase unha valoración global e, en segundo lugar, faise unha parcial lectura do texto do anteproxecto. Por elo, consideramos que sería preciso, en primeiro lugar, ler o texto completo da L.O.E.
    O texto íntegro do Anteproxecto pode consultarse aquí.
    06/04/2005 21:29 Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.