Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes al tema I.E.S. GARCÍA BARBÓN.

Eduemprende Actúa

20210408082842-quintas.jpg

O pasado martes 6 de abril realizouse no IES García-Barbón a xornada de Eduemprende Actúa levada a cabo coa participación de María Traveso (Promove Consultoría e Formación) e José Antonio Quintas (Roombo) para fomentar no noso alumnado o espírito emprendedor e achegar realidades de emprendemento ao centro educativo.

08/04/2021 08:27 Daniel Veiga #. I.E.S. GARCÍA BARBÓN No hay comentarios. Comentar.

Nova Biblioteca do IES García Barbón

20210309101036-img-20210305-181555-642-min.jpg

Imaxe en tres dimensións da nosa nova e fermosa Biblioteca.

09/03/2021 10:08 Daniel Veiga #. I.E.S. GARCÍA BARBÓN No hay comentarios. Comentar.

O alumnado galego dos segundos cursos de bacharelato e de ciclos medio e superior de FP poderá volver ás aulas a partir do 25 de maio

20200515153706-images.jpg

 

Novidades sobre a incorporación ás aulas

O alumnado galego de 2º curso de Bacharelato e de 2º curso de ciclos Medio e Superior de

Formación Profesional poderá volver ás aulas de xeito voluntario a partir do vindeiro 25 de

maio. A decisión tomouse logo da Conferencia Sectorial de Educación, presidida hoxe pola ministra

Isabel Celaá, e na que houbo un consenso maioritario en que unicamente se retomen as clases

nos cursos superiores que titulan.

15/05/2020 15:37 Daniel Veiga #. I.E.S. GARCÍA BARBÓN No hay comentarios. Comentar.

Guía e orientacións Covid19 en vídeo

O Servizo de Psicoloxía Aplicada (SPA) da UNED facilita varios vídeos informativos de utilidade para coidar o noso benestar e saúde mental.

24/03/2020 16:01 Daniel Veiga #. I.E.S. GARCÍA BARBÓN No hay comentarios. Comentar.

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19

  • Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.
  • Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.
  • Suspéndense no ámbito educativo todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado.
  • O persoal docente e non docente terá a obriga de acudir ao centro educativo. Para os efectos de favorecer a conciliación do persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, o equipo directivo poderá reorganizar o horario de permanencia no centro educativo de cada docente ou persoal de administración e servizos, cumprindo co cómputo total anual do mesmo e debendo reorganizar as tarefas para adecuar a prestación dos servizos básicos de información, atención e tutorización non presencial da súa comunidade educativa. Todo elo dentro do horario de apertura habitual do centro. Esta medida é de aplicación ao persoal que non presente sintomatoloxía.
  • Como medida extraordinaria para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral de aquel persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, este poderá realizar a súa actividade laboral mediante o sistema de teletraballo nunha porcentaxe non superior ao 50% do seu horario total de permanencia no centro
  • O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios telemáticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.
  • Para o alumnado de 2º de Bacharelato o profesorado adoptará todas  as medidas específicas necesarias (telemáticas) para garantir de forma non presencial a continuidade das actividades lectivas dos contidos curriculares.
  • Suspéndense as prácticas de Formación Profesional (módulo FCT) que se realicen en empresas, incluídas as asociadas a Erasmus +
  • Reprogramarase individualmente para cada alumno ou empresa a actividade formativa nos centros de traballo para as ensinanzas impartidas na modalidade de FPDual.
  • Nos centros de Educación Especial con servizo de residencia NON se suspende a permanencia do alumnado, agás no caso en que presente sintomatoloxía, en cuxo caso, as autoridades sanitarias adoptarán as medidas pertinentes que garantan o non contacto co resto dos usuarios.
  • Suspéndese a permanencia de usuarios nos centros residenciais docentes.
  • Suspéndense todas as actividades de formación do profesorado que teñan carácter presencial.
  • http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus
12/03/2020 21:48 Daniel Veiga #. I.E.S. GARCÍA BARBÓN No hay comentarios. Comentar.

Traballamos en rede:emprego, emprendemento e formación

20181023211119-44488224-1947799048863146-8593649558322413568-n.jpg

TRABALLAMOS EN REDE

 

O pasado venres 19 tivo lugar un novo encontro de profesionais que traballan no ámbito do asesoramento e orientación para o emprego e autoemprego, formación e desenvolvemento local. 


Desta vez, a reunión realizouse no IES García Barbón , onde posteriomente puideron visitar o Viveiro de Empresas.


Oferta formativa, necesidades, ferramentas para compartir a información , e propostas para dinamizar o emprego na comarca foron algúns dos temas que marcaron esta reunión. 


Monteval Gdr Portas Abertas - centro de desenvolvemento rural#CruzVermella UGT Galicia Mancomunidade de Verín CIM#CastreloDoVal Oficina Desenvolvemento Local Concello de Verín

23/10/2018 21:11 Daniel Veiga #. I.E.S. GARCÍA BARBÓN No hay comentarios. Comentar.

Adrián Bolaño, do IES García Barbón, recoñecido como un dos mellores expedientes de Galicia

20170703113731-adrian-.jpg

Adrián Bolaño Cabido -alumno do IES García Barbón- é un dos 597 estudantes con mellores expedientes de GaliciaO acto tivo lugar en Santiago de Compostela, e nel estiveron o seu pai e o director do IES García Barbón. A comunidade educativa do IES García Barbón síntese profundamente orgullosa e manifesta a súa Noraboa!


03/07/2017 11:37 Daniel Veiga #. I.E.S. GARCÍA BARBÓN No hay comentarios. Comentar.

O IES García Barbón participa en Agromáis Verín

20170402225514-img-0884.jpg

Unha pequena mostra da nosa presenza co stand en Agromáis Verin o  día 1 de abril e 2 de abril de 2017. O IES García Barbón e o IES Castro de Baronceli promocionando a súa oferta formativa.

Moitas grazas aos estudantes de Automoción e Mantemento pola súa boa disposición para colaborar.

 

Moitas grazas ao profesorado que estivo atendendo no stand!

 

02/04/2017 22:55 Daniel Veiga #. I.E.S. GARCÍA BARBÓN No hay comentarios. Comentar.

Orientación educativa en rede

20170224122546-page-1.jpg

Tiven o pracer de colaborar neste número 23 da Revista Dixital de AOSMA. A Orientación educativa en rede -Moitas grazas a Alberto del Mazo por contar coa experiencia orientadora do IES García Barbón-.
https://issuu.com/revista_aosma/docs/aosma_23

24/02/2017 12:25 Daniel Veiga #. I.E.S. GARCÍA BARBÓN No hay comentarios. Comentar.

Actividades e traballos dos estudantes do IES García Barbón

Actividades do do alumnado de Debuxo Artístico by dveiga on Scribd

20170217101211-whatsapp-image-2017-02-17-at-09.12.11.jpeg

Elaboración de caretas de cigarrón por parte dos estudantes de ESA (Educación Secundaria de Adultos).

En Debuxo Artístico o alumnado deseñou personaxes de animación.

17/02/2017 10:12 Daniel Veiga #. I.E.S. GARCÍA BARBÓN No hay comentarios. Comentar.

Es la tutoría individualizada un buen recurso pedagógico?

Daniel Veiga es uno de los pioneros en lo que él llamó “blogorientación“. Actualmente es Director y Orientador del IES García Barbón (Verín, Ourense) y junto a Mª Carmen Berenguer y Raquel Parada están desarrollando en su centro una herramienta (o más bien dinámica) cada vez más necesitada en los centros educativos de secundaria: la tutoría individualizada, aunque con algunos matices distintivos.

Imagen de Jairoagua en Flickr.

                             

28/11/2016 11:11 Daniel Veiga #. I.E.S. GARCÍA BARBÓN No hay comentarios. Comentar.

A "triple" Guía do Estudante do IES García Barbón

20160914232435-14-9-2016-20.9.18-1.jpg

No comezo do curso 2016/2017 realizamos un esforzo para elaborar unha Guía do estudante do IES García Barbón que permita posuír a información básica sobre o funcionamento do centro e os servizos que ofrece.

 A “triple” guía facilita a información mediante:

 -  versión web: http://bit.ly/2cjyqfd

 -  app móvil: http://bit.ly/2cMXfhk (creada pola profesora do noso centro Carmen Bretaña Quintana no curso 2015/2016)

https://drive.google.com/file/d/0B1nFTk55SvPyWGt4UDdpWHI1aTQ/view?usp=sharing 

 -  e caderno en papel: http://bit.ly/2cuhCQJ

14/09/2016 23:24 Daniel Veiga #. I.E.S. GARCÍA BARBÓN No hay comentarios. Comentar.

XVI Congreso Internacional de Ebru

20160502103932-inauguracion-matos-151212-169.jpg

Carlos Matos, profesor de debuxo no IES García Barbón de Verín, foi invitado a participar no XVI Congreso Internacional de Ebru que terá lugar en Estambul entre os días 9 e 13 de maio. O ebru é una antiga técnica centroasiática de pintura flotante sobre auga, que despois é  transferida a soporte de papel.

            Carlos Matos aprendeu esta técnica co mestre turco Hikmet Barutçugil e as súas obras, xunto coas dun reducido número de artistas internacionais, participará na exposición paralela ao congreso que se celebrará nos antigos pazos otomanos de Esma Sultan e de Dolmabahçe, na beira europea do Bósforo.

VI Congreso Internacional de Ebru en estambul (9 ao 13 de maio de 2016)

02/05/2016 10:39 Daniel Veiga #. I.E.S. GARCÍA BARBÓN No hay comentarios. Comentar.

Montaxes audiovisuais das Xornadas de Orientación

Xornadas de Orientación 2016 by Slidely Slideshow

Segundo día das Xornadas de Orientación by Slidely Slideshow

08/03/2016 09:30 Daniel Veiga #. I.E.S. GARCÍA BARBÓN No hay comentarios. Comentar.

Actividades de información académica 2015-2016 no IES García Barbón

No mes de outubro de 2013, comezamos a publicar en Barrios -xornal mensual sen coste- información do IES García Barbón e da súa oferta formativa. Dous anos despois, ofrecemos unha viaxe virtual polos contidos e temas tratados.

No número de BARRIOS correspondente ao mes de outubro escribimos, entre outras cuestións, sobre as novidosas actividades de información académica no IES García Barbón.

Non deixedes de visitar a nosa proposta de recursos web de información académica.




19/10/2015 10:21 Daniel Veiga #. I.E.S. GARCÍA BARBÓN No hay comentarios. Comentar.

A plataforma online de orientación académica poderá usarse no IES García Barbón

O alumnado de Bacharelato poderá usar a  plataforma online de orientación académica UVENI.

A plataforma online de orientación académica

Blog de UVENI

 

29/09/2015 13:19 Daniel Veiga #. I.E.S. GARCÍA BARBÓN No hay comentarios. Comentar.

Matrícula aberta en Ciclos formativos no IES García Barbón

20150922220821-1509-cartel-ciclo-mantemento-1-.jpg

Podes matricularte entre

o 23 e o 25 de setembro

no IES García Barbón.

 


22/09/2015 22:08 Daniel Veiga #. I.E.S. GARCÍA BARBÓN No hay comentarios. Comentar.

VÍDEO E PRESENTACIÓN DE 2º DE BACHARELATO 2013-2015

Vídeo realizado por Saúl Otero García e presentación creada por Lucía Rúa Afonso.

25/05/2015 09:38 Daniel Veiga #. I.E.S. GARCÍA BARBÓN No hay comentarios. Comentar.

O IES García Barbón disporá dun viveiro de empresas

Que son os viveiros de empresas?

Un viveiro de empresas é un local dividido en despachos equipados con moblaxe, sala de reunións, equipamentos informáticos e os servizos precisos para levar as xestións necesarias para a posta en marcha da túa iniciativa emprendedora


Que ofrece un viveiro de empresas?

Asesoramento:
  • Formación e apoio do profesorado que imparte formación relacionada co sector no que se desenvolverá o teu proxecto.
  • Titoría pola coordinadora ou coordinador de emprendemento, responsable do seguimento e da orientación no teu proxecto.
  • Asesoría de persoal técnico especialista do IGAPE.
Instalacións:
  • Locais axeitados para o desenvolvemento de actividades das persoas emprendedoras.
  • Moblaxe básica propia dunha oficina.
Servizos:
  • Servizos asociados ás infraestruturas (seguridade, limpeza, luz, etc.).
  • Servizos auxiliares da actividade empresarial como conexión a internet.
Requisitos de acceso
  • Estar matriculado no derradeiro curso dun ciclo formativo de formación profesional ou telo rematado nos catro últimos anos, e tamén os que estean a estudar bacharelato.
  • Ter un proxecto empresarial a desenvolver na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Presentar un Plan de Empresa que garanta a viabilidade do proxecto. 


A información no xornal Faro de Vigo


02/02/2015 09:37 Daniel Veiga #. I.E.S. GARCÍA BARBÓN No hay comentarios. Comentar.

Avaliación das Xornadas de Orientación por parte do alumnado

Avaliación da Xornadas de Orientación by dveiga

Quero felicitar a Adrián e a Rubén polo seu traballo na organización das Xornadas de Orientación.
Dar as grazas a mancheas aos nosos poñentes, protagonistas principais que amablemente colaboraron nestas Xornadas.
Quero agradecer especialmente a colaboración do alumnado que nos axudou co proceso de avaliación, coas fotos e con todo aquelo que se lles encomendou. Tamén ao profesorado e persoal non docente do centro que colaborou.
Agradecer o apoio permanente e o traballo intenso de todos os membros do equipo directivo do IES García Barbón.
As Xornadas "Constrúe o teu futuro" son unha evidente demostración da necesidade de realizar o noso traballo de maneira colaborativa.

15/12/2014 11:06 Daniel Veiga #. I.E.S. GARCÍA BARBÓN No hay comentarios. Comentar.

SEGUNDO DÍA DAS XORNADAS DE ORIENTACIÓN

Xornadas de Orientación by Slidely Slideshow

02/12/2014 21:18 Daniel Veiga #. I.E.S. GARCÍA BARBÓN No hay comentarios. Comentar.

PRIMEIRO DÍA DAS XORNADAS DE ORIENTACIÓN

Xornadas de Orientación by Slidely Slideshow

28/11/2014 19:09 Daniel Veiga #. I.E.S. GARCÍA BARBÓN No hay comentarios. Comentar.

PARTICIPAMOS NO PROXECTO UVENI DE ORIENTACIÓN

http://garciabarbon.uveni.com/

O IES García Barbón facilita o seu alumnado de Bacharelato a posibilidade de participar na plataforma de orientación educativa do futuro. 

https://www.youtube.com/watch?v=fJKJZ4OkL2E

17/10/2014 11:42 Daniel Veiga #. I.E.S. GARCÍA BARBÓN No hay comentarios. Comentar.

PRAZO DE ADMISIÓN EN FORMACIÓN PROFESIONAL E MATRÍCULA EN BACHARELATO

 

Prazos do proceso de admisión nos estudos de Formación Profesional.

Presentación de solicitudes: 


17 de xuño ao 4 de xullo ás 13:00 horas

OFERTA FORMATIVA DE FORMACIÓN PROFESIONAL 2014/2015

 

 Prazos de matrícula nas ensinanzas de Bacharelato.

 25 de xuño ao 10 de xullo

(alumnos aprobados na convocatoria de xuño).

 1 ao 10 de setembro

(alumnos aprobados na convocatoria de setembro).

 

17/06/2014 17:43 Daniel Veiga #. I.E.S. GARCÍA BARBÓN No hay comentarios. Comentar.

RECURSOS EN INTERNET DE INFORMACIÓN E ORIENTACIÓN ACADÉMICA

RECURSOS EN INTERNET DE INFORMACIÓN E ORIENTACIÓN ACADÉMICA  

1.- BLOG DO IES GARCÍA BARBÓN

 

http://garciabarbonverin.blogspot.com.es/

   

2.- FACEBOOK  DO IES GARCÍA BARBÓN

 

  https://www.facebook.com/iesgarciabarbon

 

   

3.- BLOG DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO IES GARCÍA BARBÓN

 

http://orientacion.blogia.com/

   

4.- FACEBOOK  DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO IES GARCÍA BARBÓN

 

https://www.facebook.com/barbonblog.verin

   

5.- BLOG DO PROXECTO “A TÚA EXPERIENCIA INTERESA” DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO IES GARCÍA BARBÓN

 

http://oquechedigaeu.blogspot.com.es/

 

http://edu.symbaloo.com/mix/orientacion2014-2014 

http://www.netvibes.com/guia-de-informacion-academica-e-profesional#BLOGS 

 

30/04/2014 09:34 Daniel Veiga #. I.E.S. GARCÍA BARBÓN No hay comentarios. Comentar.

A IMPORTANCIA DA TITORIA DOS ESTUDANTES NO IES GARCÍA BARBÓN


Make your own mind maps with Mindomo.
05/03/2014 22:59 Daniel Veiga #. I.E.S. GARCÍA BARBÓN No hay comentarios. Comentar.

GUÍA DE INTERNET PARA ESTUDANTES

A INFORMACIÓN APARECE EN BARRIOS

19/01/2014 21:34 Daniel Veiga #. I.E.S. GARCÍA BARBÓN No hay comentarios. Comentar.

VIDEOCREACIÓN NO IES GARCÍA BARBÓN

Arquetipas en acción from Illa Bufarda on Vimeo.

Proxecto da #escoladailla realizado conxuntamente cos CEDIM (Centros de Dinamización Integral para as Mulleres en Galicia- Norte de Portugal) de Monterrei, A Cañiza, Tui e Vilaverde. A Cincenta viaxou pola raia con outr@s comapañeir@s de contos para deconstruírense e así, comezar unha nova vida.
O alumnado - do IES García Barbón- experimentou todo o proceso creativo de videocreación ademais de traballar a igualdade de xénero a través dos roles e dos arquetipos narrativos.

26/09/2013 09:26 Daniel Veiga #. I.E.S. GARCÍA BARBÓN No hay comentarios. Comentar.

ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN EN CICLOS FORMATIVOS E DATAS DE MATRÍCULA NO BACHARELATO

20130618125531-logoies.jpg



ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS 2013/2014

 PERÍODO ORDINARIO DE ADMISIÓN

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

17 de xuño ao 2 de xullo ás 13.00 horas

 

Listaxe provisional de solicitudes

5 de xullo

Reclamación á listaxe provisional

5 ao 10 de xullo ás 13.00 horas

Lista definitiva de solicitudes

15 de xullo

1ª adxudicación

16 de xullo

Matriculación 1ª adxudicación

16 ao 18 de xullo ás 13.00 horas

 

2ª adxudicación

23 de xullo

Matriculación 2ª adxudicación

23 ao 26 de xullo ás 13.00 horas

 http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130618/AnuncioG0164-110613-0001_gl.pdf

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O ALUMNADO DE BACHARELATO

 

Prazo ordinario de formalización de matrícula:

 

25 de xuño-10 xullo

 

Prazo extraordinario de formalización de matrícula:

1-10 setembro

 

http://es.calameo.com/read/00124814615fab9c616a7

 

http://www.calameo.com/read/001248146aa80dab62f54

18/06/2013 12:55 Daniel Veiga #. I.E.S. GARCÍA BARBÓN No hay comentarios. Comentar.

ENTREGA DE PREMIOS NA VI EDICIÓN DO PREMIO DE BLOGS

Premio de blogs 2013 on PhotoPeach
30/05/2013 23:25 Daniel Veiga #. I.E.S. GARCÍA BARBÓN No hay comentarios. Comentar.

OFERTA FORMATIVA DO IES GARCÍA BARBÓN 2013/2014

MODALIDADES DE BACHARELATO

• HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS
• CIENCIAS E TECNOLOXÍA

ADMISIÓN E MATRÍCULA

Prazo de presentación de solicitudes :



5-17 de abril 2013

IMPRESOS NA OFICINA DO CENTRO

06/04/2013 23:27 Daniel Veiga #. I.E.S. GARCÍA BARBÓN No hay comentarios. Comentar.

MONTAXES AUDIOVIDUAIS DO IES GARCÍA BARBÓN

20121215195939-15-12-2012-19.12.2-1.jpg

MONTAXES AUDIOVIDUAIS DO IES GARCÍA BARBÓN

- Máis vídeos do IES García Barbón

 

15/12/2012 19:59 Daniel Veiga #. I.E.S. GARCÍA BARBÓN No hay comentarios. Comentar.

VIDEOCREACIÓN NO IES GARCÍA BARBÓN: 1º BACHARELATO "A"

O programa “Promovendo o bo trato e a igualdade” está apoiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, CEDIM (Rede Transfronteiriza de Centros de Dinamización Integral para as Mulleres) e a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, coa colaboración do Concello de Monterrei. Dentro deste programa vaise realizar un proxecto de videocreación en catro capítulos coa participación de dous centros educativos galegos e outros dous portugueses. O noso centro foi escollido para participar como un dos representantes galegos. Para elo, persoal da productora audiovisual Illa Bufarda virán o noso instituto o vindeiro luns 19 de novembro. Durante toda a xornada traballarán co alumnado de 1º A-BACH na gravación dun capítulo deste proxecto, onde os nosos alumnos/as serán protagonistas.

23/11/2012 20:16 Daniel Veiga #. I.E.S. GARCÍA BARBÓN No hay comentarios. Comentar.

COMEZO DO CURSO NO I.E.S. GARCÍA BARBÓN

20120913163826-ies.jpg

COMEZO DO CURSO

  • Día 17 de setembro (luns): presentación dos seguintes cursos no salón de actos e biblioteca (ESA),  e cos titores nas aulas de referencia no seguinte horario:

Bacharelato: 12:00 h. no Salón de Actos

Ciclos e PCPI: 13:00 h. no Salón de Actos

ESA: 13:00 h. na biblioteca

  • Día 18 de setembro (martes): Comezo das clases para todas as ensinanzas menos PCPI.
  • Día 19 de setembro (mércores): Comezo das clases para PCPI
13/09/2012 13:43 Daniel Veiga #. I.E.S. GARCÍA BARBÓN No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris