Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes al tema EMPREGO.

OFERTA LABORAL DE ORIXE ALEMÁ PARA ENXEÑEIROS

OFERTA DE EMPREGO PARA ENXEÑEIROS


ALEMANIA

A demanda ascende a 36.000 profesionais.

19/08/2010 19:26 orientacion Enlace permanente. EMPREGO No hay comentarios. Comentar.
orientacion

UNHA GUÍA DE EMPREGO DIFERENTE

UNHA GUÍA DE EMPREGO DIFERENTE


Autores da "BloGuía de Empleo"

Pilar Jericó  www.pilarjerico.com/

Pedro Rojas (Senior Manager)  www.seniorm.com/ y www.empleoypersonas.com/

Alfonso Alcántara  (Yoriento) www.yoriento.com/

Mario Dehter www.mariodehter.com/

Encarna Batet (Eba)  t-orienta.info/

Sergio Ibáñez Laborda  www.blogempleo.com/

Pedro Robledo  www.guiadegerencia.com/

Andrés Pérez  www.marcapropia.net/blog.html

Gabriel Schwartz  www.psicologiaparaempresas.blogspot.com/

Juan Martínez de Salinas www.elblogderrhh.com/

Anónimo (Directivo Pyme)  www.directivopyme.blogspot.com/

Carmen Jasanada  www.carmenjasanada.com/

Felipe Rodríguez  www.psicopedagogialaboral.blogspot.com/

José Luis Del Campo Villares  www.delcampovillares.com/

Ana M. Díaz (Suki) www.ofertasempleo.net/

José Carlos Amo Pérez  http://www.bonificate.com.es/category/blog/

María Jesús Salido (Odilas) www.proyectospersonaspasiones.blogspot.com/

Enrique Jurado (Quique) www.brandcoaching.wordpress.com/

Beatriz García Ricondo  www.entornocoaching.com/

Tomás Guajardo www.estudiaroposiciones.com/

05/08/2010 19:49 orientacion Enlace permanente. EMPREGO No hay comentarios. Comentar.

I FEIRA DO EMPREGO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

20100723115454-23-7-2010-11.7.1-2.jpg

O Concello de Santiago de Compostela, a través da Oficina de Promoción Económica e Emprego e en colaboración coas entidades asinantes do II Plan de Acción Local polo Emprego, organiza a I Feira do Emprego de Santiago de Compostela.

En que consiste a Feira?

Trátase dun punto de encontro entre empresas ofertantes de emprego e persoas demandantes de postos de traballo.

Obxectivos

Con esta iniciativa preténdese posibilitar un intercambio de información, contribuir a un mellor coñecemento do mercado laboral por parte de todos os axentes implicados e, en definitiva, facilitar os procesos de inserción laboral.

  • Facilitar o contacto entre empregadores/as e demandantes de emprego.
  • Transmitir información acerca dos perfis e competencias profesionais con máis demanda no mercado.
  • Proporcionar asesoramento sobre os procesos de búsqueda de emprego.
  • Difundir ofertas de emprego.
  • Facilitar os procesos de selección en base a un traballo previo de intermediación laboral.
  • Informar sobre as axudas á contratación, especialmente daqueles colectivos con maiores dificultades de inserción.
  • Crear liñas de actuación conxuntas entre empresas e entidades comprometidas co fomento de emprego.
23/07/2010 11:58 orientacion Enlace permanente. EMPREGO No hay comentarios. Comentar.

ESTUDO SOBRE O EMPREGO DOS UNIVERSITARIOS GALEGOS

20100712125011-12-7-2010-12.7.45-1.jpg

O 66% dos titulados universitarios

xa traballan (Estudo do ano 2006/2007)

A taxa de colocación dos titulados en

Ciencias dá Saúde alcanza o 80%

As enxeñerías e Arquitectura están en segundo lugar, mentres que Humanidades ten un índice do 42%

Información do xornal El Correo Gallego

Información do xornal La Voz de Galicia

Información da páxina web de Aprendemas

Axencia para a calidade do sistema universitario de Galicia

Libro que contén o Informe en formato pdf

12/07/2010 13:32 orientacion Enlace permanente. EMPREGO No hay comentarios. Comentar.

A MÍN GÚSTAME A TITULACIÓN, PERO.......TEN SAÍDA LABORAL?

20100530192727-emp1.jpg

A MÍN GÚSTAME A TITULACIÓN, PERO.......TEN SAÍDA LABORAL?

Para tomar unha decisión axeitada  sobre o noso futuro académico e laboral é necesario manexar distintos tipos de información. Unha das preguntas que os adolescentes formulan con máis frecuencia refírese á potencial saída laboral dos estudos elixidos. Para dar resposta a tal pregunta podemos visitar dúas páxinas que nos recomenda Víctor Cuevas, un orientador que escribe sobre  moitas cuestións interesantes de orientación profesional no seu blog.

FICHAS DE EMPREGABILIDADE DO OBSERVATORIO DO INEM

WEB DO PROXECTO ORION DA UNIVERSIDADE DE COMILLAS

OBSERVATORIO DE OCUPACIÓNS E TITULACIÓNS

MINISTERIO DE TRABALLO E INMIGRACIÓN

BUSCAR EMPREGO COA AXUDA DE INTERNET

20100510103115-10-5-2010-10.5.15-1.jpg

BUSCAR EMPREGO COA AXUDA DE INTERNET

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE INTERNET COMO RECURSO PARA BUSCAR EMPREGO

 

 

10/05/2010 10:31 orientacion Enlace permanente. EMPREGO No hay comentarios. Comentar.

PRECISAMOS MÉDICOS/AS E ENFERMEIROS/AS

O diario EL PAIS informa sobre os postos de difícil cobertura no segundo trimestre de 2010 e sinala que as ocupacións  de médicos/médicas e enfermeiros/enfermeiras son , entre outros, os máis difíciles de cubrir.

CATÁLOGO DE OCUPACIÓNS DE DIFÍCIL COBERTURA (BOE)

20/04/2010 20:32 orientacion Enlace permanente. EMPREGO No hay comentarios. Comentar.

UNHA WEB CHEA DE RECURSOS PARA ORIENTARSE

20100404192023-redtrabajo1.jpg

UNHA WEB CHEA DE RECURSOS PARA ORIENTARSE

O Ministerio de Traballo e Inmigración puxo en marcha a finais de 2009 a páxina www.redtrabaja.es, sitio de referencia para as persoas  e empresas que utilizan os servizos públicos de emprego.

Lunapic Photo Editing

Especialmente útil e interesante -para orientadores/as e para o alumnado-  é o apartado adicado ás cuestións de orientación profesional

04/04/2010 19:20 orientacion Enlace permanente. EMPREGO No hay comentarios. Comentar.

O MERCADO DEMANDA EMPREGOS QUE NON SE CUBREN

20090121100830-21-1-2009-9.1.48-1.jpg

O Instituto Nacional de Emprego (INEM) elaborou un catálogo de ocupacións de difícil cobertura no primeiro trimestre de 2009 no que se facilita información por provincias das ocupacións que non atopan profesionais.

Pola súa parte, no xornal EL PAÍS podemos ler un interesante artigo titulado "Aquí sí hay trabajo" no que se recollen distintas aportacións sobre o catálogo de ocupacións de difícil cobertura do INEM. Entre outras aportacións, destacamos que as profesións de difícil cobertura que máis se repiten no conxunto das provincias son as seguíntes:

-Enxeñeiro/a informático     -Médico/a     -Mecánico/a reparador de distintos tipos de maquinaria     -Farmacéutico/a

-Protésico/a dental     -Pastor/a     -Operador/a de máquinas do metal     -Operador/a de planta de auga

-Terapeuta ocupacional     -Técnico/a de mantemento de equipos mecánicos     -Técnico/a de impresión

-Técnico/a en electricidade     -Caldeirería     -Profesións relacionadas co mariña mercante e o mar

- Deportistas e entrenadores profesionais     -Operador/a de gas

Outras Informacións relacionadas: http://www.aprendemas.com/Noticias/DetalleNoticia.asp?Noticia=4562

 

21/01/2009 10:08 orientacion Enlace permanente. EMPREGO No hay comentarios. Comentar.

BUSCAR TRABALLO COA AXUDA DE INTERNET

20081009042414-8-10-2008-20.10.51-1.jpg

Educaweb presenta un novo número monográfico adicado ó uso de internet como recurso para buscar traballo. O monográfico número 175 aporta sete reflexións sobre a utilidade da rede para buscar emprego (as bolsas de traballo, os portais de emprego, a orientación profesional, etc).

09/10/2008 12:10 orientacion Enlace permanente. EMPREGO No hay comentarios. Comentar.

DIRECTO AO EMPREGO CURSANDO FORMACIÓN PROFESIONAL

 

Un 97% dos titulados en Formación Profesional quedan a traballar en Galiza. O 80% atopa emprego en menos de seis meses.

As maiores taxas de inserción están en Fabricación mecánica; Mantemento de vehículos autopropulsados; Mantemento e servizos á produción; e Madeira e moble, superando en todas elas o 78%.

Case o 45% dos estudantes que acadaron o título no SUG entre 2001 e 2003 tardaron menos de catro meses en atopar traballo

No caso dos alumnos que remataron FP en 2004, o 80% obtiveron emprego antes dos seis meses

Os titulados de FP son os que acadan máis contratos indefinidos  

DIRECTO AO EMPREGO CURSANDO FORMACIÓN PROFESIONAL

20070503103833-forum2007fp.jpg

Sánchez Piñón salienta que o 80% dos titulados de Formación Profesional en Galicia atopa emprego antes dos seis meses

A conselleira de Educación presentou esta mañá os últimos datos sobre inserción laboral dos titulados universitarios e de FP

Destacou que o 87,6% dos titulados universitarios entre o 2002 e o 2003 que estaban traballando en xuño do 2004 facíano na Comunidade galega

A máxima responsable do departamento educativo autonómico referiuse tamén á inserción laboral por familias profesionais, destacando que son Fabricación mecánica; Mantemento de vehículos autopropulsados; Mantemento de servizos á produción; e Madeira e moble, as que presentan unha maior taxa de ocupación, oscilando entre o 81% e o 78%. Pola contra, Comunicación, Imaxe e Son; Sanidade; Informática; e Actividades físicas e deportivas; son as que teñen unha menor taxa de ocupación, entre o 50,9% e o 54,5%, tal e como sinalou Laura Sánchez Piñón.

Información de Xunta de Galicia .

Información de VIEIROS

 

Información do xornal El Correo Gallego

(25 de abril de 2007)

03/05/2007 10:34 orientacion Enlace permanente. EMPREGO No hay comentarios. Comentar.

BASE DE DATOS DOS INDICADORES DO MERCADO LABORAL GALEGO

20070115185148-igc-pequeno.jpg

Co obxectivo de achegar aos cidadáns de información técnica exhaustiva sobre o mercado laboral, a Consellería de Traballo, a través do Instituto Galego das Cualificados, deseñou unha base de datos pioneira e innovadora que permite facer consultas en tempo real sobre os distintos indicadores do mercado de traballo a través de Internet.

Traballadores
afiliados
 
Empresas (Contas
de cotización)
 
Paro rexistrado  
Ofertas  
Contratos  
Formación
Ocupacional

 

15/01/2007 18:51 orientacion Enlace permanente. EMPREGO No hay comentarios. Comentar.

PREPARARSE PARA BUSCAR UN EMPREGO

20051123162925-jcuckoo1.gif

 

O portal da  Educación Social  adica un apartado da súa web ó tema da orientación para o emprego.

Podemos consultar documentos para elaborar unha carta de presentación -con exemplos de cartas de presentación- e un currículum vitae -con exemplo de currículum vitae-.

Complementariamente, ofrece unha guía orientativa sobre a entrevista de traballo -con posibles preguntas nunha entrevista de traballo-.

Por último, facilita unha guía orientativa dun Plan de Empresa.

TITULACIÓNS MÁIS SOLICITADAS POLAS EMPRESAS

20051104124413-selec.jpg

A Fundación Universidade-Empresa acaba de editar a “Guía de las empresas que ofrecen empleo 2005-2006” que pretende ser unha ferramenta eficaz para planificar e xestionar  a busca de emprego.

O Informe –no que participaron 431 empresas- sinala que o sector da Informática e das Telecomunicacións  son as áreas que máis emprego  ofertan.  
 

No que afecta á demada de titulados/as, aínda que os enxeñeiros en Telecomunicacións e Informática son demandados/as pola metade das empresas, a carreira máis solicitada é Administración e Dirección de Empresas –o 62% do sector empresarial require tal especialidade-. Outras titulacións con demanda son: Enxeñería Superior Industrial, Economía, Informática, Dereito, Telecomunicacións e Empresariais.

 Os empresarios/as  prefiren titulados/as en carreiras técnicas (51.8%),  de Ciencias Sociais e Xurídicas (32.9%) e de Ciencias Experimentais e da Saúde (12.1%). 

Os titulados de Formación Profesional máis demandados pola empresa traballan nos Departamentos de Administración, Informática, Contabilidade e Finanzas e Atención ao cliente. Os perfís máis solicitados son os de tipo empresarial e técnico.

 Máis información:

XORNAL     EL PAÍS

XORNAL     EL MUNDO

04/11/2005 12:38 Enlace permanente. EMPREGO No hay comentarios. Comentar.

ECONOMÍA, EDUCACIÓN, OPOSICIÓNS E EMPREGO

20051127182322-25pict0221.jpgA web principal que queremos recomendar hoxe recolle unha manchea de informacións de interese, especialmente no ámbito da Economía. A páxina ECOBACHILLERATO.COM é un exemplo de traballo ben feito que nos facilita moitos e útiles recursos didácticos.
Complementariamente, podemos informarnos sobre a oferta de emprego público e oposicións no blog sobre oposicións, sobre novas de Economía e de recursos variados para aprender a crear empresas
14/10/2005 23:51 Enlace permanente. EMPREGO No hay comentarios. Comentar.

ESTUDO EURYDICE SOBRE A EDUCACIÓN EN EUROPA

20051029201919-dailyplanner-turningpages-md-wht-gifO Informe Eurydice da Comisión Europea sobre "Cifras claves da Educación en Europa, 2005" sinala, entre outras cuestións, que só un 40% dos universitarios/as teñen un traballo axeitado ao seu nivel de estudos, porcentaxe 10 puntos inferior á media europea. Complementariamente, no artigo do xornal EL PAÍS podemos ler que o alumnado que cursa Formación Profesional en Europa é do 63%, fronte ao 38% de España.
19/09/2005 10:57 Enlace permanente. EMPREGO No hay comentarios. Comentar.

AS TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS MÁIS DEMANDADAS (2)

logofue.gifUn estudo da Fundación Universidade-Empresa revela que os empresarios/as buscan, sobre todo, profesionais cun perfil económico-xurídico e técnico.

O estudo, realizado no ano 2004, sinala que as titulacións máis demandadas son, entre outras, Administración e Dirección de Empresas, Dereito, Economía e as Enxeñerías.

O artigo completo podemos consultalo na versión dixital do NorteCastilla.es

Outra información de interese
Saídas profesionais das titulacións máis demandadas
Infoempleo 2005. Sectores que xeran máis emprego.
08/09/2005 12:20 Enlace permanente. EMPREGO No hay comentarios. Comentar.

AS TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS MÁIS DEMANDADAS (1)

As informacións que se derivan da lectura do artigo sobre as titulacións universitarias máis demandadas, poñen de manifesto que as carreiras técnicas acaparan o 65% das ofertas de emprego. No artigo citado faise referencia a dous estudos diferentes: un estudo sobre a inserción laboral da Fundación Universidade Carlos III e o Ranking de emprego que publica o Ministerio de Educación e Ciencia.

Para saber máis.
Datos das Universidades Galegas
As cifras do paro nos titulados/as universitarios/as
01/09/2005 20:22 Enlace permanente. EMPREGO No hay comentarios. Comentar.

INFORMACIÓN SOBRE O MERCADO LABORAL

O Observatorio Ocupacional facilítanos información interesante sobre o mercado laboral. Cando temos que tomar unha decisión sobre o noso futuro profesional é convinte ter en conta as tendencias do mercado laboral e valorar os datos cuantitativos que se nos proporcionan.
Podemos localizar a situación no mercado laboral das distintas titulacións de Formación Profesional, da totalidade dos títulos universitarios e de outras titulacións.
Datos do Observatorio Ocupacional
31/08/2005 12:23 Enlace permanente. EMPREGO Hay 1 comentario.

AS NOVAS PROFESIÓNS

As carreiras e profesións con máis futuro

Unha parte importante dos adolescentes, independentemente dos estudos que queiran realizar, sempre preguntan sobre as potenciais saídas laborais que ten a formación académica elexida.
Para procurar axudar á mocidade na súa toma de decisións -no cambiante e difícil mundo laboral- recomendamos a lectura deste artigo sobre as novas profesións e as carreiras e profesións con máis futuro.

Para saber máis:
Sobre as novas profesións en EDUCAWEB
Guía de novas profesións de EDUCAWEB
25/08/2005 18:57 Enlace permanente. EMPREGO No hay comentarios. Comentar.

¿QUÉ PORCENTAXE DE INSERCIÓN LABORAL TEN A FP?

A tasa de inserción laboral dos alumnos/as galegos/as de Formación Profesional é do 79% de promedio, chegando nalgúns ciclos ao 97% segundo un recente estudo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria sobre os alumnos/as que terminaron os seus estudos no ano 2003.
As familias máis demandadas son as industriais, sector primario e sector servizos. As familias profesionais de carácter industrial: Madeira e Moble (97%), Fabricación Mecánica (91%), Mantemento de Vehículos (87%)e Electricidade e Electrónica (86%). Familias profesionais relacionadas co sector primario: Actividades Marítimo-Pesqueiras (94%). Familias profesionais relacionadas co sector servizos: Hostalería e Turismo (86%)e Imaxe Persoal (85%).
Destacan polo seu carácter polivalente a familia de Administración (80% de inserción laboral) e Comercio e marketing (80%).

Máis información que pode interesarche
La Voz de Galicia. Nova do Xornal.com. Datos de Expansión & Empleo.
17/06/2005 13:32 Enlace permanente. EMPREGO No hay comentarios. Comentar.

EUROPA NECESITARÁ UN MILLÓN DE NOVOS PROFESORES/AS

Europa precisará incorporar máis dun millón de novos/as profesores/as ó longo dos vindeiros dez anos.
No segundo Informe anual da Comisión Europea, entre outras cuestións, dase conta da necesidade de incorporar a máis dun millón de profesores/as nunha década, xa que existe unha alta proporción de docentes que se achegan á idade de xubilación.
Maís información desta novidade en Ensenet.
O informe completo pode consultarse aquí.
30/05/2005 17:21 Enlace permanente. EMPREGO No hay comentarios. Comentar.

O MERCADO LABORAL E AS TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS

varg0003.gifTendo en conta os datos dun estudo realizado polo Círculo de Progreso -do ano 2000 ó 2004-, podemos dicir que só un 20% dos universitarios/as elixen carreiras técnicas que son as que recollen o 62,7% das ofertas, sen embargo, un 50% dos titulados/as elixe estudos de Ciencias Xurídicas e Sociais, que só xeran un 27% dos postos de traballo.
As carreiras máis demandadas polos empresarios/as son as seguíntes: Arquitectura Técnica, Administración e Dirección de Empresas, Económicas, Enxeñería Técnica Industrial e Enxeñería Técnica de Obras Públicas.
Podemos ler a información completa en "La Voz de Galicia".
25/05/2005 17:19 Enlace permanente. EMPREGO No hay comentarios. Comentar.

A DEMANDA DE TITULADOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL

20afiPICT1157.jpgESTUDOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL
Orde de importancia e familias profesionais máis demandadas
1º Administración
2º Edificación e Obra
3º Fabricación Mecánica
4º Electricidade e Electrónica
5º Metal
6º Hostelaría e Turismo
7º Informática

Ano e peso das titulacións de FP no conxunto das ofertas de emprego
2001 - 25.95%
2002 - 29.22%
2003 - 31.12%
2004 - 33.64%

As expectativas de inserción laboral das titulacións de Formación Profesional son moi boas a longo prazo, podendo chegar ó 40% do total da oferta.

Fonte: Pedro Manuel Boyer. “Ranking de empleo universitario. Primavera del empleo cualificado. En Anuario 2005 Entre Estudiantes. (Páx. 98-105)
O ranking de emprego recolle as 50 titulacións universitarias e de Formación Profesional máis demandadas nos xornais e nos principias portais de emprego de internet durante o ano 2004.
05/04/2005 09:50 Enlace permanente. EMPREGO No hay comentarios. Comentar.

ANÁLISE DO EMPREGO UNIVERSITARIO 2004 (Continuación)

imagesempre.jpgCARREIRAS DO ÁMBITO DAS CIENCIAS SOCIAIS
O peso das titulacións do ámbito das ciencias sociais no conxunto do emprego cualificado no ano 2004 foi do 6,28%.
As titulacións máis demandadas foron, por orde de importancia, Dereito, Psicoloxía, Turismo, Xornalismo, Publicidade e Biblioteconomía e Documentación.
As mellores previsións son para a diplomatura de Mestre/a –aumento da natalidade-, e as carreiras que poden telo máis difícil son Xornalismo e Publicidade e Relacións Públicas.

CARREIRAS DO ÁMBITO DA ECONOMÍA E A EMPRESA
O peso das titulacións do ámbito da economía e a empresa no conxunto do emprego cualificado no ano 2004 foi do 15,18%.
As titulacións máis demandadas foron, por orde de importancia, Administración e Dirección de Empresas, Economía, Diplomatura de Empresariais, Relacións Laborais, Ciencias Actuariais e Financeiras e Xestión e Administración Pública.

CARREIRAS DO ÁMBITO DE HUMANIDADES
O peso das titulacións do ámbito de Humanidades no conxunto do emprego cualificado no ano 2004 foi do 1,53%.
As titulacións máis demandadas foron, por orde de importancia, Filoloxía Inglesa, Traducción e Interpretación, Belas Artes, Filoloxía Hispánica, Historia e Xeografía.
As mellores previsións son para Traducción e Interpretación e as Filoloxías Inglesa e Hispánica.

CARREIRAS DO ÁMBITO DA ENXEÑERÍA
O peso das titulacións do ámbito da Enxeñería no conxunto do emprego cualificado no ano 2004 foi do 18,19%.
As titulacións máis demandadas foron, por orde de importancia, Enxeñeiro Técnico Industrial, Enxeñeiro Industrial, Enxeñeiro Técnico Informático, Enxeñeiro Técnico de Telecomunicacións, Enxeñeiro en Informática, Enxeñeiro de Telecomunicacións e Enxeñeiro Químico.
A previsión para os vindeiros meses é unha mellora xeral, que pode superar o 10%

Fonte: Pedro Manuel Boyer. “Ranking de empleo universitario. Primavera del empleo cualificado. En Anuario 2005 Entre Estudiantes. (Páx. 98-105)
O ranking de emprego recolle as 50 titulacións universitarias e de Formación Profesional máis demandadas nos xornais e nos principias portais de emprego de internet durante o ano 2004.
04/04/2005 22:16 Enlace permanente. EMPREGO No hay comentarios. Comentar.

ANÁLISE DO EMPREGO UNIVERSITARIO 2004

imageswemprego.jpgCARREIRAS DO ÁMBITO DA CONSTRUCCIÓN
O peso das titulacións do ámbito da construcción no conxunto do emprego cualificado no ano 2004 foi do 14,51%.
As titulacións máis demandadas foron, por orde de importancia, Arquitectura Técnica, Enxeñería Técnica de Obras Públicas, Enxeñería de Camiños, Arquitectura e Enxeñería Técnica Topográfica.
A medio prazo, a previsión é que perdan un 10% do volume actual de ofertas de emprego.

CARREIRAS DO ÁMBITO DAS CIENCIAS EXPERIMENTAIS
O peso das titulacións do ámbito das ciencias experimentais no conxunto do emprego cualificado no ano 2004 foi do 3,99%.
As titulacións máis demandadas foron, por orde de importancia, Química, Bioloxía, Física, Matemáticas, Estatística e Ciencias Ambientais.
As perspectivas son boas –a longo prazo- para as titulacións de Bioloxía, Ciencias Ambientais, Química e Ciencias do Mar, e, no conxunto das ciencias experimentais, a recuperación pode chegar a duplicar as porcentaxes actuais.

CARREIRAS DO ÁMBITO DA SAÚDE
O peso das titulacións do ámbito da saúde no conxunto do emprego cualificado no ano 2004 foi do 6,08%.
As titulacións máis demandadas foron, por orde de importancia, Medicina, Enfermería, Farmacia, Veterinaria, Óptica e optometría e Fisioterapia.
As perspectivas para as carreiras relacionadas directamente coa atención clínica (Medicina, Enfermería –dúas titulacións moi demandadas por diferentes países da Unión Europea-, Podoloxía e Fisioterapia) son boas. A tendencia a curto prazo indica unha interesante melloría relativa no volume de ofertas de emprego, que pode situarse no 10%.

Fonte: Pedro Manuel Boyer. “Ranking de empleo universitario. Primavera del empleo cualificado. En Anuario 2005 Entre Estudiantes. (Páx. 98-105)
O ranking de emprego recolle as 50 titulacións universitarias e de Formación Profesional máis demandadas nos xornais e nos principias portais de emprego de internet durante o ano 2004.
01/04/2005 22:18 Enlace permanente. EMPREGO No hay comentarios. Comentar.

PRPOFESIÓNS CON EMPREGO

logo_infoempleo.gifA partir da análise de 143.036 ofertas de emprego publicadas nos xornais e no portal Infoempleo, o INFORME INFOEMPLEO 2004 chega a conclusión de que é o arquitecto/a técnico/a o profesional máis solicitado.
Os titulados universitarios máis demandados son: Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas, Enxeñeiros de Camiños, Arquitectos e Enxeñeiros Industriais. En xeral, enxeñeiros e arquitectos acaparan o 62,7% da oferta dirixida ós universitatios.
Na Formación Profesional, as familias profesionais con maior oferta de emprego son:
Comercio e Marketing, Administración, Fabricación Mecánica, Edificación e Obra Civil e Electricidade e Electrónica.
Por último, unha de cada tres ofertas de traballo cualificado valora o coñecemento de linguas estranxeiras (no 65,6% dos casos a lingua preferida é o inglés).
FONTE INFORMATIVA. Revista "Entre Estudiantes", Nº 122 (2005).
Máis información sobre as profesións con emprego aquí.
14/03/2005 18:33 Enlace permanente. EMPREGO No hay comentarios. Comentar.

O emprego e a xuventude galega

malabt.gifDous de cada tres galegos menores de 35 anos dependen da familia.
O 48,5% da xuventude galaica está no paro e case a metade da que
traballa faino de maneira precaria. A información completa pode
consultarse facendo clic aquí.
14/03/2005 19:28 Enlace permanente. EMPREGO Hay 1 comentario.

Emprego en Galicia

relojarenat.gifA metade dos parados galegos non cobran nen un euro
do Estado. A metade dos parados galegos, un total
de 99.242 persoas no ano 2004, non cobran nen un euro do Instituto Nacional de Emprego (INEM). Para coñecer a información completa visita "La Voz de Galicia".
07/03/2005 00:14 Enlace permanente. EMPREGO No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris