Facebook Twitter Google +1     Admin

Bolsas do MEFP para o curso 2023/24

20230324091209-becas-2324-vdok.jpg

O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) publicou, no BOE do 17/03/2023, o Anuncio da Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023/24 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

 Prazo de solicitudes para o curso 2023/24: do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023.

  • Procedemento exclusivamente telemático a través da Sede Electrónica do MEFP:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

24/03/2023 09:07 Daniel Veiga #. AXUDAS E BOLSAS No hay comentarios. Comentar.

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2023

20230216081423-axusdale.jpg

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2023

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca 643 axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, que se distribuirán do seguinte modo:

- 491 axudas para alumnado de cota de reserva - Guía confirmación praza para alumnado de cota reserva

- 152 axudas para alumnado de cota xeral - Guía solicitude praza para alumnado de cota xeral

Prazo de solicitudes aberto dende o 14 de FEBREIRO ata o 13 de MARZO (incluído) -estudantes de 1º e 2º de Bacharelato-

Para obter información ampliada sobre a convocatoria pode consultar os seguintes arquivos:

Cartel informativo

Acceso ao texto da Orde de convocatoria

Preguntas frecuentes

Prazos a simple vista


16/02/2023 08:14 Daniel Veiga #. AXUDAS E BOLSAS No hay comentarios. Comentar.

Axudas para un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés

Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca:

Bolsas para participar nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España, destinadas a estudantes de Bacharelato, de Grao Medio de Formación Profesional, de Artes Plásticas e Deseño, de Ensinos Deportivos, de Ensinos Profesionais de Música e Danza e de Idiomas de Nivel Intermedio e Avanzado, durante o mes de xullo de 2023.

INSCRICIÓNS: Dende o 01/02/2023 ata o 03/04/2023

Duración: Unha semana no mes de xullo de 2023

Máis información

Solicitude en liña

07/02/2023 09:35 Daniel Veiga #. AXUDAS E BOLSAS No hay comentarios. Comentar.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior 2023

Prazos de inscrición:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 27 de febreiro e 10 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 23 de xaneiro e 3 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.

Máis información:

Infografía detallada sobre as probas de acceso a ciclos de grao medio

Infografía detallada sobre as probas de acceso a ciclos de grao superior

09/01/2023 15:18 Daniel Veiga #. CICLOS FORMATIVOS No hay comentarios. Comentar.

Recursos web para buscar emprego

02/12/2022 08:15 Daniel Veiga #. EMPREGO No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris