Xornadas de Portas Abertas da Universidade de Vigo

Na Universidade de Vigo imos celebrar as Xornadas de Portas Abertas 2022 en modalidade presencial os días 14, 15 e 16 xuño nos Campus de Ourense, Pontevedra e Vigo respectivamente. O obxectivo destas Xornadas de Portas Abertas é dar a coñecer polo miúdo os centros universitarios desta institución así como as titulacións que neles se imparten a través de charlas, obradoiros e visitas a laboratorios, talleres, aulas. etc.
Trátase dunha actividade aberta a todo o alumnado que se presente ás probas ABAU, Bacharelato, ciclos de FP, familias e ANPAS, así como ao profesorado e persoal de orientación dos centros educativos.
Para que coñezades as actividades programadas e teñades información sobre as nosas titulacións xuntamos visita a web de actividades das Xornadas de Portas Abertas en cada Campus.
Centro Residencial de Ourense

CRD de Ourense. Próxima apertura prazo de solicitude de praza 2022-23
Centro Residencial Docente de Ourense (CRD de Ourense), dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade ten como destinatario ao alumnado de ensino non universitario postobrigatorio, que non dispoña na súa localidade de residencia de centros educativos para continuar determinadas ensinanzas (Bacharelato, Ciclos Formativos de Formación Profesional, Ensinanzas Artísticas...) e se matricule en Ourense para continuar os seus estudio.
Os estudantes teñen a posibilidade de pedir praza nesta residencia non universitaria onde ademais de manutención e aloxamento, favorecemos as relacións entre alumnos/as de distinta idade e procedencia, así como a adquisición e/ou o reforzo de valores esenciais para a convivencia. Poden consultar a nosa páxina Web: https://crdourense.com/
O centro dispón de diferentes servizos (Biblioteca Escolar, aula de informática, ximnasio, comedor, salas de uso múltiple, sala de Tv, cineforum, actividades complementarias…). O acceso as prazas do centro é mediante convocatoria publicada no DOGA ( soe saír no mes de xuño) a través dunha orde que fixa os requisitos persoais, económicos e académicos (se a renda familiar é igual ou inferior ao limiar 2, o/a beneficiario/a terá praza gratuíta). Na páxina Web no apartado SECRETARÍA e dentro deste no caixón PRAZAS RESIDENCIA pódese atopar a información das convocatorias anteriores e os requisitos.
Plataforma de orientación académica MyWayPass
#MyWayPass -> plataforma que axuda aos estudantes a tomar decisións académicas e profesionais www.mywaypass.com
Para poder usar a plataforma de orientación académica tes que rexistrarte.
Feira Virtual das Universidades españolas
Do 26 ao 27 de abril desenvolverase a cuarta edición de UNIferia Graos, a Feira Virtual das Universidades españolas, promovida pola CRUE, que permite o encontro dos Futuros Estudantes cos Graos que se van a impartir o vindeiro curso 2022-23.
Funciona dun xeito similar a unha Feira Universitaria presencial: https://grado.uniferia.org. O alumnado poderá visitar as casetas virtuais das Universidades españolas participantes e facer consultas en directo.
A navegación por UNIFeria é libre, tras rexistrarse (o prerrexistro xa está aberto)
Plan de formación de Xuventude e Voluntariado

A Xunta de Galicia pon en marcha un Plan de formación de Xuventude e Voluntariado que chegará a máis de 2400 persoas de toda a comunidade.
Esta iniciativa inclue un total de 37 cursos presenciais e 20 en liña orientados á formación básica e en ámbitos específicos da acción voluntaria, que permitirán complementar o currículo dos técnicos de xuventude e profesionais do tempo libre, así como ofrecer alternativas formativas á mocidade en xeral desde o eido da educación non formal.
O prazo de inscrición ábrese hoxe, día 11 de abril de 2022, a partir das 10.00 horas e permanecerá aberto ata cubrir as prazas ofertadas en cada un dos cursos.