Blogia
GUÍA DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

Encontros virtuais da USC

Os Encontros Virtuais da USC terán lugar do 7 ao 13 de abril, dirixidos moi especialmente ao estudantado de 4º de ESO, Bacharelato e ciclos Formativos de Grao Superior.

Que non poidas visitarnos en persoa, non significa que non poidas coñecer o que a USC ten para ti: graos, laboratorios punteiros, instalacións deportivas, residencias e colexios maiores, cafeterías e comedores, unha ampla programación cultural, programas de voluntariado...

Pero para que poidas mergullarte neste pequeno cosmos universitario, nestas Xornadas poderás preguntar directamente todo o que precises sobre a vida na nosa universidade. 

Esperamos que estas datas permitan que os e as estudantes poidan conectarse con mais facilidade.

 

 A páxina de entrada é, como en anos anterioreshttps://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

 

 

0 comentarios