Blogia
GUÍA DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

Estudar 1º de Bacharelato no IES García Barbón (2022-2023)

Estudar 1º de Bacharelato no IES García Barbón (2022-2023)

Unha das tarefas orientadoras que realizamos cada curso é a de impartir charlas informativas nos centros de secundaria da comarca e tamén fóra de Verín (Xinzo, Viana do Bolo e A Gudiña) para dar a coñecer a oferta formativa completa do IES García Barbón.

Agora mesmo, estamos facendo fincapé na información sobre os estudos de 1º Bacharelato, xa que está aberto o proceso de admisión para solicitar a reserva de praza - https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/-(o prazo remata o día 11 de febreiro)

Coa finalidade de facilitar a información sobre os estudos de 1º de Bacharelato, ofrecemos detalle sobre as materias troncais, propias de modalidade e optativas. No caso de materias optativas -pola súa especificidade- aportamos documentación de cada unha das que se ofertan. Visita https://bit.ly/1bacharelato

Máis información de todas as materias: https://www.edu.xunta.gal/portal/guiadalomce/bacharelato/materias

0 comentarios