Blogia
GUÍA DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

Unha aplicación web recolle a microtoponimia de Galicia

Unha aplicación web recolle a microtoponimia de Galicia

A Real Academia Galega estrea unha plataforma que recolle a toponimia e a microtoponimia de Galicia e na que poden colaborar os cidadáns. A ferramenta, dispoñible en Internet, xa ten preto de 480.000 nomes de aldeas, lugares, leiras, fontes ou corredoiras.

Galicia Nomeada é a aplicación creada polo seminario de onomástica da Real Academia Galega para recuperar e protexer o patrimonio toponímico de Galicia.A web, presentada hoxe, recolle ata o de agora 478.000 nomes de lugares e microlugares, e o obxectivo é engadir, coa colaboración dos veciños, todos cantos sexan posibles, xa que, segundo a RAG, pode haber máis de dous millóns.

Vicente Feijoo Ares é o coordinador do equipo técnico de toponimia da RAG e un dos responsables da posta en marcha desta ferramenta dixital na que a Amtega asumiu a parte tecnolóxica e que permite, grazas ao Instituto de Estudos do Territorio, saber como foi cambiando Galicia a través dunha potente base cartográfica (información do xornal La Voz de Galicia)

Noraboa! para o meu veciño e bo amigo Vicente Feijoo Ares.

0 comentarios