Blogia
GUÍA DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

SERVIZOS EUROPEOS DE EMPREGO PÚBLICO

SERVIZOS EUROPEOS DE EMPREGO PÚBLICO

O Instituto de Educación Secundaria "García Barbón" de Verín foi invitado a participar o día 16 de abril de 2013 no Encontro  ’A Mobilidade de Traballadores entre Galicia e Portugal: oportunidades, obstáculos e desafíos’, organizado por ACISAT e Eurocidade Chaves-Verín, coa colaboración do EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

WEB DA EUROCIDADE CHAVES-VERÍN

No Encontro informouse das distintas opcións informativas das que dispoñemos para promover o emprego e a mobilidade de traballadores entre Galicia e Portugal.

Eures Transfronterizo Galicia - Norte Portugal

EURES (Servizos de Emprego Europeos) é unha rede de cooperación entre a Comisión Europea e os servizos públicos de emprego dos Estados membro que ten a función de facilitar información sobre oportunidades de emprego e condicións de vida e traballo no Espazo Económico Europeo.

Ofertas de Emprego

O Servizo EURES Transfronteirizo Galicia-Norte Portugal, facilita a consulta das ofertas de emprego tramitadas polos servizos públicos de emprego de Galicia e Portugal.

Portal EURES

Servizo Público de Emprego de Portugal

Servizo Público de Emprego de Galicia

Servizo Público de Emprego de España

Buscador de ofertas de emprego da Confederación de Empresarios

----------------------------------------

CALENDARIO DE ACTOS DE INTERESE

0 comentarios