3º ENCONTRO DE EDUBLOGS 2008 EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Os días 3,4 e 5 de xullo vai ter lugar o 3º Encontro de Edublogs en Santiago de Compostela
Temos unha boa nova para todas as persoas interesadas polo uso de internet no ámbito educativo e, en particular, pola utilización dalgunha das aplicacións da chamada web 2.0. CARLOS SANTOS está a traballar -conxuntamente con outras persoas- para que sexa posible a realización do 3º Encontro de Edublogs.
A miña noraboa para todas as persoas que van facer posible tal evento.
ÁNIMO E A PARTICIPAR !
Comentarios » Ir a formulario
![]()
Autor: Carlos
Daniel. Agradecerche a participación de antemán, ademais de agradecerche a difusión do evento. En canto ao traballo en torno ao encontro, eu son un máis dentro dos amigos de Aulablog. Seguimos en contacto
Fecha: 15/03/2008 02:14.









