TITULACIÓNS MÁIS SOLICITADAS POLAS EMPRESAS

20051104124413-selec.jpg

A Fundación Universidade-Empresa acaba de editar a “Guía de las empresas que ofrecen empleo 2005-2006” que pretende ser unha ferramenta eficaz para planificar e xestionar  a busca de emprego.

O Informe –no que participaron 431 empresas- sinala que o sector da Informática e das Telecomunicacións  son as áreas que máis emprego  ofertan.  
 

No que afecta á demada de titulados/as, aínda que os enxeñeiros en Telecomunicacións e Informática son demandados/as pola metade das empresas, a carreira máis solicitada é Administración e Dirección de Empresas –o 62% do sector empresarial require tal especialidade-. Outras titulacións con demanda son: Enxeñería Superior Industrial, Economía, Informática, Dereito, Telecomunicacións e Empresariais.

 Os empresarios/as  prefiren titulados/as en carreiras técnicas (51.8%),  de Ciencias Sociais e Xurídicas (32.9%) e de Ciencias Experimentais e da Saúde (12.1%). 

Os titulados de Formación Profesional máis demandados pola empresa traballan nos Departamentos de Administración, Informática, Contabilidade e Finanzas e Atención ao cliente. Os perfís máis solicitados son os de tipo empresarial e técnico.

 Máis información:

XORNAL     EL PAÍS

XORNAL     EL MUNDO

04/11/2005 12:38

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]