Blogia
GUÍA DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

A TÚA OPINIÓN CONTA: ORIENTACIÓNS DA EXPERIENCIA

A  TÚA  OPINIÓN  CONTA: ORIENTACIÓNS   DA EXPERIENCIA Queremos pedirche a túa participación, colaboración e opinión na Guía de Información Académica e Profesional. Estamos seguros de que a túa experiencia académica e/ou profesional pode axudar a outras persoas a tomar decisións máis axeitadas sobre os seu futuro.

Os estudantes dos primeiros cursos (universitarios/as e de Ciclos de Grao Superior),os/as titulados/as recentes (universitarios/as e de Ciclos Formativos de Grao Superior),os profesionais dos distintos sectores productivos, as familias, as persoas interesadas poden opinar nos espazos correspondentes das distintas titulacións ou familias profesionais, no apartado que no blog se reserva para COMENTAR.

Nos dous casos –universitarios e alumnado de Ciclos de Grao Superior- tedes que pensar no voso/a receptor: o alumnado de 2º de Bacharelato.

Os vosos consellos e recomendacións poden ter relación con temas académicos (Bacharelato realizado, estudos seleccionados, satisfacción persoal, etc) ou calquera outra cuestión de potencial interese.

1.- Consellos entre alumnos/as: de adolescentes de 2º de Bacharelato para mozos/as de 1º de Bacharelato.

2.- Consellos entre alumnos/as: de adolescentes de 1º de Bacharelato para mozos/as de 4º de ESO.

3.- Consellos entre alumnos/as: de adolescentes de Ciclos Formativos de Grao Medio para mozos/as de 4º de ESO.

4.- Consellos entre alumnos/as: de mozos/as de 4º de ESO para adolescentes de 3º de ESO.

Grazas pola túa colaboración.
Para redactar o teu consello visita o apartado que tes reservado no blog para COMENTAR.

0 comentarios